Resultados do fútbol costeiro neste comezo de novembro

Nova xornada de fútbol da Costa xa coa noite case que como protagonista. Nunha fin de semana ademais onde o fútbol da Costa volveu demostrar o seu apoio ao xogador do Pereiriña Gabri, que segue recuperándose no hospital. As ducias de felicitacións que lle están a achegar dende todos os puntos da bisbarra dan conta da unión do fútbol costeiro nestas vicisitudes.

Xa no eido deportivo, comezamos o repaso pola Preferente onde só sumou o que máis o necesitaba. O Soneira podía cun Boiro na zona alta, facendo ademais un favor ao Santa Comba, que non pasou do empate ante o Val, no que era a priori un encontro fácil para os laranxas. Dumbría e Xallas caeron e xa demostraron un lixeiro baixón tras un fantástico comezo de campaña.

Na , boas novas para o Ponteceso, que sae do Pozo, pero non para o Cee, que segue sufrindo carencia de remate e volveu perder ante o Cariño, un rival directo.

Resultados novedosos na Liga da Costa. Se ben o Camariñas non perdoou en Zas, o Club do Mar non foi quen de sacara nada positivo de Ara Solis, ante un Fisterra que mellora e mellora. Ponse de segundo xa o Muros, tras vencer ao Baio sen facer demasiado pero si con solvencia como nas últimas semanas. O Dumbría B perde fol e caía ante un Sofán que tamén vai cara arriba.
Por abaixo, importantísima vitoria do Corcubión en Mazaricos para non afundirse definitivamente, e nova derrota do Pindo, desta volta ante un da súa liga, o San Lorenzo. Sorprendeu tamén a vitoria do Buño no derbi co Malpica.

A xornada na chegaba cun encontro clave, no que o Montelouro desfíxose don Outes con relativa facilidade e lle saca do liderato. É agora o Coristanco, que non perdoaba ante o Alcaián, o líder por diante de muradáns e da Serra. Pero o Cabana vén pegado, ao igual que o Carnota.

Preferente, xornada 11

Narón 2-1 Dumbría
Bertamiráns 3-0 Xallas
Santa Comba3-3 O Val
Soneira 3-2Boiro

1ª Autonómica, xornada 10

Ponteceso 4-3 Atl. Riveira
Cariño 2-1 Cee

2ª Autonómica, xornada 10

Fisterra 3-2 Club do Mar
Malpica0-1 Buño
Dumbría B0-1 Sofán
Zas 1-2 Camariñas
Muros 2-0 Baio
San Lorenzo 2-0 O Pindo
Mazaricos 0-1 Corcubión
Nantón 2-2 Castriz
Esteirana3-2Corme

3ª Autonómica, xornada 13

Lira 0-3 Carnota
Laxe 4-0 Camelle
Atl. Pereiriña 1-1 Cerqueda
Volantes2-2 Porteño
Cabana 3-1 Soneira B
Xaviña 2-3 Fisterra B
Muxía 1-3Indep. Carballo
Coristanco 5-1 Alcaián
Montelouro3-0 Outes

Liga Nacional Xuvenil, xornada 8

Bergantiños 7-2 Rápido Bouzas

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 8

Corcubión 7-1Muros
Mazaricos 2-1 Dumbría
Outes 0-2Santa Comba
Soneira 2-5 Esteirana
Cee 2-2 Fisterra

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 12

Laxe0-5 Ponteceso
Camariñas 2-0 Malpica
Dumbría B 8-1 Coristanco
Corme1-0Muxía
Zas 2-3 Cabana

División Honra Cadete, xornada 8

Bergantiños 1-4 Lugo

2ª Cadete, xornada 10

Cee 3-1 Soneira
Ponteceso 1-5 Esteirana
Muxía 3-4 Coristanco
Zas 4-3 Porteño
Camariñas 1-3 Baio
Muros 2-6 Cabana
Malpica 0-7 Dumbría
Outes 2-2 Santa Comba

2ª Infantil, xornada 10

Dumbría 5-0 Santa Comba
Cee9-0 Muxía
Corme 3-6 Ponteceso
Esteirana 5-3 Fisterra
Con. de Carnota 8-0 E.M.F. Vimianzo
As Baleas 0-2 Outes
Baio5-3 E.D. Os Miudos

Ligas de Veteranos, xornada 9

1ª División

Cabana 2-2 Nantón
Vimianzo 2-5 San Román
Castriz 2-0 Bértoa
Baio 0-3 Ponteceso
Bergantiños 1-0 San Lorenzo
Xv. Bergantiños 4-0 Buño
Camariñas 2-2Zas

2ª División

Dep. Carballo 0-3 Muros
Sofán 2-1 Leiloio
Agualada 0-2 Malpica
Corcoesto1-1 Cerqueda
At. Milagrosa 3-4 Soneira
Corme 2-6Club do Mar
Camelle 1-1 Porteño

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).