![APP Futboldacosta Así quedou a xornada na 2ª Autonómica na APP do Fútbol da Costa]() 
De estrea estivemos esta fin de semana na Costa da Morte. I é que esta xornada foi a primeira co carrusel tecnolóxico a través da APP "Fútbol da Costa".
Con Jorge Parri aos mandos e David Castro tamén seguindo varios partidos das ligas costeiras, mesmo da Liga Intermunicipios de Bergantiños, conseguimos facer que toda a bisbarra saiba os resultados en cada campo, e en tempo real. E todo, gracias á colaboración de todos os que estades nos campos e nos mandades esa información.
E comezamos o repaso da xornada pola Preferente, con resultados dispares. O Dumbría pega un estirón cunha boa vitoria en Mugardos, e se coloca 6º a 6 untos da promoción. O XSC non atopa o rumbo do comezo de campaña e caía en Carral ante un dos de abaixo, quedando na 12ª praza. Mentres, o Soneira, non pasou do empate sen goles ante un rival directo, o San Tirso, que o deixa en descenso.
Mala, malísima xornada para os nosos na 1ª Autonómica. Só o Camariñas sumaba, apenas 1 punto en casa ante un forte Unión. O Ponteceso, o máis necesitado, non podía sumar ante o Cordeiro e o deixa escapar xa a 4 puntos. Ambos clubes, pechan a táboa. Malpica, Baio e Esteirana caían nos seus choques, sendo a do cadro blaugrana ante o líder en Noia, e no medio da rodaxe dunha documental, a máis amplia.
Todos os ollos da 2ª Autonómica estaban postos no Carral. O Corme visitaba ao Sofán con posibilidade de recurtar posicións. Foi un choque tremendamente intenso e vibrante, dos que merecen a pena velo. Co empate, o Sofán empata co Outes no máis alto da táboa, trala sorpresa da xornada, a derrota do líder na casa por 1-2 ante o San Lorenzo. Por detrás, a só 2 puntos, o Zas, tras vencer en Camelle, e a 5 o Cee, que gañaba ao Volantes en Muros. O Corme queda a 7 do liderato, e o Fisterra, que sufría demais para gañar ao pechacancelas Corcubión, a 9.
Xa na 3ª Autonómica o Baíñas queda só arriba tras vencer nun campo tan complicado como o de Cerqueda, e aproveitar o empate do Montelouro en Nantón, nun choque con emoción ata o final. Por detrás de ambos quedan Lira e Coristanco. Os lirachos golearon ao Seaia, que viña mesmo por riba; mentres que o Coristanco non pasaba do empate ante o Muxía. Salientar a primeira vitoria do Castrelo, ante un Laxe descoñecido, que deixa ao Corcoesto como pechacancelas, só con dous empates, pero facendo bos papeis e perdendo sempre por pouco.
Nos Xuvenís, os 3 de arriba de cada grupo seguen escapando. No  Gr.3, o empate entre Fisterra e Outes fai que o 3º, un XSC que descansaba xunto á Esteirana, teña máis vantaxe, sobre o 4º, que agora é o Muros, a 4 puntos. O Cee queda a 5.
Mentres, no Gr.4 o Ponteceso caía en Camariñas e se descolga, deixando tamén a 3ª praza a 5 puntos. O Malpica descansaba e Cabana e Corme aproveitaron para sacarlle 4 puntos.
Mala xornada para o Dumbría da División de Honra Cadete que caía 2-1 ante un rival directo na zona alta, o Pontevedra. Aínda así seguen 4º os dumbrieses. Sen embargo, na Liga Galega Infantil tocoulle gañar ao Dumbría que se mantén na metade alta da táboa, empatado ata co 9º clasificado, e con 4 puntos xa sobre o 12º, que marca a diferencia entre a Liguilla de Ascenso e a de descenso. O que segue cunha soa vitoria é o XSC, que vai sufrir para manter a categoría.
Importante a xornada na Liga Cadete, pois o Fisterra asalta o liderato ao vencer ao Muros, que chegaba invito a Ara Solis.
Ademais, en infantís, Cee e Fisterra seguen ao seu, mentres o Corme tiña que aprazar o seu partido.
| Gal. Mugardos | 0-3 | Dumbría | 
| Carral | 1-0 | Xallas StComba | 
| Soneira | 0-0 | San Tirso | 
| Cordeiro | 3-1 | Ponteceso | 
| Noia | 5-0 | Esteirana | 
| Baio | 1-5 | Piloño | 
| Camariñas | 2-2 | Unión | 
| Arzúa | 3-2 | Malpica | 
| Camelle | 1-3 | Zas | 
| Fisterra | 1-0 | Corcubión | 
| Castriz | 1-1 | Mazaricos | 
| Porteño | 2-0 | Indep. Carballo | 
| Volantes | 0-3 | Cee | 
| Sofán | 3-3 | Corme | 
| Carnota | 2-0 | Muros | 
| Outes | 1-2 | San Lorenzo | 
| Buño | 2-2 | Cabana | 
| Castrelo | 2-0 | Laxe | 
| Lira | 5-0 | Seaia | 
| Cerqueda | 0-1 | Baíñas | 
| Coristanco | 1-1 | Muxía | 
| Ameixenda | 2-1 | Corcoesto | 
| Nantón | 3-3 | Montelouro | 
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 16
| Dumbría | 10-0 | Mazaricos | 
| Fisterra | 4-4 | Outes | 
| Muros | 5-1 | Soneira | 
| Cee | 5-2 | Lira | 
- Descansa Esteirana e XSC.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 16
| Laxe | 3-2 | Coristanco | 
| Corme | 3-2 | Baio | 
| Camariñas | 2-1 | Ponteceso | 
| Cabana | 4-0 | Castriz | 
| Muxía | 2-2 | Porteño | 
| Viveiro | 0-1 | Dumbría | 
| Xallas StComba | 1-4 | Galicia Caranza | 
| Cabana | 8-3 | Muxía | 
| Fisterra | 2-0 | Muros | 
| Baio | 7-0 | Corcubión | 
| Cee | 2-5 | Esteirana | 
| Zas | 4-1 | Coristanco | 
| Xallas StComba | 10-0 | As Baleas | 
| Baio | 2-1 | Sofán | 
| Corme | Apraz. | E.M.F. Vimianzo | 
| Muxía | 4-1 | Cabana | 
| Outes | 0-3 | Fisterra | 
| Esteirana | 2-7 | Cee | 
| Ponteceso | 3-4 | Os Miudos | 
| Os Miúdos B | 0-7 | Os Miúdos A | 
| Lira | 3-3 | XSC B | 
| Esteirana | 0-12 | Dumbría | 
| Cee | 7-1 | XSC A | 
| Outes | 1-2 | Fisterra | 
| Esteirana B | 3-0 | Zas | 
| Os Miúdos B | 3-4 | Os Miúdos A | 
| Lira | 2-2 | XSC B | 
| Esteirana A | 4-5 | Dumbría | 
| Cee | 1-4 | XSC A | 
| Outes | 8-3 | Fisterra | 
Ligas de Veteranos, xornada 14
| Camariñas Vet | 0-1 | Baio | 
| Muros | 3-1 | Zas | 
| Cabana | 3-1 | Soneira | 
| Coristanco | 2-1 | San Román | 
| Dumbría | 2-1 | Xv. Bergantiños | 
| Castriz | 1-1 | Ponteceso | 
| Laxe | 7-0 | Nantón | 
| Bértoa | 2-0 | San Lorenzo | 
| Leiloio | 4-0 | Malpica | 
| At. Milagrosa | 6-0 | Camelle | 
| Erbecedo | 5-0 | Vimianzo | 
| Agualada | - | Buño | 
| Corcoesto | 3-0 | Cerqueda | 
| Porteño | 7-2 | Poniente | 
- Descansa Sofán.
- Corme - Dep. Carballo (0-3) trala baixa do Corme.
| A Piña | 5-1 | Sp. Seaia | 
| Peña Galicia | 0-7 | Sp. Brea | 
| Laxe | 2-5 | Cereo | 
| Valenza | 0-0 | Baldaio | 
| Cances | 5-2 | Rus | 
O Album de cromos do #FutboldaCosta
![banner-Album-Cromos-QPC]() 
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
	- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).