Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: En postos de descenso

1ª Autonómica: En postos de descenso

Miramos hoxe a táboa da 1ª Autonómica e vemos aos Cee e Ponteceso pechando a clasificación. Con 7 puntos, os equipos costeiros quedan ocupando os dous postos de descenso, logo da derrota do Pontedceso en Villestro, e o empate do Cee ante o Estudiantil, dous doss que serán, por certo, rivais directos por evitar o descenso.

Así e todo, a distancia co 10º clasificado é de 3 puntos, polo que cómpre non desesperar, que hai moita liga por diante.

Villestro - Ponteceso (2-0)

  • Ponteceso: Norberto, Dani Pallas, Nando (Adrián, min.75), David, Tucho, Fabián Alberto (Jorge, min.75), Mendieta (Guille, min.85), Toniño, Rubio (Mendieta xuv, min.88), Luisete
  • Goles: 1-0, min.60; 2-0, min.75.

Segue sen sorte este Ponteceso de Berto, que na xornada dominical caía no campo dun recén ascendido que se está a facer forte na casa. O respeto e o medo a perder foron os predominantes no primeiro tempo, moi soso en canto a fútbol. Se ben Toniño tivo unha inmellorable ocasión para adiantar aos seus, pero marrou case sen porteiro.

Comezou ben a segunda metade o cadro de Berto que subíu liñas e foi polo partido. Pero cando mellor estaba, un tanto dos locais á saída dun córner foi unha estocada imposible de solucionar. Unha contra sentenciou o choque que deixa aos pontecesáns en

Cee - Estudiantil (0-0)

  • Cee: Parroto, Rubén Fiuza (Jorge, min.72), Luis, Julio, Rafa, Fermín (Diego, min.64), Piquero (Víctor, min.87), Fer (Penedo, min.55), Tasky, Ángel, Nico.
  • Expulsión: Rafa por doble amarilla (min.86).

Segue sen explocar este Cee, que ante un rival directo non soubo machacar o partido. A primeira metade transcorreo sen un dominador claro, cunha soa ocasión para os locais nos pés de Angeliño, que marrou diante do porteiro.

Buscaba máis o gol o Cee tralo descanso, e volveu ser Ángel o protagonista. Diego Cespón tamén tivo unha boa ocasión, pero non tiveron fortuna as mediapuntas ceenses.

E o partido puido caer de lado visitante de non ser porque marraron unha ocasión xa con Parroto batido contra o final. Un puntiño e a seguir traballando, que sumar é clave.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios