domingo. 15.12.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana de fútbol na Costa

Resultados da fin de semana de fútbol na Costa

Primeira fin de semana de decembro completa de fútbol costeiro. Con moitos enfrontamentos directos, como os vividos en Fontenla e mais no Pinguel. No campo xalleiro viuse un derbi moi igualado que rematou cun empate bastante xusto malia que o cadro local apretou na segunda metade. Ademais o Santa Comba segue firme e non perdou ante o Santiago e continúa 3º. O que se mete en problemas é o Soneira, que volvía caer na casa ante o Chantada e asómase ao abismo do descenso.

O derbi de 1ª foi tan intenso como se esperaba, no que ante a falta de xogo a incertidume do resultado mantívoo vibrante ata o pitido final, cun golazo de falta de Josito sobre a bocina que deixa ao Cee en serios problemas.

A xornada na Liga da Costa deixou vitorias para os 3 de arriba. Máis importante foi a do Club do Mar en Muros, ante o 4 clasificado, pero os caioneses deixaron claro que este ano van a por todas como foron polo partido.
Por abaixo, o Corcubión sae dos postos perigosos coa súa vitoria ante o Pindo. Quedan San Lorenzo, Zas, Nantón e Mazaricos en situación de risco para ocupar esa segunda praza de descenso.

A xornada na 3ª da Costa foi completita. Non fallaron Cabana e Outes, malia que non o tiveron fácil ante Porteño e Muxía. Pero o partido máis importante era o Coristanco- Outes, cun 1-0 que deixa ao Coristanco igualado co Outes na 2ª praza e fai que o Montelouro descenda á 5ª praza en favor do Carnota, que sufría para superar ao filial soneirán. Por detrás o Fisterra B seguen coa boa racha (4 vitorias dos últimos 5 partidos) e supera ao Volantes, ao Cerqueda, ao Laxe e ao propio Porteño por esa 6ª praza.

Cómpre destacar en xuvenís o bronco empate do Cee en Corcubión (cunha bancada repleta de pais algo quentes de máis), mentres continúa a loita polas 3 prazas restantes entre Fisterra, Soneira, Outes e Santa Comba, que sumaban sendas vitorias.
Polo norte, Malpica e Dumbría seguen ao seu, mentres que o Ponteceso daba un paso a trás para meterse entre os 4 primeiros ao perder no derbi co Cabana, e parece que Camariñas e Baio acompañarán a malpicáns e dumbrieses.

En cadetes, xogábase esta fin de semana o partido da primeira volta, entre o Dumbría, líder imbatido, e o Cee, que arrincaba o primeiro punto que perden os dumbrieses. Asi e todo, son 5 puntos de vantaxe entre ambos conxuntos, mentres Esteirana e Santa Comba seguen moi de cerca aos ceenses.

Ponse a Liga Infantil tamén como tola. Trala vitoria a semana pasada do Cabana ao Dumbría, esta fin de semana o Cee, 3º en discordia, superaba noutro fermoso partido de pequenos aos cabaneses, derrota que aproveita o Dumbría para superar, polo golaeverage xeral, ao cadro de Cabana.

Preferente, xornada 15

Xallas 1-1 Dumbría
Soneira1-2 Chantada
S.de Compostela 0-1 Santa Comba

1ª Autonómica, xornada 14

Ponteceso 3-2 Cee

2ª Autonómica, xornada 14

Corcubión 4-0 O Pindo
Esteirana 4-1Buño
Dumbría B 2-3Fisterra
Zas 2-3 Malpica
Muros0-2Club do Mar
San Lorenzo 2-2 Corme
Mazaricos 1-1 Sofán
Nantón 0-2 Camariñas
Castriz 2-2 Baio

Partidos aprazados no seu día que se disputan esta semana:

  • Dumbría B - Baio (xornada 8): 08-12 ás 16:30h no Conco.

3ª Autonómica, xornada 17

Lira 1-2 Indep. Carballo
Laxe1-1 Cerqueda
Muxía 0-2 Outes
Atl. Pereiriña 3-2 Corcoesto
Camelle 2-4Fisterra B
Cabana 1-0 Porteño
Carnota 4-3 Soneira B
Xaviña 2-1 Alcaián
Coristanco 1-0 Montelouro

Este martes 06-12 dispútase a 18ª xornada da 3ª da Costa. Ademais, o xoves dispútanse os seguintes partidos aprazados no seu día:

  • Atl. Pereiriña - Muxía (xornada 3): 08-12 ás 16:00h no San Pedro de Refoxos.
  • Montelouro - Carnota (xornada 5): 08-12 ás 16:00h no Agra da Filgueira.

Liga Nacional Xuvenil, xornada 12

Bergantiños 1-3 S.de Compostela

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 12

Dumbría1-7Fisterra
Muros 1-5Santa Comba
Esteirana 0-1Outes
Corcubión 2-2Cee
Mazaricos 1-3 Soneira

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 16

Corme 0-8 Dumbría B
Zas 3-2 Coristanco
Baio 1-3Malpica
Cabana 2-0 Ponteceso
Laxe 08/12 - 16:00 Camariñas

División de Honra Cadete, xornada 12

Bergantiños 1-5 Víctoria

2ª Cadete, xornada 14

Malpica 2-2 Ponteceso
Zas2-1 Fisterra
Camariñas0-4 Esteirana
Outes4-2 Coristanco
Cee1-1Dumbría
Muros3-0 Porteño
Cabana2-2Baio
Soneira 0-5 Santa Comba

2ª Infantil, xornada 14

Dumbría 9-0 E.M.F. Vimianzo
Cee4-3Cabana
Baleas 0-5Fisterra
Baio 2-5 Ponteceso
E.D. Os Miudos 02-1 Outes
Muxía 0-4Santa Comba
Corme 06/12 - 10:30 Coristanco

Ligas de Veteranos, xornada 13

1ª División

Buño0-3 San Román
Nantón 4-2Bértoa
Cabana 1-1 Zas
Xv. Bergantiños 2-1 Ponteceso
Vimianzo 4-3 San Lorenzo
Castriz4-2 Corcubión
Camariñas 2-2 Bergantiños

2ª División

Agualada 1-7 Camelle
Sofán 1-3 Muros
Leiloio 2-3 Soneira
Malpica 1-1 Cerqueda
Club do Mar 2-1 Porteño
Dep. Carballo 0-8 Coristanco
At. Milagrosa 6-0Corme

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios