Remata o 2013 con unha xornada onde a Loteria de Nadal foi a Estrela do dia, pero algún dos equipos da Costa a parte de que esperaba que o numero dos decimos ou participacións do seu clube fose o premiado, tamén esperaban que o resultado do equipo fose premiado ca Loteria da victoria, pero en moitos dos casos non poido ser. Os equipos de Preferente os resultados foron non de todo agradable para os nosos, solo o Dumbria era quen de sacar algo importante nesta xornada e situarse na zona alta da taboa superando así o Silva, O XSC recibía a todo un lider como o Bergantiños e non era capaz de superalo e caia derrotado na Fontenla, mentras o Soneira visitaba o Dubra onde os visitantes querian a victoria para sair de esos postos de descenso, comezaron ganando pero o final non puido ser. Na 1ª Autonomica enfrontabasen dous dos nosos, un duelo entre dous equipos costeiros e mariñeiros, un Esteirana que gañaba o encontro e mantense na mitade da taboa e un Camariñas que se afunde no final da clasificación xunto co Ponteceso que tampouco foi quen de vencer na casa o Arzúa. O que sí facia os deberes Navideños era o Malpica que se impoñia na casa do Bertamiráns, e o Baio sacaba un importante punto na casa do Sigüeiro para mantelo na mitade da taboa. A 2ª Autonomica despois dos encontros de onte, nos encontramos con unha victoria pola minima do Independiente fronte o Camelle e o San Lorenzo solventaba o seu encontro fronte o Volantes con un marcador moi apretado. Outra derrota do Outes, nesta ocasión na casa do Muros faría que o Sofán trala súa victoria no encontro de onte se poña lider da clasificación, moi cerca do Zas que hoxe vencía nun partido con moitos goles o Castriz. O que gañaba na tarde de hoxe con autoridade era o Cee, que goleaba o Porteño no San Paio de Refoxos, pero o marcador mais abultado en canto en goles se refire, foi en Corme onde o Carnota comezaba gañando e caia estrepitosamente. En canto a 3ª Autonomica o Ameixenda vencia na casa do Coristanco e sube na tabla para meterse 7º clasificado, o Laxe perdía na casa fronte a un Cerqueda que queria empezar a senda de victorias. Mentras o Seaia sigue querendo ser o equipo revelación esta tempada e impoñiase a todo un Nantón. O Corcoesto desfaciase con claridade do Castrelo, e o Baiñas que segue aspirando a ser Campión da competición goleaba a un Lira que viña pisando forte. Mentras nos Veteranos na 1ª División, o Laxe segue mandando na clasificación despois de gañar na casa do Ponteceso, e o Coristanco - Soneira non pasaban do empate esto polo alto da táboa, polo final da clasificación o Camariñas rascaba un punto na casa do San Lorenzo e o Nantón caía derrotado na casa fronte o Bertoa. Na 2ª Division de Veteranos o Milagrosa segue lider tras vencer o Sofán.