Preferente: 3 vitorias e unha derrota soneirá

Dos 4 equipos da Costa, só o Soneira quedou sen puntuar nesta xornada 14 da Preferente. Os de Miguel seguen en problemas e rozan os postos de descenso. Pola contra, o Santa Comba segue moi forte e se achega ao Narón aproveitando o seu tropezo. Xallas e Dumbría sumaron 3 puntos e seguen en zonas tranquilas.
Dumbría - Xove Lago (2-1)

- Dumbría: Iván, Tantán, Miguel Poyo (Roberto, min.55), Suso, Aarón Fdez., Aarón López (Toni, min.55), Adrián Mackaay, Eloy (Schuster, min.46), Iago, Luisito (Alberto, min,46), Piri.
- Goles: 1-0, min.1: Adrián Mackaay; 1-1, min.20: de penalti; 2-1, min.85: Adrián Mackaay.
Partido malo no que o mellor, sen dúbida, é o resultado. Os dumbrieses tiraron de practicidade para levar 3 puntos que os afianza na zona media con 17 puntos. Moito patadón, e poucas combinacións foron as protagonistas na primeira metade que comezaba cun tanto de Adrián Mackaay antes de que se cumplise o minuto 1. O empate chegaba de penalti e así se marcharon para o descanso.
Na segunda metade, o Xove Lago pechouse atrás buscando balóns longos ao seu punta, sempre illado. O Dumbría dominaba pero sen demasiadas ocasións. Pero tras varios avisos, e cando o partido marchaba con empate, apareceu de novo Adrián para romper a igualada e deixar 3 puntos na casa e afundir ao pechacancelas.

Xallas - Santiago de Compostela (2-0)
- Xallas: Cheli, Isma, Rubio, Becerra (Iván Forján, min.58), Martín, Ricardo (Aitor, min.70), Rubén, Álvaro Cancela, Adrián Beiroa, Luís (Brais, min.46), Alex (Iván Amor, min.65).
- Goles: 1-0, min.8: Rubén cun golazo dende 40 metros de volea por arriba; 2-0, min.35: Adrián Beiroa nun córner ensaiado tras unha prolongación.
Partido controlado dende o principio polo cadro de Iván Cancela, no que o golazo inicial de Rubén alisaba o camiño. Na primeira puido ampliar a renda a balón parado o cadro xalleiro, pero non estiveron finos nos remates de cabeza. Iso si, o que non sufriu nada foi Cheli.
Na segunda, o Xallas buscou máis a contra, e tamén dispuxo de boas ocasións. O Santiago abusou dos balóns directos, pero desta volta si que meteu en algún problema ao meta xalleiro.
O Val - Soneira (2-1)
- Soneira: Fran, Ferreiro, Pablo, Manuel (Brais, min.55), Modesto (Cristian, min.60), Santi, Víctor García, Jorge Vigo (Roi, min.80), Mario, Vía Rápida, Iago.
- Goles: 1-0, min.50; 2-0, min.55; 2-1, min.65: Vía Rápida.
- Expulsión: un xogador local no descanso.
Partido típico deste Soneira no que mereceu máis pero que volve de baleiro. 5 minutos de despiste bota por terra 45 minutos impecables. Así foi tras unha boa primeira metade, pero dous erros ao comezo da segunda metade, un do meta Fran e outro da defensa, deixaron en clara desvantaxe aos soneiráns.
O cadro local quedaba con 10 e o Soneira botouse arriba con todo. Había moita diferencia entre unha derrota e un empate ante este equipo, rival directo, que estaba 1 punto por debaixo. Pero nin o debut do xuvenil Cristian serviu para desatascar a férrea defensa local, e só Vía puido meter o medo no corpo dos rivais.
Viveiro - Santa Comba (0-4)
- Santa Comba: Diego, Chinda (José Angel, min.64), Baña, Roberto, Gonzalo, Jota, Doro, Toni (Agra, min.87), Noli (Gálvez, min.84), Julián, Colón (David Blanco, min.57).
- Goles: 0-1, min.23: Noli; 0-2, min.44: Julián de penalti; 0-3, min.87: David Blanco; 0-4, min.89: Gálvez.
Partido controlado, cómodo, do Santa Comba, que se afianza na 3ª praza e recurta 3 puntas co Narón. Foi importante o gol de penalti antes do descanso para que a segunda metade fose máis cómoda. Os laranxas sempre tiveron o dominio e as ocasións, se ben co 1-0, un man a man dos viveirense tras un erro da defensa fixo que Diego se tivese que lucir.
Durante toda a segunda metade claro dominio laranxa. Pero non sentenciou ata o final o Santa Comba, malia que nunca perigou o partido.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Segue a seca.
- Resultados da derradeira fin de semana de novembro.
- Comeza unha igualada Liga de Fútbol Sala de Cee.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).