1ª Autonómica: Segue a seca

A 13ª xornada non foi moi positiva para os nosos na 1ª. O Ponteceso arrincaba un punto de Carral que non o saca de problemas, pero polo menos permítelle seguir sumando. Pola contra, o Cee caía na casa ante un potente Olímpico e se mantén como pechacancelas.
Así e todo, entre o Cee e o 10º clasificado hai tan só 6 puntos.
Cee - Olímpico (0-1)

- Cee: Parroto, Nico (Víctor, min.72), Jorge (Rubén, min.60), Julio, Rafa, Fermín (Penedo, min.50), Piquero, Ángel, Tasky, Diego, Fer.
- Gol: 0-1, min.47; Gol protestado polos locais por suposto fóra de xogo.
- Expulsión: Penedo no min 81 por vermella directa.
Volvía caer, sen merecelo, o Cee na casa. A primeira metade da primeira parte estivo dominada polo Olímpico que tivo as mellores ocasións. Pero os últimos minutos da primeira parte foron para o Cee que empezou a chegar con mais perigo, sobre todo nunha gran xogada de Piquero á que non chega a rematar Fer.
Na segunda parte o gol temperán do Olímpico non afectou aos nosos que se foron a polo partido xogando con defensa de tres. As dúas ocasións máis claras do Cee foron un cabezazo de Tasky que paraba Manu cunha gran estirada, e a segunda tras unha falta de Diego que rexeitaba Manu primeiro e que Fer remataba e volvia a rexeitar o meta visitante, respondía Victor e rebotaba nun defensa e Rafa aproveitábase do rebote e no punto de penalti só, mandaba o balon ás pernas dun defensa que despexaba a corner.
Outra expulsión moi rigorosa de Penedo por protestar deixaba minguado ao Cee que o seguiu intentando nos últimos minutos sen sorte.

Carral - Ponteceso (2-2)
- Ponteceso: Norberto, Nando, David, Fabián, Dani Pallas, Carlos Mato, Tucho (Pablo Vázquez, min,46), Luisete, Josito (Zalo, min.80), Mendieta, Pitu (Alex, min.88).
- Goles: 1-0, min.2; 1-1, min.5: en propia meta tras un centro de Luisete; 2-1, min.39; 2-2, min.59: Josito marca un golazo de falta directa.
- Expulsión; Dani Pallas, min.87, por doble cartón.
Unha parte para cada un e un empat final bastante xusto. Saíu o Carral moi potente e rocoso na primeira metade e o Ponteceso só podía sacar a balón longo. O tanto inicial dos locais era anulado por un tanto en propia tras un bo centro de Luisete, pero antes do descanso o Carral volvía porse por diante.
Na segunda, a saída de Pablo Vázquez asentou o medio campo e o Ponteceso domintou durante practicamente todos os minutos. Josito asinaba o empate cun golazo de falta directa. Só contra o final, nos últimos 5 minutos, apretou o Carral pero "San Norberto" salvou dúas ocasións moi claras que manteñen un punto para os de Marco.
Crónicas da semana
- Resultados da derradeira fin de semana de novembro.
- Comeza unha igualada Liga de Fútbol Sala de Cee.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora a UC Cee.