Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría pon o gol e o Soneira a loita

Preferente: O Dumbría pon o gol e o Soneira a loita
Doro xa vestiu a camisola do Dumbria ante o Bergantinos-Foto-Jorge Parri

Resultados dispares nesta 17ª xornada da Preferente. O Dumbría foi a nota positiva cunha gran vitoria en Mugardos que o deixan 6º na táboa, a só 6 do Sada, 3º. A cruz é o XSC cunha xeira mala de resultados que o baixan ata a 12ª praza. Mentres, o Soneira tira de brega e traballo para seguir loitando por saír do pozo.

Gal. Mugardos - Dumbría (0-3)

  • DUMBRÍA: Julián, David Carreira (Rudi, min.46) (Tantán, min.85), Oscarín, Jose, Pablo Conde (Cote, min.65), Aarón López, Adrián Makaay (Luisito, min.65), Doro, Adrián Nieto, Iago, Rivi (Israel, min.80).
  • Goles: 0-1, min.19: Doro tras varios rexeites; 0-2, min.27: Rivi cun centro chut; 0-3, min.73: Adrián Nieto.

Xa son 4 partidos sen perder. O equipo de Canosa está nun gran momento de forma e así o demostrou arrollando na súa visita a Mugardos. Unha vitoria que o mete arriba.

Comezou moi forte o cadro dumbriés, que á media hoa xa case encarrilaba o choque cos tantos de Doro, como non, e Rivi.

A boa nova a puxo na segunda metade Adrián Nieto, recuperando o seu olfato goleador, que promete dar alegrías á xa espectacular dianteira dumbriesa.

Carral - Xallas StComba (1-0)

  • XSC: Pablo; Rubén Forján, Alberto, Rubio, Héctor (Cristian, min.80), Jonathan (César, min.65), Marcos (Darío, min.65), Arnejo, Richi (Toño, min.53), Alfonso, Jesús.
  • Gol: 1-0, min.57.

Non levanta cabeza o XSC, e a pesar da vitoria da semana pasada segue nunha xeira moi mala de resultados que o deixan na 12ª praza. Os de Julio Martínez levan unha vitoria nos últimos 8 partidos.

O choque foi moi igualado, sen un dominador claro, con moito xogo no medio campo, pero co cadro local algo máis enriba. O XSC non conseguía tomar o mando e os locais pedían penalti na primeira. Na segunda tampouco conseguiu o cadro xalleiro meterse no partido. Foi un tiro lonxano, case que de sorpresa o que superou a un adiantado Pablo.

Soneira - San Tirso (0-0)

  • SONEIRA: Víctor, Maikel, Mayuyo, Sito, Pichi (Mayor, min.77), Brais (Chans, min.55), Fran de Urroa, Baba, Riki, Javi e Cristian Figueroa (Leo, min.70).

Entrega e unha proposta de tratar ben o balón. Esa é a seña de identidade do Soneira de Manolito, que aínda non consegue os resultados esperados e segue no pozo da categoría.

Onte fixo un bo partido o Soneira pero, malia ter o dominio do balón durante case todo o encontro, faltoulle algo de profundidade. Tivo Cristian a ocasión do partido na segunda metade, pero o seu tiro no man a man petou o pau.. Empate na casa contra un rival directo, un punto que semella insuficiente, pero cun equipo que parece te bos vimbios. Parece que a parroquia soneirá ten que ter paciencia cos resultados porque traballo está habendo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios