Xoves. 02.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Peor imposible

1ª Autonómica: Peor imposible
Noia-Esteirana-Fioto-Noia

Malas están sendo estas últimas xornadas para os equipos costeiros na 1ª Autonómica. E só temos que ver o apartado de Tendencias en www.futboldacosta.com para comprobar que 4 dos nosos equipos pechan a clasificación dos últimos 5 partidos. A Esteirana leva 5 partidos sen gañar, o Ponteceso leva unha vitoria nos últimos 6 choques, o Camariñas suma 4 puntos nas últimas 9 xornadas, e o Baio sumou o seu terceiro partido sen gañar.

Esta 15ª xornada, só o Camariñas conseguía sumar, e un punto que lle sabe a pouco. O Ponteceso caía ante un rival directo e ambos pechan a táboa. Así e todo, a cousa está moi igualada, e do pechacancelas ao 11º só hai 6 puntos.

A nota bonita da xornada tivo lugar en Noia, onde a Esteirana participaba na campaña solidaria do clube da Barbanza, e na rodaxe dunha documental.

A familia de Esteiro colaborou na campana solidaria do Noia

Cordeiro - Ponteceso (3-1)

  • PONTECESO: Eusebio, Javi Peón, Josito, Óscar Moscoso (Guille, min.78), Joshep, Alberto Recarey, Dani Cotelo (Iaguito, min.46), Tucho (Mendieta, min.46), Martín Puente, Dieguito e Bolón (Miki Pose, min.54).
  • Gol: 1-0, min.1; 1-1, min.11: Dieguito; 2-1, min.32; 3-1, min.56: de penalti.
  • Expulsado: Nando dende o banco (min.60) e ao delegado Manolo Recarey.
  • Lesión: Óscar Moscoso.

Segue gafado o Ponteceso. Tiña o equipo unha cita importantísima ante un rival directo, o Cordeiro, que tras vencer aos cadro pontecesán marcha con 4 puntos de vantaxe, sendo o equipo que marca a salvación.

Non xogou mal o Ponteceso, pero o Cordeiro foi superior, e ademais contou cunha arbitraxe provocadora que desconcertou aos pontecesáns. Dominou o cadro local durante a primeira metade, que xa se adiantaba sen cumplirse o primeiro minuto de xogo. O Ponteceso marcou na única xogada illada de ataque da primeira metade e o Cordeiro se metía de novo por diante á media hora.

Comezaba mellor colocado o Ponteceso na segunda. Pero xa no min.56 marcaba de penalti o Cordeiro e tivo que ir a remolque o Ponteceso, que mellorou, e asumiu o mando ante un Cordeiro que buscaba máis as contras.

A mellor opción para recurtar do Ponteceso chegaba a 10 do final cando Mendieta sufría un "sandwich" entre dous defensas pero o colexiado non quixo ver. Ademais, lesionábase Moscoso e tiña que entrar Guille, o meta suplente, pois Nando, o único xogador de campo suplente, fóra expulsado na xogada do discutido penalti dende o banco.

Noia - Esteirana (5-0)

Noia-Esteirana-Foto-Noia
  • ESTEIRANA: Manu, Roi (Juan, min.60), Serrano, Dani Rama, Sui, Uru (Raúl, min.46), Alex, Josiño, Adrián, Pabliño e Codesido.
  • Goles: 0-1, min.33: Trabash; 0-2, min.40: Mario; 0-3, min.48: Jorge; 0-4, min,60: Toni; 0-5, min.70: Toni.

Partido de rivalidade histórica para ambos equipos, de feito era moi esperado por ambos bandos e así se celebraba o domingo, como unha festa que arrancaba con actos beníficos de comida solidaria e regalo de chocolatada para aqueles que levasen algo. A Esteirana aportou variedade de produtos non perecedores, como contribución a esta iniciativa solodaria.

Ata aquí foi a aportación dos visitantes, pois unha vez comezou o choque, todo foi diferente. O Noia, un equipo de categoría superior mostrouse moi superior en todo momento. Ben plantado sobre o campo, con unha condición física moi superior e con calidade no trato do balón dominaron a primeira metade, sen excesivas ocasións pero bastoulle un córner para tras medio barullo, anotar o primeiro gol. Foi un contratempo para un equipo visitante moi novo que; estaba agardando no seu campo e pendente de aproveitar algunha oportunidade. Non foi así e uns minutos máis tarde volveu a aumentar distancia o Noia en xogada desgraciada, balón longo no q esvara un defensa da Esteirana e deixa ao lateral -noiés solo diante do porteiro baténdoo de forte disparo.

Con 2-0 chegamos ao descanso e xa no minuto 3 da reanudación, marcaban outra vez en combinación precisa, desarbolando a defensa visitante. Foi un contratempo máis que botaba por terra as escasas aspiracións da Esteirana. O Noia foi o absoluto dominador do partido, controlándoo do principio a fin, e poñendo o ritmo que lle interesab foi maniatando ao seu rival, o cal tiña moitas baixas, xogando con xuvenís e que nada puido facer ante un equipo de gran calidade colectiva. Con estas premisas se desenvolveu o resto do partido, con outra xogada dos locais por banda con pase atrás que remata no 4-0. No 70 poñíase o definitivo 5-0 con golazo de falta.

Mazazo para a Esteirana que necesita gañar para saír desta mala xeira de resultados, aínda que a tranquilidade está presente e sendo consciente do obxectivo principal de manter a categoría.

Destacar a masiva afluencia de público a unha festa do fútbol, con cordialidade total entre as afeccións e moi animosas durante todo partido.

Baio - Piloño (1-5)

  • BAIO: Anxo, Jose, Chema, Mario, Eloy, Yago, Brais, Bieito, Christian, Alberto, MC. No banco: Manuel, Ramón, Rubio, Canay, Valentín.
  • Goles: 0-1, min.51; 1-1, min.60: Brais tras unha xogada de MC; 1-2, min.75; 1-3, min.77; 1-4, min.89; 1-5, min.91.

Partido estrano, que remata cunha goleada inmerecida para un Baio que fixo un bo partido. A primeira metade foi bastante igualada, con algunha ocasión máis por bando visitante, pero sen demasiados apuros.
Na segunda chegaron os goles, cun Piloño que cada vez que chegaba, marcaba. Adiantábanse rápido pero o Baio conseguía acadar. A xogada clave chegou pouco despois, aínda con 1-1 no marcador e MC se prantaba só e marraba unha boa ocasión para meter por diante aos seus. E na contra, o Piloño facía o segundo e de contado o terceiro. Aínda houbo a un par de churros para meter unha goleada completamente inmerecida.

Camariñas - Unión (2-2)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Sergio, Manu, Sule, Moriño, Asier (Wii, min.80), Roi, Pirucho, Martín, Mario Toja e Javi (Paco, min.70).
  • Goles: 0-1, min.2; 1-1, min.30: Mario Toja; 2-1, min.40: Sule; 2-2, min.83.
  • Lesión: Brais que rompeu un dedo na man.

Empate que sabe a pouco en Camariñas. A pesar de ter 11 baixas fixo un gran partido o equipo de Berto. 2 caras distintas as que amosa o cadro camariñán entre o partido anterior e este. "Se temos a cara do Puebla, afundiremos; se temos a cara de hoxe, salvamos seguro".

Comezaba o partido cunha xogada na que o dianteiro visitante controlaba un balón ca man e marcaba. O Camariñas tomou o mando e foi mellor durante 85 minutos. Conseguiu dar a volta cos goles de Mario Toja e Sule antes do descanso.

Na segunda un par de ocasións de Martín puideron sentenciar, pero non acertou e o Unión conseguía empatar a 7 do final. Aínda lle quedou a Martín un balón franco pero tampouco acertou.

Arzúa - Malpica (3-2)

11 do Malpica en Arzua-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Abraham, Adrián (Alemán, min.56), Manuel Casal, Mario Casal (M. Maradona, min.79), David Castro, Fernando Varela, Óscar Suárez, Cheo, Abel (Neucha, min.61), Ismael (Eloy Cabeza, min.70), Juan oBello.
  • Goles: 0-1, min.10: Óscar Suárez aproveita un erro do porteiro local que non atalla un córner de Juan Bello; 1-1, min.35; 2-1, 50; 2-2, min.70: Óscar Suárez á media volta tras un centro de oBello; 3-2, min.77.
Capis e trio arbitral en Arzua-Foto-Luis Porto

Continúa a mala racha de xogo do Malpica. Teñen sempre uns comezos moi prometedores, pero pouco a pouco vai perdendo calidade no seu fútbol, sobre toda nas segundas partes, nas que non acaba de atopar un “líder” que serene o xogo no centro do campo. Na tarde de hoxe volveu a suceder mais ou menos o mesmo que fronte ao Cordeiro, e na que o CSD Arzúa só a base de balóns longos conseguiu aproveitar as facilidades que deron os malpicáns.

Arzua-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios