Comezo de marzo, tras unha semana de polémica entre as directivas do Fisterra e do Dumbría, que nos trae unha xornada completa de #futboldacosta. E por certo, como está o twitter futbolbeiro de activo ultimamente, e aproveitamos para agradecer a todos os que nos mandades os resultados en tempo real!!).
E comezamos a análise da xornada, unha xornada que deixaba 3 auténticos partidazos, un en cada liga Autonómica. E o facemos pola Preferente, onde os nosos non perderon nas respecticas e complicadas saídas. O Dumbría volvía coa maior recompensa cunha vitoria ante o Val que o achega de novo ao Xallas de Santa Comba. Un cadro xalleiro que empataba en Ribadeo, mantendo a distancia co equipo mariñao, pero deixando pasar a un Laracha que non fallaba ante o Viveiro. Quedan agora xalleiros 5º, con 42, e dumbrieses 6º con 39, a 7 e 10 puntos da 3ª praza, a que ocupa o Boiro. Un pouco máis abaixo, con 33, está o Soneira, que volvúa cun puntiño que sabe ben da Coruña, e que serve para manter a boa liña dos de Candamo.
O partidazo da 1ª Autonómica xogábase no Hermanas Patiño. O derbi entre camariñáns e fisterráns tivo moitas alternativas e rematou cun empate que lle sabe mellor aos verdes, que mantén así os 4 puntos de vantaxe sobre os de Berto. 2 puntos por abaixo do Camariñas segue o Ponteceso tras empatar na casa ante o Piloño, no que era unha gran oportunidade de saír dos postos de descenso e meter en problemas ao rival. Polo menos, o Malpica, na súa liga, fixo un favor aos 3 veciños, vencendo na casa do Laro que queda con 25 puntos, entre Camariñas e Ponteceso.
A xornada na 2ª Autonómica tiña os ollos postos no Platas Reinoso. Dous dos máis históricos clubes da bisbarra, e dous dos mellores equipos da categoría enfrontábanse situados na 2ª e 3ª praza con só un punto de diferencia entre ambos. E tras un partido de tanta intensidade coma respeto, o marcador non se movía e o Baio segue mantendo o seu punto de distancia sobre o Cee. Un empate que aproveitou a Esteirana para escapar un pouco máis no liderato. Os de Marcelo acabaron pedindo a hora ante o San Lorenzo pero xa sacan 7 puntos aos baieses e 8 aos ceenses a falta de 9 xornadas. Por abaixo, moitas vitorias dos máis necesitados. Cómpre destacar a vitoria do Montelouro, tras 4 derrotas consecutivas e acadar só 3 puntos nos últimos 16 partidos. Conseguiuno ante o pechacancelas, un Dumbría B se fe. Pero non lle serve de moito a vitoria aos loureáns, pois tanto o Mazaricos coma o Outes sumaban os 3 puntos, mentres que o Cabana sacaba un empate de San Andrés. As derrotas de Carnota, Buño e Volantes obríganos a ter moito ollo ca zona baixa.
En 3ª, o partidazo da xornada era o IDC-Camelle, cos dous equipos no máis alto. E a cousa quedou cunha gran vitoria xestada nuns tremendos primeiros minutos de partido cando á media hora o marcador xa sinalaba un claro 3-0 para os locais. Con esta vitoria quedan empatados carballeses e camelláns na primeira praza, se ben o golaverage é para os carballeses que ademais teñen un partido menos. O Porteño queda a 3 dos líderes tras vencer con comodidade ao Xaviña no derbi camariñán, único partido adiantado ao sábado. Pero houbo salientables sorpresas na loita pola promoción. O Cerqueda non pasaba do empate ante o Nantón, e cun gol nos últimos intres. O Soneira B tamén caía ante o Alcaián, igual que o Ameixenda ante o Corcoesto. Ademais o Laxe non pasaba do empate ante o Coristanco, mentres que no choque máis igualado, remataba en táboas entre Muxía e Baíñas co que todo queda igual, con 6 equipos en 8 puntos.
Nos Xuvenís, nunha xornada matutina, parece que a cousa vai collendo unha dirección. O Cabana ten pé e medio na Fase de Ascenso, tras reafirmarse no Conco como o equipo que está en mellor forma superando ao Dumbría por 1-2. O líder saca 4 puntos ao XSC, que vencía a un Ponteceso cheo de cadetes con tanteo de tenis, e o máis importante, 8 puntos ao Dumbría cando faltan 3 xornadas. O Malpica podía meterse 3º pero non conseguía pasar do empate ante un Fisterra que a pesar de perder todas as opcións segue competindo. Así, o XSC tamén ten boa parte do camiño feito. Nas Copas, a cousa segue igualada. No Gr.1, o Laxe sorprendía ao Baio mentres o Outes segue ao seu afundindo máis a un Muros que quere acabar a agonía canto antes. No Gr.2, o Cee ponse líder trala derrota do Coristanco ante un Corme que vai collendo enteiros. Mazaricos e Soneira loitarán por evitar esa última praza trala vitoria da Esteirana no Pino do Val.
Mala xornada para os nosos nas Ligas Galegas. En Cadetes, Bergan e Dumbría caían ante Deportivo B e Negreira, deixando o Dumbría a 3ª praza, que dá acceso á División de Honra, ao Ural. En Infantís, o Dumbría descansaba e o Bergantiños tamén caía ante o cadro branquiazul.
Preferente, xornada 27
Ribadeo
0-0
Xallas StComba
O Val
1-2
Dumbría
Silva
0-0
Soneira
1ª Autonómica, xornada 25
Ponteceso
2-2
Piloño
Laro
2-3
Malpica
Camariñas
2-2
Fisterra
2ª Autonómica, xornada 25
Montelouro
3-1
Dumbría B
Esteirana
3-2
San Lorenzo
Muros
4-5
Corcubión
Corme
2-1
Volantes
Sofán
4-3
Castriz
Carnota
1-5
Outes
Baio
0-0
Cee
Zas
1-1
Cabana
Mazaricos
1-0
Buño
3ª Autonómica, xornada 25
Xaviña
3-5
Porteño
Muxía
1-1
Baíñas
Corcoesto
3-0
Ameixenda
Alcaián
2-1
Soneira B
Laxe
0-0
Coristanco
Cerqueda
4-4
Nantón
Indep. Carballo
3-0
Camelle
Descansa Lira.
Fisterra B - Castrelo (0-2) por retirada do filial fisterrán.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Falega Xuvenil, xornada 7
Xallas StComba
6-1
Ponteceso
Dumbría
1-2
Cabana
Fisterra
5-5
Malpica
Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 7
Muxía
3-3
Camariñas
Baio
0-4
Laxe
Muros
1-5
Outes
Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 7
Mazaricos
2-3
Esteirana
Cee
4-0
Soneira
Corme
4-1
Coristanco
Liga Galega Cadete, xornada 24
Negreira
3-0
Dumbría
Bergantiños
1-4
Deportivo B
Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 4