Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: 19 equipos pensando no ascenso

3ª Autonómica: 19 equipos pensando no ascenso

Hai moita incerteza na terceira polo número de equipos que ascenderán, todo mundo fai as súas contas, pero dado que isto non se saberá ata que acabe a competición, todos intenta estar o máis arriba posible. Mesmo pode ser que ascenda todos, non é descabellada esta opción, pois varios clubs da Costa están promovendo eliminar a Terceira e facer dúas Segundas autonómicas da Costa, Norte e Sur, pero entre mentres os clubs pensa só en gañar partidos.

O Carnota segue escalando postos, o domingo gañou nun campo complicado e xa se coloca como un dos máximos aspirantes ao ascenso e mesmo ao título de liga, logo de sumar oito partidos sen perder, dos cales sete foron vitorias. Dos primeiros clasificados tan só deixaron escapar puntos o Coristanco que empatou en Corcoesto e o Montelouro que perdeu na casa fronte ao Volantes que se coloca sexto e se resiste a perder eses postos que poden ter premio ao final da campaña, os de Baño gañaron no desconto cun gol de Piti.

Montelouro - Volantes de Baño (1-2)

  • MONTELOURO: Isma, Geiko, Pedro, Canelo, Alvaro, Teo, Dani (Edu, min.65), Chumy, Pesco, Denís (Raúl, min.55) e Rico.
  • VOLANTES: Masu, Juan, Iván, Josiño (Edu, min.79), Maikel, Nimo, Varito, Brais, Piti, Seluco e Ivi (Javi, min.55).
  • Goles: 1-0, min.15: Rico; 1-1, min.70: Brais; 1-2, min.92: Piti.

Resístese o debutante Volantes a abandonar os postos altos que darán aceso a Segunda Autonómica. Onte gañaron no desconto ao potente Montelouro remontando o encontro. Os de Baño xogaron moi serios e souberon repoñerse ao gol de Rico na primeira metade tras tiro de falta de Pedro ao longueiro, o rebote foille a cabeza do dianteiro de Louro que non fallou. Tralo descanso Seluco lanzaba unha falta que bate na barreira, tralo rexeite manda o balón ao longueiro e Brais que estaba pola área pequena marca de cabeza. Xa en tempo de desconto un balón de despexe da defensa vai para Piti que dende a medular arranca e bate no man a man ao porteiro, os locais reclamaron fóra de xogo.

Fisterra B - Carnota (1-2)

  • FISTERRA B: David Perlón, Didier (Juanjete, min.80), Jorge (Tano, min.57), Dudo (Cote, min.65), Pablo, Eddy (Gabinho, min.86), Marco Castreje, Cote Xuvenil, Rubia (Carlos, min.50), Pirri e Rubén Insua.
  • CARNOTA: Peipo, Tono, Manuel Luís (Boni, min.80 (David Castreje, min.82)), Pedro, David, Jacobo, Rodrigo (Andrés, min.70), Borja Santos (Pumuli, min.80), Borja Luís, Manoliño e Casti.
  • Goles: 0-1, min.15: Manoliño; 0-2, min.30: Jacobo; 1-2, min.75: Cote Xuvenil.

Dos oito últimos partidos o Carnota gañou sete e empatou un, isto coloca ao equipo de Cambeiro cuarto a catro puntos do líder tras un comezo de liga dubitativo. Os Carnotáns gañaron no campo do filial fisterrán que aínda non coñecían a derrota no seu campo. O equipo carnotán xogou unha primeira parte moi seria na que se adiantou por medio de Manoliño, que pese a non estar na mellor forma física demostra semana tras semana que non perdeu o olfato goleador. A media hora unha gran xogada individual de Rodrigo, que volvía a súa casa, enviaba o balón a trás e Jacobo dende a frontal marcaba o segundo de fermosa factura. No segundo tempo os locais levaron máis o peso do encontro e sen crear numerosas ocasións de gol, reduciron distancia e puideron empatar por medio de Carlos e Marco, pero o entramado defensivo dos visitantes evitouno.

Cerqueda - Xaviña (4-0)

  • CERQUEDA: Fredi, Nión, Javi, Athu, Jorge, Javi Pazos, Dani, Maikel (Santi, min.46 (Ché, min.87)), Lorenzo, Dani Añón (Manu, min.65) e Alex.
  • XAVIÑA:
  • Goles: 1-0, min.35: Dani Añón; 2-0, min.75: Dani; 3-0, min.82: Alex; 4-0, min.90: Alex, de penalti.

Un rocoso Xaviña púxolle as cousas complicadas ao Cerqueda que ata o último cuarto de hora non puido dar o partido por gañado. O penalti nos últimos minutos desatou a furia nos de Camariñas contra o colexiado, quixeron marchar do campo, logo o porteiro non quixo pórse para deter o penalti e as protestas seguiron tras o remate do encontro, polo que se presumen baixas para vindeiros partidos.

Independiente - Laxe (0-6)

  • INDEPENDIENTE: Upi, Jonathan, Jorge, Scot (Brais, min.58), Rafa, Carlos (Moreno, min.55), Ivi, Cholo, Rubén, Yuni e Gustavo (Iván Lorenzo, min.25).
  • LAXE: Illote, López, Jaja, Óscar (Adán, min.45), Aarón, Rubén, Jacinto, Gándara (Darío, min.45), Martín Rivera (Naya, min.76), Felipe e Samu.
  • Goles: 0-1, min.66: Samuel; 0-2, min.70: Matín Rivera. 0-3, min.77: Darío. 0-4, min.82: Darío. 0-5, min.86: Felipe. 0-6, min.90: Felipe.
  • Lesión: o local Gustavo con rotura de fibras.

Non saben por Carballo si puido facer meia no equipo o partido do xoves fronte a Pereiriña, aprazado da xornada 12. O que si saben é que non gustou a reclamación do equipo ceense dese mesmo partido por aliñación dun sancionado. Segundo os do Independiente a eles non lle comunicaran as sancións e logo de consultalo co colexiado decidiron que xogara. Independentemente disto, aos de Carballo non lle gustaron as formas, logo das facilidades que puxeron para aprazar o encontro e para buscar outra data e sobre todo por que ningún dos dous equipos se xoga nada. Todo isto puido pesar na cabeza dos locais, pero o que esta claro e que non mereceron perder da forma que o fixeron. Dominaron o encontro por completo e con numerosas ocasións de gol ate o primeiro gol dos de Laxe, a partir de aí sufriron tal baixón que lles ocasionou a goleada final.

Soneira B – Lira (2-1)

  • SONEIRA B: Víctor, Marquitos (Curra, min.46), Damián (Manu Cadete, min.80), Pichón (Chuchi, min.74), Alberto, Quilmes, Jemisa, Chans, Ricardiño, Capote e Cho (Félix, min.54).
  • LIRA: Miguel Anxo, Fernando, Fran, Pelexo, Miche, Abel (Santi, min.76), Geray, Patachín, Fran Perico e Ismael (Fran Pasiños, min.54).
  • Goles: 1-0, min.35: Capote; 2-0, min.50: Capote; 2-1, min.63: Patachín, de falta directa.

Primeira vitoria do filial na casa e moi traballada. Combinou mellor o equipo de Mayco e trenzou boas xogadas pero careceu de remate e a piques estivo de pagalo nos minutos finais tralo empuxe do Lira. Abriu marcador Capote e rentes do descanso Cho puido poñer máis terra de por medio, pero marrou unha pena máxima que detivo Miguel Anxo.

Tralo descanso, Patachín lanzou un balón ao longueiro, pero acto seguido Capote recibe un pase por banda e bate no man a man a Miguel Anxo. Pouco despois Patachín resarciríase da ocasión do pau e marcaba de falta directa moi escorada. A partir de aí espoláronse os lirachos e con máis corazón que xogo foron poñendo o medo na parroquia local. Os locais a contra puideron sentenciar, non o fixeron e a piques estiveron de pagalo, pois de novo Patachín fixo intervir a fondo a Víctor nunha falta que puido supoñer o empate.

Foi o debut de Ancho como míster no equipo liracho tras o cese de Geno.

Porteño - Muxia (2-2)

  • PORTEÑO: Asiel, Pejo (Farruco, min.90), Piti, Maikol, Brais, Ismael, Cousillas, Yago (Sergio Vilaseco, min.65), Varela (Gabi, min.90), Wii (Jorge, min.70) e Tajes.
  • MUXÍA: Angel Luís, Carrera, Martinciño, Currás, Jose Manuel, Angel, Javi, Ziro, (Raúl, min.75), Ramon, Pataca e Jose Ignacio.
  • Goles: 1-0, min.15: Cousillas; 1-1, min.33: Pataca; 1-2, min.60: Currás; 2-2, min.91: Farruco.
  • Expulsión: O visitante Angel (min.65) por dobre cartón amarelo.

Moitas veces as rivalidades locais son argumentos máis útiles que as clasificacións para explicar os resultados, e deste argumento temos que tirar para explicar o empate entre Porteño e Muxía. Os da Ponte a pesar de estar mellor clasificados tiveron que esperar aos últimos minutos para igualar o encontro e sacar un puntiño.

Os locais deron algún facilidade en defensa que foron ben aproveitadas polos de Muxía para poñer o marcador ao seu favor. Na segunda metade o equipo de Gerpe buscou con moita forza sacar algo positivo do encontro e tivo boas ocasións de gol, pero este non chegaría ata o tempo de desconto non tendo marxe para a remontada.

Corcoesto - Coristanco (0-0)

  • CORCOESTO: Siro, Miguel, Germán, Luís, Pablo, Lista (Couto, min.76), Javi, Uru (Manuel, min.85), Longo, Héctor (Isaac, min.60) e Rodri.
  • CORISTANCO: Gonzalo, Arantón, Luís, Oscar, Marcos, Pazos, Sergio (Germán, min.70), Mallón (Castro, min.65), Benitez (Pichel, min.80), Iván (Chutín, min.73) e Toniño.
  • Expulsión: O visitante Pazos con cartón vermello unha vez rematado o partido por protestas.
  • Lesión: O xogador local Héctor cun tirón muscular.

Partido moi igualado durante os noventa minutos o disputado nun terreo de xogo moi irregular que impediu xogar o balón por baixo e ambos equipos optaron por xogar moi directo. As dúas defensas estiveron moi acertadas e apenas houbo ocasións de gol. Nos últimos minutos tiveron alternativas os dous equipos para marcar, pero ao final reparto xusto de puntos.

Outes – Atl. Pereiriña (4-0)

  • OUTES: Gato, Saúl (Alvaro, min.61), Martín (Debé, min.71), Chúa, Arturo, Deivi, Poke (Lago, min.80), Fabio (Fernando, min.46), David, Pesco e Potro (Pitu, min.67).
  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Fiuza, Mateo, Javichu, Josiño, Jorge (Javi, min.65), Adán, Alex, Morcillo (Rafa, min.65), Mario e Néstor
  • Goles: 1-0, min.8: David; 2-0, min.46: Fernando; 3-0, min.55: Arturo; 4-0, min.56: Martín.

Pese a ampla derrota, o Atl. Pereiriña causou moi boa impresión en Outes e na primeira metade plantoulle moita cara aos de Manu Roque. David abriu o marcador ao empurrar un balón centrado por Pesco. Xusto despois do descanso Fernando recibía un balón entre liñas, moi protestada a posición por parte dos visitantes, e marcaba no man a man. Pouco despois Arturo marcaba nun balón morto despois dun córner e poñía o terceiro. Un minuto despois chegaba a sentencia definitiva por medio de Martín que definía no man a man tras recibir un pase de David.

Alcaián - Cabana (0-4)

  • ALCAIÁN: Rizos, Luisito (Chiman, min.75), Dani (Tote, min.10), Pombo, Diego, Daviciño, París, Víctor Pazos, Portillo, Iván e Roberto.
  • CABANA: Añón, Jose, Dani, Marcos, Pancho, Diego (Eloi Pereira, min.50), Sandro (Pablo, min.60), Darío (Adrián, min.60), Josiño (Fernando, min.75), Rubén Rama e Nando.
  • Goles: 0-1, min.13: Jose; 0-2, min.25: Nando; 0-3, min.28: Nando; 0-4, min.73: Josiño.
  • Lesións: Os locais Luisito e Dani, ambos no xeonllo.

Seguen os locais capeando o vendaval de lesión como poden e non hai semana que non caiga algún dos integrantes lesionados, este finde foron dous máis. No deportivo o cabana foi superior e marcou moi cedo e pouco despois sentenciou, a segunda metade sobrou. O Cabana segue líder.

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Serxio Domínguez e Luís Alberto Sambad..

Comentarios