Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Cabana destácase mentres Fisterra e Ponteceso caen

Xuvenís: O Cabana destácase mentres Fisterra e Ponteceso caen

Repasamos unha semana máis estas segundas fases das ligas xuvenís, que cada día collen máis intensidade. Iso si, e antes de repasar por ligas, haberá que estar atentos aos movementos, pois o Dumbría interesouse no fisterrán Bruno creando malestar na familia de Ara Solis. De feito, aí queda a carta aberta que a directiva da SD Fisterra lle manda ao Dumbría.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuv., xornada 6

Destácase o Cabana na Fase dos de arriba tras superar ao Fisterra nun vibrante partido no que a seriedade local foi clave. Os de Carracedo sitúanse con 5 puntos sobre o 2º, XSC, e 6 sobre o 3º, o Dumbría, tendo case que medio pé na Fase de Ascenso.

Non o porán fácil o Xallas de Santa Comba, o Dumbría eo Malpica, se ben Fisterra e Ponteceso xa están practicamente descartados. Os dumbrieses superaban sen problemas a un Ponteceso cheo de cadetes, mentres que Malpica e XSC protagonizaban o choque máis intenso da xornada, que deixa ao Malpica a só 3 dos xalleiros, e desa 2ª praza que dá opción á fase.

Malpica - Xallas StComba (1-1)

Os capis do Malpica-XSC-Foto- Luis E Porto
  • MALPICA: Jesús, Víctor Novo, Canario, Lexi, Joro (Almeida, min.68), Kevin (Miguel Ángel, min.89), Eme, Guille (Aitor, min.61), Martín Maradona, Pitís (David, min.90), Diego.
  • XSC: Iván Couto, Cristian, Alberto, Josito (Cristian Torres, min.69), Roberto (Yordi, min.84), Fabián (Tefy, min.80), Miki, Maneiro, Steven, Iván Pastoriza (Sergio, min.88), Landeira.
  • Goles: 0-1, min.65: Iván Pastoriza aproveita que un balón que se lle escapa ao meta local; 1-1, min.72: Eme de penalti por mans.
Xallas de Santa Comba Xuvenil en Pedra Queimada-Foto- Luis E Porto

Partido moi disputado en Pedra Queimada entre dous equipos que se viran as caras apenas hai dúas semanas, e no que o Malpica freaba un comezo fulgurante dos xalleiros. O sábado, o cadro malpicán foi lixeiramente superior e foi o que máis buscou a vitoria, se ben este Xallas é un gran equipo, moi ben armado, pero que sufriu a baixa de Marquiños que estará varias semanas fóra do céspede por unha lesión muscilar.

Primeiro tempo equilibrado sen apenas chegadas, salvo unha que salvou Iván Couto a tiro de Pitís, e unha de Landeira a un centro de Cristian.

A segunda comezaba algo máis afiada, cun Malpica levando máis o peso. Pero adiantouse o Xallas tras un erro do meta local, que deixa o balón morto para que Iván Pastoriza abra o marcador. Pero pronto empatou de penalti o Malpica por unhas mans dentro da área. Tamén pediu o Xallas un penalti por mans na área malpicá pero o colexciado non o viu.

O Malpica volcouse na parte final con balóns finais, pero a mellor ocasión chegou nos últimos instantes nunha contra dos visitantes que parou o meta local cans mans fóra da área pero non foi expulsado. Antes, M. Maradona, tras un bo pase de Pitís, tivo o gol da vitoria pero salvou no man a man Iván Couto.


Ponteceso - Dumbría (0-5)

Imaxe do Ponteceso-Dumbría-Foto- Santi Diaz
  • PONTECESO: Guille, Diego, Fabián, Joseph, Dani Valle, Isma, Iago, Dani Cotelo, Iago Baiñas, Eloy. Xurxo, Ismael, Adrián, Pablo, Diego Tallo.
  • DUMBRÍA: Jose María (Maikel Cambeiro, min.75), Roi, Denís (Dito, min.55), Cabana, Jose, Adrián Alcaina, Samuel, Miki, Javi (Kevin, min.60), Israel (Lucas, min.50) e Martín (Alex Siaba, min.65).
  • Goles: 0-1: Adrián Alcaina; 0-2: Samuel; 0-3: Javi; 0-4: Javi; 0-5: Alex Siaba.
O Ponteceso recibia a copa de Campion da Liga Regular-Foto- Santi Diaz

Partido sen historia no Pinguel, unha vez que o Ponteceso desbota esta liguilla e meteu un equipo cheo de cadetes, pensando no ano que vén, e deixando que os habituais no primeiro equipo non se desgasten.

O Dumbría, moi emtregado, sentenciou pronto e goleou con facilidade.

Ponteceso-Dumbria-Foto- Santi Diaz

Cabana - Fisterra (4-1)

Cabana-Fisterra-Foto- Santi Diaz
  • CABANA: Adri, Dani, Duda, Samu, Laik, Pablo, Aless, Cristian Fuentes, Moreno, Iván. Tamén xogaron: Raúl, Sergio, Alex F., Martín e Jonathan.
  • FISTERRA: Ángel, Moisés, Manuel Suárez, Cartamil, Rubén, Jose Manuel, Javi, Pazos, Abel, Hidalgo e Pichel. Tamén xogaron: Noé, Josema, Adrián.
  • Goles: 0-1, min.5: Samu en propia porta ao intentar despexar un centro de Javi; 1-1, min.10: Álex rouba dentro da área e define ante a saída do porteiro fisterrán; 2-1, min.35: Duda, libre de marca, cabecea un gran centro de Aless; 3-1, min.55: Cristian Fuentes define no man a man ante o gardameta visitante tras un gran pase de Iván; 4-1, min.75: Rubén en propia meta.

No encontro do sábado, o Cabana demostrou porque é o líder desta liguilla. Foi un partido resolto relativamente con bastante facilidade polo conxunto nerazzurri, a pesar do gol visitante inicial. Pero os rapaces cabaneses, conseguiron darlle á volta o encontro desplegando un gran fútbol, ante un equipo plagado de baixas.
Comezou gañando o equipo fisterrán cun gol de Samu en propia porta, ao intentar despexar un centro de Javi. Pero pronto empataría o equipo das Redondas, Álex rouba un balón dentro da área e define perfectamente ante o porteiro visitante. Terían a opción os da vila da fin do mundo de volver poñerse por diante, gran pase de Hidalgo a Manute pero o man a man sería resolto por Adrián sin dificultades.

Chegada a media hora de partido, un gran centro de Aless sería rematado impecablemente por Duda, para facer o 2 a 1. A partir desto o partido sería un camiño de rosas para os locais ante a impotencia dos fisterráns. Unha gran xogada individual de Cristian, auguraba o terceiro para os cabaneses pero disparo final vaise rozando o longueiro. Antes do descanso, Duda xa celebraba o seu doblete pero José Manuel foi quen de sacar o balón en línea de gol.

Na segunda metade, veríase máis do mesmo un gran Cabana que facía o 3 a 1 nada máis comezar por medio de Cristian tras un gran pase de Iván. A partir desto, o Cabana tocaba e tocaba sin dar opcións á SD Fisterra. Aless tería a opción de facer o cuarto pero tiraría o boneco. Teríamos que esperar ao minuto 84 para ver o último gol da tarde, faríao o central Rubén en propia porta. Vitoria clara e xusta para o líder, que suma e sigue.
Gustaríame destacar un xogador visitante, que cada vez que toca o balón fai disfrutar os espectadores coa súa gran calidade e que dará moito que falar no fútbol costeiro, e ese non é outro que Cristian Hidalgo.

Cabana-Fisterra-Foto- Ana Mendez

Liguilla da Copa da Costa, Gr. 1, xornada 6

A vitoria do Outes ao Baio é a nova máis destacable da xornada 6ª no Gr.1 da Copa. Os da Serra seguen fortísimos e superaban con firmeza ao favoritido grupo, o Baio, por 4-2, nun choque moi disputado.

Ambos seguen liderando a táboa, agora co Outes 3 puntos por diante, e 5 sobre o Camariñas, que segue demostrando o seu bo estado de forma, vencendo ao Muros. O Laxe vencía rotundamente a un Muxía en cadro, polo que xa case definitivamente parece que muxiáns e muradáns se xogarán non quedar na última praza.

Liguilla da Copa da Costa, Gr. 2, xornada 6

Parou o ritmo o Cositanco en Esteiro. Os blaugranas non permitiron, no único partido xogado o domingo, que os coristanqueses crearan ocasións, e iso que estaban máis frescos do habitual pois tocaba descansar na 3ª e xa saben que moitos dos xuvenís xogan co primeiro equipo.
A só 2 puntos sitúase o Cee, que comeza a segunda volta ben centrado e goleaba ao Corme cunha gran segunda metade, remotando o gol inicial de Aitor, cos tantos de Juan, Tebo, Cibrán (2) e Lamela.

O partido máis importante da xornada xogábase en Vimianzo. Soneira e Mazaricos terán que loitar, coa Esteirana, por evitar esa 6ª praza que supón a eliminación dos oitavos da Copa. Os amarelos devolveron o 1-3 da primeira volta aos vimianceses, devolvendo a estes á última praza, pero só con 2 puntos de diferencia.

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios