Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Dura carta aberta da SD Fisterra ao CF Dumbría

Dura carta aberta da SD Fisterra ao CF Dumbría
Carta aberta do Fisterra ao Dumbria

Envía hoxe un comunicado a SD Fisterra unha carta aberta dirixida ao Dumbría CF. Unha carta dura, sen miramentos, dunha directiva das canteiras máis produtiva da Costa da Morte.

Carta aberta da SD Fisterra ao CF Dumbría

Xa estamos fartos da vosa prepotencia, xa estamos cheos das vosas malas formas, chupástesnos o sangue e agora queredes chuparnos hasta os osos, como di o refrán... a can flaco todo son pulgas.

As nosas formas

Verán de 2012, a S.D.Fisterra, quere recuperar a dous xogadores para a tempada 12/13, o director deportivo do C.F. Dumbria, erre que erre, non hai carta de liberdade, chamamos a directiva do equipo, unhas 20 veces, e despois de vinte días conseguimos a carta de liberdade dos xogadores, sen necesidade de mandar a ningún xogador, nin a familia a suplicar a carta de liberdade do seu fillo, sobriño, irmán… e previo pago da súa correspondente ficha.

As vosas formas...

Ata este ano + de 40 rapaces de Fisterra ficharon por vos, e en ningún, repetimos, ningún dos casos se puxeron en contacto ca directiva do Fisterra para chegar a un acordo sobre os nenos ou simplemente notificarlle o desexo de contar con estes nenos.

No mes de xaneiro ficharon dous xogadores do noso equipo “b”, certo que ó dar de baixa o equipo estos xogadores quedaron en liberdade, pero a mutualidade destes xogadores pagámola nos, polo menos debiades ter a delicadeza de reintegrarnos o importe das mesmas como nos fixemos con vos.

Non contentos con todo isto a semana pasada vennos un xuvenil pedindo a carta de liberdade que disque lle ofrecedes “el oro y el moro”. Que ética tedes? Debilitar un equipo de xuvenis que esta inmerso na competición de ascenso a liga galega e o cal é rival directo voso? Que ética tedes? Un xogador con ficha no Fisterra, xogando no Fisterra e resulta que leva una semana entrenando con v´ps?….

Un club señor como o voso, tan señorial, tan rico, tan ven organizado e resulta que…. facedes todo ó “falso”, ó “zorro”. Non sabedes que existen as directivas para poñerse de acordo? Polo menos unha simple chamada. Tedes tantos cartos para ofrecerlles e levarnos os xogadores e non tedes cartos para pagarnos as mutualidades.

Creemos que tendes que ter mais consideración cas directivas dos outros equipo, esas directivas estan facendo un duro traballo cos nenos para que despois veñades vos e vos aproveitedes dese traballo…

Que si, que xa sabemos que en moitos casos os nenos van para una liga superior, o cal nos non nos negamos, simplemente pedimos que se nos teña en consideración e que se nos recoñeza o noso traballo, é todo tan fácil coma una simple chamada de teléfono.

E o que máis nos fastidia e que os responsables sodes xente de Fisterra. Actualmente tedes mais de 25 xogadores de Fisterra e casi todos de categorías inferiores, non vos parades a pensar que estades a poñer en perigo a nosa canteira, un simple apunte, para a próxima tempada o equipo de cadetes contara con tan so 9 xogadores, sen contar os que posiblemente viñades a buscar este verán… xa nos diredes como podemos seguir co noso traballo si nos chupades todo o sangre, dádenos una tregua…

En fin… vos mesmos…

  • Asdo. Directiva da SD Fisterra.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios