Xoves. 02.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Baíñas sabe sufrur e volve quedar só no máis alto

3ª Autonómica: O Baíñas sabe sufrur e volve quedar só no máis alto
Nanton-MOntelouro-FOto-CD Nanton

Parece que a igualdade será predominante este curso na 3ª Autonómica. Agora son 6 equipos metidos en 7 puntos, pero parece que os Ameixenda, Muxía e mesmo Laxe e Cerqueda se poden meter en calquera momento na loita pola promoción.

Esta 8ª xornada deixa de novo ao Baíñas líder en solitario. O cadro de Pato soubo sufrir en Cerqueda e quedar cos 3 puntos. O Montelouro tiña un partido moi complicado ante un Nantón que viña con moita forza dende atrás. Tras un partido tremendamente igualado, o Nantón conseguía nos últimos minutos un xusto empate.
3º xa se coloca o Lira, que noutro choque destacado da xornada ante a revelación da temporada, endosáballe 5 ao Seaia nun choque no que os malpicáns pecaron de novatos. Coristanco, que empataba, co Muxía, o propio Seaia e o Nantón seguen moi de preto.

Ademais, a xornada deixaba a primeira vitoria do Castrelo, que sae do último posto que agora ocupa un Corcoesto que está a merecer mellor sorte da que indica a táboa.

Castrelo - Laxe (2-0)

  • CASTRELO: David, Gustavo, Luís, Pichón, Estebo, Gatusso (Chapu, min.70), Edreira (Fran, min.80), Félix, Roi, Borja e Miguel.
  • LAXE: Diego, Baliña, Jacinto (Iván, min.30), Naya, Samuel Soneira, Aarón (Anxo, min.46), Borja, Saleta, Gora, Zurich e Felipe.
  • Goles: 1-0, min.30: Gatusso de penalti; 2-0, min.65: Edreira á contra.
  • Lesión: o laxense Iván.

Primeira vitoria na casa do Castrelo nos seus dous anos de historia, que a celebrou o cadro vimiancés cunha boa cea. E non era para menos, pois o equipo levaba merecendo máis este ano pero non tiña sorte. Esta fin de semana puido cun Laxe que non fixo un mal partido, sobre todo no primeiro tempo, pero se atopou cun penalti en contra que non fallou Gatusso, e cun David espectacular baixo paus que parou o penalti de Zurich.

O Laxe xa comezaba a loitar contra si mesmo, e cando un equipo en mala racha, cada un quería resolver o partido pola sua conta, cun xogo anárquico. Chegou algunha vez pero non definiu e o Castrelo, nunha contra, sentenciaba por medio de Edreira para alegría da parroquia local.

Lira - Seaia (5-0)

  • LIRA: Andrés, Joserra, Javier, Brea, Josiño, Adrián, Fran Perico, Álex, Óliver, Cristian e Suso Perico. Tamén xogaron: Iago, Víctor, Deme, Manue Germán.
  • SEAIA: Jesús (Víctor, min.80), Lesi (Michi, min.65), Serxio, Vistas, Alberto (Eme, min.46), Parga, Zala (Pablo, min.50), Martuxa, Vilariño, Camilo e Richard.
  • Goles: 1-0, min.44: Suso Perico de penalti; 2-0, min.65: Joserra; 3-0, min.70: Fran Perico; 4-0, min.75: Fran Perico; 5-0, min.82: Manu.
  • Lesión: os visitantes Alberto, cunha rotura no dedo, e Lesi.

Mal partido do Seaia, que pecou de novato, ante un Lira que fixo un gran partido, sobre todo na primeira, na que se embargo só puideron batir a un gran Jesús nunha ocasión, de penalti e no último minuto. O Seaia, que non pasara do medio campo na primeira, saíu mellor na segunda, e aos 10 minutos marcaba o empate pero o colexiado anulou por fóra de xogo. Foi aí, sobre todo co segundo de Joserra, cando baixaron os brazos os malpicáns, e o Lira sentenciaba pronto e acababa goleando.

Proba esta para o vindeir enfrontamento na previa da Copa da Costa o día 29 de decembro.

Cerqueda - Baíñas (0-1)

  • CERQUEDA: Ruben, Pablo (Xabi, min.68), Dani, Pailos (Juanjo, min.64), Bastón (Pena, min.75), Sergio, Lorenzo, Javi Pazos, Dani Seaia, Uru (Manuel, min.80) e Carlos.
  • BAÍÑAS: Campos, Luís (Samuel, min.15), Héctor, Sancho, Sergio, Esteban, Iván, Cristian, Diego (Andrés, min.80), Víctor e Tasky.
  • Gol: 0-1, min.20: Esteban pola escuadra de falta.

Custoulle moito a vitoria ao Baíñas nun campo tan complicado como o de Cerqueda, e con baixas importantes como as de Javi Suárez, Braulio ou Mario. En fronte, un Cerqueda que segue negado de cara a gol, con só 6 goles a favor, e sen embargo nótase que está moi traballado pois só recibiu 10 goles e todas as derrotas foron pola mínima. Contan 4 empates e 4 derrotas, polo que esperan que agora cheguen as 4 vitorias consecutivas.

Saíu o Baíñas cunha gran media hora inicial, tocando e creando moito perigo. Esteban marcaba pronto un golazo de falta e Tasky e Víctor puideron abrir a fenda. Foise metendo arriba o Cerqueda, que tomou o mando no medio campo. Máis se cadra na segunda, cun Cerqueda presionando máis, e sen deixar saír co balón xogado ao cadro de Pato, pero sen grandes ocasións por ningún dos dous bandos. Tivo, iso si, Dani Seaia, un par de chegadas diante do porteiro pero non estivo rápido e Sergio lle quitou o balón cando se dispuña a chutar.

Coristanco - Muxía (1-1)

  • CORISTANCO: Nacho, Torreira, Morientes, Rubén, Facal (Jorge, min.30), Luís, Iván, Añón (Juan, min.70), Pazos, Toniño e Magovi (Mató, min.60).
  • MUXÍA: Santi Papi, Currás, Pataca, Pesqui, Martín, Pereira (Julián), Juan, David, Adrián (Denís), Iván e Javi (Víctor).
  • Goles: 1-0, min.30: Pazos; 1-1, min.44: Adrián de penalti.
  • Expulsión: os coristanqueses Torreira e Jorge e ao muxián Julián (min.83).

Partido de moita brega e pouco fútbol o disputado na Rocheira. Comezaba o Muxía algo mellor, pero ás ocasións respondía Nacho na meta local. Sen embargo era o Coristanco o que se metía por diante nunha xogada na que Pazos supera a Santi Papi, que bastante fai poñéndose de novo baixo paus.

Ao fío do descanso o colexiado pitaría un penalti protestado polos locais que Adrián non fallaba para poñer o empate.

A segunda foi un despropósto en moitos sentidos. Non houbo xogo e o colexiado ademais de expulsar a 3 xogadores nun partid que non houbo demasiados problemas, adicouse a obrigar aos xogadores a quitar cintas do pelo e cousas máis relacionadas ca estética que co propio fútbol e a seguridade no campo.

Ameixenda - Corcoesto (2-1)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel (Demetrio, min75), Javichu, Camacho, Bruno (Mateo, min.60), Jorge (Chiru, min.60), Momaño, Iván, Borja, Paulino (Brais,. min.75) e Miro.
  • CORCOESTO: Edelmiro, Javi, Rodri (Dani, min.46), Longo, Ángel (Alberto, min.75), Gonzalo, Luís, Pablo, Patelo, Héctor (Pichu, min.30) e Martín (Germán, min.89).
  • Goles: 1-0, min.35: Borja; 2-0, min.44: Borja; 2-1, min.60: Dani.

Partido condicionado polo vento no San Paio de Refoxos, que fixo que houbese unha parte para cada equipo. Comezaba o Ameixenda dominando, ben metido en campo contrario. Adiantouse á media hora e o propio Borja ampliaba a renda antes de ir ao descanso.
Na segunda o Corcoesto foise arriba, e puido matar o partido o Ameixenda á contra. Pero Dani recurtaba e deixou a incertidume no marcador ata o final, ante un Corcoesto que tiña que facer ata 4 cambios por lesión.

Nantón - Montelouro (3-3)

Nanton-Montelouro-Foto-Edu Olveira
  • NANTÓN: Pollo, Carlos R., Manu, Diego, David, Daniel, Amado, Félix, Iván, Micael, Carlos Vidal.
  • MONTELOURO: Isma, Álvaro, Pablo, Abel, Chema, Isma, Geico, Benja, Bruno (José, min.60), Pedro e Pesco.
  • Goles: 1-0, min.30: David; 1-1, min.50: Álvaro de cabeza nun córner; 1-2, min.55: Benja nunha contra; 1-3, min.70: Bruno noutra contra; 2-3, min.71: Carlos Vidal de penalti; 3-3, min.89: en propia meta.
Nanton-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Xusto empate nun partido no que o Nantón levou o peso do mesmo, con algunha ocasión máis, mentres que o Montelouro aproveitaba as ocasións que creaba, pero deixaba escapar unha renda de 2 goles con 25 minutos para o final.

O Nantón saíu moi ben na primeira parte, presionando moi arriba a saída de balón do Montelouro e meténdoos no seu campo. Sen embargo non houbo moitas ocasións nos primeiros 45 minutos. Ata o minuto 18 non chegou a primeira, foi Iván de que disparo cruzado coa esquerda fai intervir ó meta visitante. No minuto 30 David fai o 1-0 cun disparo dende o medio do campo que sorprende ó meta do Montelouro despois de botarlle diante. Pouco despois o árbitro anula un gol a Carlos Vidal por fóra de xogo dubidoso.

Na segunda parte o Montelouro tivo máis presenza en ataque e conseguiu darlle a volta ó partido en tres lategazos que deixaron ó equipo local sen resposta. No minuto 50 chega o 1-1 tras un saque de esquina que remata un xogador visitante. O balón cólase na portería despois de que tropece en Diego e desvíe a traxectoria. Cinco minutos despois o Montelouro ponse por diante 1-2 tras unha boa xogada na que conseguen gañar as costas á defensa local. No minuto 70 os visitantes poñen o 1-3 tras forte disparo dende fóra da área. Parecía que o partido estaba sentenciado pero o Nantón non baixou os brazos e dous minutos despois Carlos recorta diferenzas poñendo o 2-3 de penalti por mans dun xogador do Montelouro.
O Nantón seguiu empuxando para lograr o empate sen descanso e no minuto 88 chega o definitivo 3-3 que poñía un xusto empate no marcador tras saque de falta de Diego e remate en propia meta dun xogador visitante.

Nanton-MOntelouro-CDNAton

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios