Domingo. 28.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Non se pode despistar ninguén

2ª Autonómica: Non se pode despistar ninguén
Non perdoa o Camariñas que xa leva 8 vitorias consecutivas. E iso que chegaba con moitas baixas e xuvenís no 11 inicial, pero a súa pegada foi clave para superar a un Mazaricos que foi dos mellores equipos que pasaron polo Hermanas Patiño esta temporada. 5 puntos de vantaxe ten o cadro de Manolín sobre un Club do Mar que volve ter a marcha posta tras un mes ao ralentí. E o Fisterra segue preto tras levar 5 vitorias consecutivas. Non descansa o Muros que parece que pecha o grupo cabeceiro trala súa vitoria en Corme. Por abaixo non cambian as cousas malia que si se apretan. Entre o penultimo clasificado, o San Lorenzo, e o 5º o Corme, só hai 8 puntos de diferencia, o que indica que ninguén se pode despistar.

Sofán - San Lorenzo (1-1)

  • SOFÁN: Luis de la Peña, Adrian, Miniño, Juanjo, Juan Rabuñal (Diego, min.84), Pensado, Ivan Rey, Suso Docampo, Edu (Mario Casal, min.46), David Pensado (Eloy, min.67) e Berti (Jacobo, min.86)
  • SAN LORENZO: Recarey, Casillero -Javi Varela 75), Adrian Varela, Dubra (Anxo, min. 85), Puñal, Cachizo, Fuentefria, Santi (Carliños, min.50), Javi Pensado (Chucho, min.80), Jorge Pichel e Marcos Bartolo.
  • Goles: 1-0, min.35: Iván Rey empalma unha gran volea ó fondo das mallas tras un rexeite nun córner; 1-1, min.88: Carliños aproveita un balón morto tras un balón que non atalla Luís de la Peña.
Empate no eterno derbi carballés entre dúas familias veciñas. Saiu mellor o Sofán e nos primeiros 20’ tivo o control do balón. O xogador clave para isto foi Pensado que xogando por diante da defensa do Sofán iniciaba todolos ataques locais. O San Lorenzo se recompuxo de tanto dominio local e comezaron a asentarse no terreo de xofo, malia que Iván Rey puña por diante aos locais cando mellor estaba o cadro de Chema Eirís. Na segunda parte o partido estivo igualado pero con lixeiro dominio visitante. A ocasión máis clara foi un envío de Javi ao poste despois dun saque de esquina. O Sofán, á contra, tivo as súas ocasións pero a defensa e porteiro visitante souberon atallalas. Non parou o San Lorenzo ata empatar e cunha boa condición física achucharon ata que no min.88 Carliños presionou ata a liña de fondo un balón e aproveitou un balón que non atallaba o meta local ante as propostas por unha posible falta cando ía pola pelota.

Camariñas - Mazaricos (3-1)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Carlos, Diango, Breo, Nico (Adrián, min.75), Moriño, Paco (David, min.46), Brais, Javi, Juan oBello e Leo.
  • MAZARICOS: Pejo, Casais (Chico, min.80), Ramón, Matías, Marcos, Rodri, Brais, Esteban, Estéfano (Rafa, min.56), Cristian (Aldo, min.65) e Kevin (Ferreiro, min.75).
  • Goles: 1-0, min.47: Javi; 2-0, min.60: Javi; 3-0, min.70: Brais; 3-1, min.85: Marcos nun reixete nun córner.
  • Expulsión: o mazaricán Rafa por doble cartón no min.83.
Non reflicte o resultado o visto no Hermanas Patiño nun encontro no que o Mazaricos deulle moita guerra a este Camariñas que non perdoa, malia que se presentaran con 13 xogadores. Na primeira o Camariñas tivo 3 ocasións claras, pero o Mazaricos tivo outras 3 moi claras por medio de Cristian e Kevin. A segunda metade comezaba co gol inicial de Javi. Pero 3 minutos despois, aínda co 1-0, Ramón marraba un penalti que paraba Pombo e que deixaba o camiño baleiro para que o Camariñas sentenciase. Tivo aínda un par de mans a mans o Mazaricos antes de que o Camariñas rompese o partido, pero Kevin, Cristian e Aldo non estiveron atinados e permitiron que Javi e Brais sentenciaran o choque.

Fisterra - Esteirana (5-2)

  • FISTERRA: Joselu, Juan de Elvira, Gustavo, Manuel Cartamil, Piti, Santi, Roco (Marco Docabo, min.70), Cote, Dudo (Guardiola, min.75), Tata (Rivas, min.50) e Mané (Munitis, min.85)
  • ESTEIRANA: Beni, Isma, Simón, Dani Rama, Adelino, Picholeiro, Uru (Alberto Codesido, min.7), Eloy, Álex, Adrián (Andel, min.70) e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.40: Dudo a pase de Mané; 2-0, min.41: Cote de vaselina; 3-0, min.45: Mané de falta; 3-1, min.58: Simón asina un golazo de falta directa; 4-1, min.65: Mané; 4-2, min.70: Adrián aproveita un erro entre defensa e porteiro local; 5-2, min.80: Rivas.
3 goles ao fío do descanso foron claves para a 4ª vitoria consecutiva fisterrá. Non perdoa arriba este Fisterra que xa ten afinada a puntería dos Mané, Dudo e Rivas. E iso que o partido comezaba errante, sen mando, e sen xogo. E foron estes 5 minutos antes do descanso cando o cadro local aproveitou o despiste esteirán para facer 3 tantos nun suspiro. A Esteirana tirou de corazón á volta do descanso, e Simón recurtaba máis polo seu empeño que polo fútbol do cadro visitante. Pero de contado Mané e Rivas sentenciaban.

Malpica - Dumbría B (2-2)

  • Malpica: Suso, Víctor, Marcos Amado (David Álvarez, min.75), Iago, Marco (Casais, min.46), Rancaño Neucha, Cheo, Pablo (Avelino, min.90), Charro, Andrés e (Manu Pardo, min.75).
  • Dumbría B: Anxo; Samuel, Ramiro, David Carreira, Sergio Cives (Fernando, min.67), José Manuel, Riki (Esteban, min.55), Jesús, Toni, Pablo Lestón e Alberto.
  • Goles: 0-1, min.5: David Carreira remata unha falta lateral botada por Toni; 1-1, min.20: Pablo aproveita unha xogada que despista á defensa dumbriesa e marca a pracer. 1-2, min.66: Alberto a un centro de Toni tras unha contra rápida. 2-2, min.67: Samuel en propia meta de cabeza nada nais sacar de centro.
  • Expulsión: Cheo no min.30.
  • Lesións: Marcos Amado cunha escordadura na man; Andrés e Pablo por problemas musculares.
Empate competido en Malpica na tarde do sábado cun pouco de todo. Non gustou a labor do colexiado a ningún dos dous equipos, e o Malpica quedou con 10 durante unha hora de xogo. Comezaba pegando o filial dumbriés cun balón colgadoque David Carreira enviaba ao fondo das mallas de cabeza. O Malpica buscaba o empate pero nin Charro nin Pablo conseguían marcar. Foi este último quen empataba aos 20 minutos levando ao marcador a igualdade que había sobre o terreo de xogo. A expulsión de Cheo, tras unha rifa cun rival, deixaba tocado ao Malpica para toda a segunda metade. Foron claves os minutos 66 e 67 de partido. Un minuto antes Pablo desaproveitaba un bo pase de Rancaño, Anxo atallaba o balón, sacaba en longo para que Toni entrase pola banda, centrase e Alberto asinaba o 1-2. Pero sen tempo para disfrutalo, o Malpica saca de centro, colga o balón e Samuel salta e marca de cabeza en propia meta para empatar. Debut con empate do novo míster malpicán David Baña.

Club do Mar - Zas (5-0)

  • Club do Mar: Iago Dans (Iván, min.75), Chori, Repi, Álex, Rubén (Fran Borrazás, min.46), Juan Lareo (Luis Lareo, min.60), Chechu (Pablo Piñeiro, min.75), Jacobo, Bertín (Brais, min.70), Johnie, Vituco.
  • Zas: Elías, Lagoa, Jorge Espasandín, Mancebo, Peke, Pablo, Óliver, Rubio, Juan (Martín, min.65), Pichín, Pablo Muíño.
  • Goles: 1-0, min.30: Vituco; 2-0, min.32: Vituco; 3-0, min.40: Vituco; 4-0, min.48: Johnie de volea dende o medio campo; 5-0, min.75: Luis Lareo.
Mesmo guión en Pedra Santa que en Ara Solis, con 3 tantos ao fío do descanso que sentenciaron o choque logo da zozobra inicial. Pero en Paiosaco os goles tiñan unha sinatura especial, a de Vituco, que amosou os seus feros dentes ante un débil Zas.

Baio - Nantón (4-0)

  • Baio: Manuel, Ramón (Iago, min.70), Matías, Iván de Treos, Jose Antonio, Mario, Eloi (Martín Muiño, min.46), Javi Suárez, MC (Valentín, min.84), Alberto e Canai (Rubio, min.80).
  • Nantón: Bonano, Diego (Eloy, min.80), Carlos (Rubén, min.60), Felix, Sito, Fabio (Rubén, min.70), Cristian, Martín, Luís, Manolo e David Lareo.
  • Goles: 1-0, min.44: Matías, de falta directa; 2-0, min.50: MC; 3-0, min.55: Canai; 4-0, min.75: Alberto
  • Expulsión: o nantonés David Lareo no min.60.
Partido igualado na primeira metade que rompeu a igualada o Baio xusto contra o final cunha boa falta de Matías. Antes do descanso un córner con varios rexeites non foi aproveitado polos cabaneses. Á volta dos vestiarios Luís fallaba un penalti que parou moi ben Manuel, e na xogada seguinte MC facía o 2-0, e de contado Canai o 3-0 que acababa co partido.

Corme - Muros (1-2)

  • Corme: Susiño, Abel (Diego Xerpes, min.46), Jesús, Pandi, Adolfo, Gonzalo, Alex, Lucas, Adrián Doldán, Iago e Alejo.
  • Muros: Lupi, Marco, Gael, Mayuyo (Pelos, min.50), Dani, Iván Cerilla, Alberto, Mingos, Yanki, Óscar e Adrián.
  • Goles: 0-1, min.20: Dani; 0-2, min.30: Iván Cerilla; 1-2, min.82: Alejo.
  • Lesión: Mayuyo cuns problemas musculares.
Partido bonito en intenso no que o Muros volve deixar constancia do seu potencial este ano. Sen as figuras de antano, o cadro de Sil amosa unha firmeza tremenda. Así o deixaba claro na primeira metade trala cal xa levaba 0-2 con tantos de Dani e Iván Cerilla, nunha primeira metade de claro dominio visitante. Na segunda, co vento a favor, o Corme tomou o mando e foi polo empate. Pero non podía rebasar a seria defensa muradá e só Alejo, xa contra o final, recurtaba pero sen tempo a acadar o empate.

Buño - Corcubión (0-0)

  • Buño: Toni, Eloy, Brais, Diego, Óscar, Jorge, Ismael, Emilio (Elías, min.60), David Dourado (Miguel Dourado, min.70), Juan (Richard, min.80) e Víctor.
  • Corcubión: Andrés, Sergio Manín, José María, José de Atalaya, Conguito, Sebas (Sancho, min.60), Paulo (Jonhie, min.70) (Abelleira, min.92), Alán (Tarrela, min.85), Edu, Papi (Camacho, min.75) e Miguelón.
Partido bastante plano no que se cadra o Corcubión tivo algo máis de mordente, e seguridade atrás pois xa é o cuarto partido consecutivo que os de Manín non encaixan. Onte Andrés, habitual suplente de Cristian, fixo un gran partido na meta corcubionesa, ao tempo que Sergio Manín e Conguito foron dous puntais defensivos. A primeira metade foi sosa, e na segunda metade o Corcubión tivo un par de boas ocasións, por medio de Miguelón e Sebas ás que respondeu de marabilla o meta Toni.

O Pindo - Castriz (0-3)

  • O Pindo: Diego Atán, Diego Trillo, Álex, Herminio, Juan de Fisterra, Manolito Porto (Diego León, min.70), Lolo, Bicho (Jose da Maroca, min.75), Riolo (Carlos, min.50) e Juan de Dios.
  • Castriz: Herrera (Toño, min.80), Sergio (Rubén, min.55), Sergio Pose (Prego, min.80), Toniño, Alejandro, Toño, Pablo, Jorge (Marcos, min.70), Martín, Mauri e Sebas.
  • Goles: 0-1, min.70: Pablo; 0-2, min.75: Mauri; 0-3, min.88: Sebas.
  • Expulsión: Juan de Fisterra (min.60).
Aguantou máis de unha hora o cadro local prantando cara aos xalleiros cun 0-0 que parecía que ía ser o resultado final. I é que os rossoneros seguen a recuperar fóra da casa o que perden en San Pedro. Tras moitos minutos de igualdade, de poucas ocasións, pero si de entrega, unha expulsión máis que rigorosa, e dous erros defensivos, foron determinantes para o desenvolvemento do choque.

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios