Luns. 29.04.2024
El tiempo

Resultados da derradeira fin de semana de novembro

Resultados da derradeira fin de semana de novembro
Tralo acto de agradecemento a todos os colaboradores de QPC, celebrado este pasado sábado 26 de novembro, e no que o fútbol da Costa estivo presente dende Muros a Cerqueda, seguimos a pé do cañón achegando a actualidade futboleira. E comezamos o repaso á xornada por arriba. Case pleno na Preferente na que só o Soneira caeu dos nosos. Foi caer ademais o cadro de Miguel nin choque clave ante O Val que estaba 1 punto por debaixo e que agora o rebasa e o deixa ao borde da zona de descenso. Pola súa banda, o Santa Comba segue en zona de promoción de ascenso e se achega ao Narón que caía ante o Unión, pois o Compostela segue intratable. O Xallas vencía e segue nunha comodísima 8ª praza, mentres que o Dumbría acadaba 3 puntos fundamentais que o tranquilizan. Non foi boa a xornada, como se podía prever para os Cee e Ponteceso na . O Cee caía na casa ante o Olímpico malia facer un bo partido e carecer, coma ultimamente, de boa puntería. O Ponteceso sacaba un empate do difícil campo de Carral. A xornada na Liga da Costa comezaba o sábado coas vitorias fáciles de Fisterra e Club do Mar e o empate entre Malpica e Dumbría B. O Camariñas non perdoaba ao Mazaricos e continúa líder en solitario con 5 puntos de vantaxe sobre os caioneses e 8 sobre os fisterráns. O Muros, a 1 punto do equipo da vila do Cristo, vencía en Corme e parece que abre a fenda entre os de arriba e os da zona media, deixando precisamente aos cormeláns a 5 puntos. Por abaixo, a cousa segue apretada, e entre o 10º, o Malpica, e o penúltimo, o San Lorenzo, só hai 4 puntos de diferencia. Na 3ª da Costa a xornada foi importante. O Cabana aproveitou o tropezo do Coristanco en Corcoesto para poñerse líder. O Outes, que vencía ao Pereiriña, é agora 2º, por diante dos coristanqueses. E xa chega o Carnota, que vencía en Ara Solis, e supera ao Montelouro que caía no intenso derbi muradán ante o Volantes. Os de Baño tamén se meten entre os 6 primeiros, praza pola que tamén loitarán Cerqueda, Porteño e Fisterra B. Poucas novidades en xuvenís, onde o Cee segue mandando no sur, e o Malpica polo norte. Pero parece que en mabas ligas o interese estará nas 3 prazas restantes, para as que hai 4 candidatos en cada liga. Fisterra, Soneira, Outes e Santa Comba pegaranse polo sur e Dumbría B, Baio, Ponteceso e Camariñas farán o propio polo norte. Cómpre destacar tamén o encontro da 2ª infantil entre Cabana e Dumbría, que enfrontaba a dous equipos imbatidos tras 10 xornadas demostrando que son os que mellor coidan a canteira da Costa da Morte. Finalmente o Cabana deu primeiro e batiu cun 3-2 aos dumbrieses polo que se adiantan na táboa.

Preferente, xornada 14

Xallas 2-0 Santiago de Compostela
O Val 2-1 Soneira
Dumbría 2-1 Xove Lago
Viveiro 0-4 Santa Comba

1ª Autonómica, xornada 13

Cee 0-1 Olímpico
Carral 2-2 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 13

Fisterra 5-2 Esteirana
Malpica 2-2 Dumbría B
Club do Mar 5-0 Zas
Corme 1-2 Muros
Sofán 1-1 San Lorenzo
Camariñas 3-1 Mazaricos
Baio 4-0 Nantón
Buño 0-0 Corcubión
O Pindo 0-3 Castriz

3ª Autonómica, xornada 16

Cerqueda 4-0 Xaviña
Porteño 2-2 Muxía
Indep. Carballo 0-6 Laxe
Fisterra B 1-2 Carnota
Soneira B 2-1 Lira
Alcaián 0-4 Cabana
Corcoesto 0-0 Coristanco
Montelouro 1-2 Volantes
Outes 4-0 Atl. Pereiriña

Liga Nacional Xuvenil, xornada 11

Celta B 4-1 Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 11

Soneira 1-2 Fisterra
Santa Comba 5-0 Dumbría A
Outes 5-0 Muros
Cee 6-1 Esteirana
Mazaricos 0-3 Corcubión

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 15

Malpica 3-0 Zas
Dumbría B 12-0 Laxe
Coristanco 1-0 Corme
Ponteceso 3-1 Baio
Muxía 1-7 Cabana

División de Honra Cadete, xornada 11

Val Miñor 3-0 Bergantiños

2ª Cadete, xornada 13

Ponteceso 9-1 Muxía
Fisterra 1-1 Malpica
Esteirana 9-0 Zas
Coristanco 2-4 Camariñas
Dumbría 4-0 Outes
Porteño 3-8 Cee
Baio 1-3 Muros
Santa Comba 01/12 - 18:00 Cabana

2ª Infantil, xornada 13

Santa Comba 5-0 E.D. Os Miudos
E.M.F. Vimianzo 3-3 As Baleas
Esteirana 2-5 Con. de Carnota
Fisterra 7-1 Corme
Outes 4-3 Baio
Cabana 3-2 Dumbría
Ponteceso 1-10 Cee

Ligas de Veteranos, xornada 12

1ª División

San Román 6-1 Nantón
Bértoa 1-1 Cabana
Zas 1-1 Xv. Bergantiños
Ponteceso 5-1 Vimianzo
San Lorenzo 2-4 Castriz
Corcubión 1-0 Camariñas
Bergantiños 1-5 Baio

2ª División

Camelle 0-2Sofán
Muros 3-1 Leiloio
Soneira 1-0 Malpica
Porteño 0-0 Cerqueda
Club do Mar 3-1 Dep. Carballo
Coristanco 2-1 At. Milagrosa
Corme 2-6 Corcoesto

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios