Nova xornada de fútbol da Costa xa coa noite case que como protagonista. Nunha fin de semana ademais onde o fútbol da Costa volveu demostrar o seu apoio ao xogador do Pereiriña Gabri, que segue recuperándose no hospital. As ducias de felicitacións que lle están a achegar dende todos os puntos da bisbarra dan conta da unión do fútbol costeiro nestas vicisitudes.
Xa no eido deportivo, comezamos o repaso pola Preferente onde só sumou o que máis o necesitaba. O Soneira podía cun Boiro na zona alta, facendo ademais un favor ao Santa Comba, que non pasou do empate ante o Val, no que era a priori un encontro fácil para os laranxas. Dumbría e Xallas caeron e xa demostraron un lixeiro baixón tras un fantástico comezo de campaña.
Na 1ª, boas novas para o Ponteceso, que sae do Pozo, pero non para o Cee, que segue sufrindo carencia de remate e volveu perder ante o Cariño, un rival directo.
Resultados novedosos na Liga da Costa. Se ben o Camariñas non perdoou en Zas, o Club do Mar non foi quen de sacara nada positivo de Ara Solis, ante un Fisterra que mellora e mellora. Ponse de segundo xa o Muros, tras vencer ao Baio sen facer demasiado pero si con solvencia como nas últimas semanas. O Dumbría B perde fol e caía ante un Sofán que tamén vai cara arriba.
Por abaixo, importantísima vitoria do Corcubión en Mazaricos para non afundirse definitivamente, e nova derrota do Pindo, desta volta ante un da súa liga, o San Lorenzo. Sorprendeu tamén a vitoria do Buño no derbi co Malpica.
A xornada na 3ª chegaba cun encontro clave, no que o Montelouro desfíxose don Outes con relativa facilidade e lle saca do liderato. É agora o Coristanco, que non perdoaba ante o Alcaián, o líder por diante de muradáns e da Serra. Pero o Cabana vén pegado, ao igual que o Carnota.
Preferente, xornada 11
| Narón | 2-1 | Dumbría |
| Bertamiráns | 3-0 | Xallas |
| Santa Comba | 3-3 | O Val |
| Soneira | 3-2 | Boiro |
1ª Autonómica, xornada 10
| Ponteceso | 4-3 | Atl. Riveira |
| Cariño | 2-1 | Cee |
2ª Autonómica, xornada 10
| Fisterra | 3-2 | Club do Mar |
| Malpica | 0-1 | Buño |
| Dumbría B | 0-1 | Sofán |
| Zas | 1-2 | Camariñas |
| Muros | 2-0 | Baio |
| San Lorenzo | 2-0 | O Pindo |
| Mazaricos | 0-1 | Corcubión |
| Nantón | 2-2 | Castriz |
| Esteirana | 3-2 | Corme |
3ª Autonómica, xornada 13
| Lira | 0-3 | Carnota |
| Laxe | 4-0 | Camelle |
| Atl. Pereiriña | 1-1 | Cerqueda |
| Volantes | 2-2 | Porteño |
| Cabana | 3-1 | Soneira B |
| Xaviña | 2-3 | Fisterra B |
| Muxía | 1-3 | Indep. Carballo |
| Coristanco | 5-1 | Alcaián |
| Montelouro | 3-0 | Outes |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 8
| Bergantiños | 7-2 | Rápido Bouzas |
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 8
| Corcubión | 7-1 | Muros |
| Mazaricos | 2-1 | Dumbría |
| Outes | 0-2 | Santa Comba |
| Soneira | 2-5 | Esteirana |
| Cee | 2-2 | Fisterra |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 12
| Laxe | 0-5 | Ponteceso |
| Camariñas | 2-0 | Malpica |
| Dumbría B | 8-1 | Coristanco |
| Corme | 1-0 | Muxía |
| Zas | 2-3 | Cabana |
División Honra Cadete, xornada 8
2ª Cadete, xornada 10
| Cee | 3-1 | Soneira |
| Ponteceso | 1-5 | Esteirana |
| Muxía | 3-4 | Coristanco |
| Zas | 4-3 | Porteño |
| Camariñas | 1-3 | Baio |
| Muros | 2-6 | Cabana |
| Malpica | 0-7 | Dumbría |
| Outes | 2-2 | Santa Comba |
2ª Infantil, xornada 10
| Dumbría | 5-0 | Santa Comba |
| Cee | 9-0 | Muxía |
| Corme | 3-6 | Ponteceso |
| Esteirana | 5-3 | Fisterra |
| Con. de Carnota | 8-0 | E.M.F. Vimianzo |
| As Baleas | 0-2 | Outes |
| Baio | 5-3 | E.D. Os Miudos |
Ligas de Veteranos, xornada 9
1ª División
| Cabana | 2-2 | Nantón |
| Vimianzo | 2-5 | San Román |
| Castriz | 2-0 | Bértoa |
| Baio | 0-3 | Ponteceso |
| Bergantiños | 1-0 | San Lorenzo |
| Xv. Bergantiños | 4-0 | Buño |
| Camariñas | 2-2 | Zas |
2ª División
| Dep. Carballo | 0-3 | Muros |
| Sofán | 2-1 | Leiloio |
| Agualada | 0-2 | Malpica |
| Corcoesto | 1-1 | Cerqueda |
| At. Milagrosa | 3-4 | Soneira |
| Corme | 2-6 | Club do Mar |
| Camelle | 1-1 | Porteño |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).