Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Unha xornada marcada

3ª Autonómica: Unha xornada marcada
A xornada da 3ª e do fútbol da Costa estivo marcada polo incidente vivido no campo de San Pedro de Refoxos. Aló, o xogador do Pereiriña Gabri, tras sufrir un golpe na cabeza, tivo que ser trasladado ao Hospital da Coruña, onde aló segue en proceso de recuperación. O fútbol da Costa segue pendente da súa evolución, pois haberá que esperar cando menos ata o mércores para ver se mellora. A familia de QPC envía un forte alento a toda a familia, ao Pereriña e a todo o fútbol da Costa desexando ver o máis rápido posible a Gabri fóra do Hospital e vestido de curto. O martes volve a Liga, pero o encontro do Pereiriña contra o Independiente Carballo suspéndese por motivos evidentes.

Montelouro - Alcaián (4-1)

  • Montelouro: Jose, Pablo, Juan, Canelo, Álvaro, Chema, Chumi, Dani (Fernando, min.60), Geiko (Denís, min.35), Pesco (Raúl, min.50), Rico (Germán, min.55).
  • Alcaián: Rizos, Pombo, Luisito, Negreira, Víctor, Víctor II, Iván, Daviciño, Roberto, Nando, Pío. Tamén xogaron: Andrés, Diego, Tote.
  • Goles: 1-0, min.20: Rico; 2-0, min.25: Geico; 3-0, min.30: Chumi; 3-1, min.50: Pombo; 4-1, min.70: Chumi.
Este Montelouro non perdoa e en media hora xa sentenciara o choque ante un Alcaián do que se esperaba máis. Os visitantes apretaron ao comezo da segunda metade, tendo moi bos 15 minutos, pero o tanto de Chumi fixo que baixaran os brazos e se deixaran levar ata o final do partido.

Atl. Pereiriña - Soneira B (0-4)

  • Atl. Pereiriña: Adrián (Simón, min.56), Fiuza, Gabi (Riki, min.28), Javichu (Javi, min.75), Mateo, Mario (Grille, min.81), Álex, Mario Brens, Rafa, Néstor (Víctor, min.45), Poki.
  • Soneira B: Víctor (Antonio, min.81), Marquitos, Jemisa (Chuchi, min.83), Alberto, Curra, Dani (Pichón, min.90), Mayor, Quilmes, Figueroa (Cristian Canosa, min.57), Capote, Ricardiño (Félix, min.75).
  • Goles: 0-1, min.30: Capote. 0-2, min.55: Ricardiño. 0-3, min.75: Quilmes. 0-4, min.87: Félix.
Encontro marcado polo incidente de Gabri, malia que o xogador ceense seguiu xogando tralo choque e mesmo non foi cambiado ata uns minutos despois. Só foi cando estaba na bancada cando decidiu ir, coa súa nai, ata o Hospital xa que se mareaba lixeramente. O partido, polo tanto, seguiu como se nada, e apenas se enteiraron da gravidade os compañeiros ata un par de horas despois. Respecto ao partido, o Soneira matou o choque tralo descanso, tras unha primeira metade máis igualada, na que a pegada dos soneiráns foi clave.

Xaviña - Carnota (1-4)

  • Xaviña: Pablo, Gallego, Sergio, Chapu (Elvis, min.35) (Brion, min.75) Maikel, Caamaño, Juan Antonio, Búa, Ángel (Rubén, min.75), Frutos, Martín.
  • Carnota: Peipo, Boni, Pedro (Urko, min.75), Manolo Chousa, Tono da Caixa, Manuel Luís, Rodrigo, David Brea, David Castreje (Pumuki, min.40), Manoliño (Raúl, min.75), Casti.
  • Goles: 0-1, min.10: Casti; 1-1, min.15: Martín; 1-2, min.55: Casti; 1-3, min.65: Manoliño; 1-4, min.85: Casti.
Partido frouxo cun resultado que puido se se cadra máis abultado. I é que a defensa camariñá estivo mal e deixou moitos ocos ás espaldas que os rápidos Casti e Manoliño, dianteiros de outras categorías, non desperdiciaron. Os de Cambeiro seguen mellorando e achegándose á zona de arriba, onde se lles espera estar no treito final.

Muxía - Fisterra B (1-0)

  • Muxía: Ángel Luís, Carrera, Martinciño, Currás, José Manuel, Pataca, Angel do Claudio, Giro, Albertiño, Juny, Raúl (José Ignacio, min.46)
  • Fisterra B: Ángel, Dudo (Diego, min.81), Jorge (Manu, min.80), Pablo, Didier Matalobos (Eloy Sar, min.38), Eddy, Rubia, Tano (Pirri, min.58), Carlos, Rubén Insua, Juanjete (Santi, min.58)
  • Goles: 1-0, min.70: Albertiño de falta (directa ou indirecta?).
Protestaron os fisterráns que o tanto local chegou nunha falta na que o colexiado tiña a man erguida en sinal de libre indirecto. Pero Alberto lanzou directo, Ángel non se moveu e cando ía coller o balón para sacar de porta o colexiado sinalou o centro do campo. A xogada clave tivo lugar faltando 20 minutos, pero o encontro mantivera moitas alternativas e no canto de 0-0 o marcador podería ser tranquilamente un 5-5. Pero aí estaban por porteiros, protagonistas onte en Arliña.

Coristanco - Indep. Carballo (1-1)

  • Coristanco: Gonzalo, Castro, Oscar, Germán, Marcos, Pazos, Sergio, Luís, Arantón, Toniño e Benítez.
  • Independiente: Upi, Rubén, Míchel (Toni), Dani, Carlos (Iván Lorenzo), Ivi, Cholo, Sande (Brais), Bryan (Efrén), Juny, Gustavo.
  • Goles: 0-1, min.25: Toniño; 1-1, min.47: Juny.
Partido de poder a poder na que se pode dicir que o empate é xusto, malia que os locais controlaron máis o partido e as mellores ocasións. Como o penalti que fallou Toniño co 1-1 a falta de media hora, que puido significar a puntilla. Tras unha primeira metade igualada, con gol de Toniño, o Independiente colleu algo despistado ao Coristanco á volta do descanso e Juny facía a igualada. Intentáronno os locais durante moitos minutos pero non estiveron acertados cara gol.

Volantes - Cerqueda (2-2)

  • Volantes: Masu, Fran (Edu, min.80), Josiño, Maikel (Mou, min.65), Paky (Javi, min.65), Ramón, Nimo (Piru, min.75), Brais, Seluco, Piti, Ivi (Pardelo, min.75).
  • Cerqueda: Che, Róber, Javi, Juan, Javi Pazos, Dani, Santi, Lorenzo, Manu (Álex, min.55), Dieguito, Dani Añón.
  • Goles: 0-1, min.36: Lorenzo; 1-1, min.44: Brais cunha volea ao borde da área; 1-2, min,47: Diego; 2-2, min.70: Mou tras un rexeite.
  • Lesión: Dieguito tivo que ir ao Santa Teresa por unha posible rotura de peroné ou algo grave. Tivo que chegar a ambulancia e o encotrno estivo 20 minutos parados.
Partidazo en Miraflores entre un cadro muradán cunhas individualidades sobresaíntes, e un Cerqueda que este curso aspira a todo. A primeira metade foi para os malpicáns pero na segunda mellorou o Volantes, que buscaba a calidade dos Piti e Seluco arriba, así como os balóns parados botados por Brais. A igualdade foi tan patente como amosa o resultado. O partido estivo parado 20 minutos e ata a ambulancia tivo que entrar a buscar a Dieguito que pode ter ata unha rotura de peroné.

Corcoesto - Porteño (1-1)

  • Corcoesto: Siro, Miguel (Pablo, min.55), Edelmiro, Germán, Rodri, Uru, Luisiño, Longo (Lista, min.70), Javi (Pichón, min.80), Couto (Xavi, min.75), Martín (Miguel, min.65).
  • Porteño: Asiel (Jimmy, min.70), Pejo, Piti, Iago Carril, Brais, Asier (Pablo de Quintáns, min.65), Cousillas, Iaguito (Pablo de Santacristiña, min.46), Tajes (Maikol, min.46), Oscar, Wii (Sergio de Vilaseco, min.60).
  • Goles: 0-1, min.2: Wii nun remate tras un balón á espalda; 1-1, min.35: Rodrigo lanzou unha falta e tocou en Wii e foi para adentro.
  • Expulsión: o xogador do Porteño, Pejo, por doble cartón.
Partido soso e o empate xusto, nun dos peores partido da tempada dos camariñáns e no que o Corcoesto ata puido quedar cos 3 puntos, malia que lle segue costando definir cara gol. Así e todo, un empate contra un dos que van estar arriba, é un bo resultado para os locais. Comezou ben o cadro da Ponte pero tralo gol do empate, con algo de sorte, dos locais, non acabaron de reaccionar. A segunda metade foi máis sosa, e sen demasiado fútbol.

Laxe - Lira (5-1)

  • Laxe: Jacobo, Jacinto (Iván Ventura, min.75), Aarón (Darío, min.46), Jaja, Antonio Castro (Antonio Naya, min.75), Adán, Rubén (Illote, min.40), Felipe (Martín Rivera, min.46), Samuel, Iván, Zurich.
  • Lira: Santi, Ángel, Yeray, Fernando, Michi, Suso Patachín, Fran Petete, Gabriel, Ancho, Iago, Fran Perico. Tamén Álvaro e Geno.
  • Goles: 1-0, min.20: Zurich de penalti; 2-0, min.35: Zurich; 3-0, min.55: Antonio Castro de penalti; 4-0, min.65: Martín Rivera; 5-0, min.70: Samuel.
  • Expulsión: o metal local Jacobo, no min.40.
Primeira metade frouxa polos dous bandos pero cun Laxe que ten unha marcha máis. Os lirachos, con moitas baixas, e sen porteiro, con Santi, un lateral na meta, non acaban de coller o pulso á competición e non puideron nin contra 10. mentres que os laxenses, mentres agardan polas eternas obras do campo de fútbol, seguen con ilusión de entrar entre os 6 primeiros.

Cabana - Camelle (4-1)

  • Cabana: Añón, José, David, Jacobo, Eloy García (Óscar, min.70), Eloy Pereira (Diego, min.55), Jandro, Adrián (Tebo, min.65), Josiño (Fernando, min.67) Fran Martuxa (Fran Fariña, min.70), Rubén Rama.
  • Camelle: Carlos, Cristian, Mauri, Coruña (Alvaro Pantera, min.46), Adrián, Iván, Valiña, René, Sergio (Buri, min.70), Mario e Barreiro.
  • Goles: 1-0, min.20: Rubén Rama; 2-0, min.25: Rubén Rama; 3-0, min.35: Josiño; 3-1, min.40: Iván; 4-1, min.55: Rubén Rama.
  • Lesión: Coruña por problemas musculares.
Moi superior o Cabana ante un Camelle que segue acumulando baixas. Pese encaixar 3 goles os locais aínda amosaron boa cara na primeira metade, pero na segunda baixaron moito o ritmo. Os de Pablo Mallón seguen na zona alta, ademais de ver como Rubén Rama vai poñéndose en forma.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios