Martes. 16.04.2024
El tiempo

Preferente: Uns van e outros veñen

Preferente: Uns van e outros veñen

Sorte dispara para os equipos costeiros na Preferente. Se ben o Santa Comba segue deixando claro que busca o ascenso, na banda contraria vemos a un Soneira que xa está en postos de descenso tral súa normal derrota en San Lázaro.
Mentres, o Dumbría segue mellorando e sumaba un punto ante un forte Laracha ao que tratou cara a cara. A nota negativa a puxo o Xallas, que leva varias xornadas baixando o ritmo de comezo de campaña e quedan na metade da táboa empatado cos dumbrieses.

Agora a Costa e os equipos xalleiros xa pensan na cita de mañá coa Selección da Costa.

Dumbría - Laracha (2-2)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño, Aarón Fernández, Aarón López, Isma, Schuster, Iago, Luisito, Eloy (Adrián, min.50), Cacho (Jesús, min.82), Piri (Tantán, min.65).
  • Goles: 0-1, min.5: de penalti; 1-1, min.10: Piri. 2-1, min.25: Cacho. 2-2, min.46.
  • Expulsión: Isma, do Dumbría (min.70)

Partidazo no Conco entre dous equipos, moi novos, que queren xogar ao fútbol. E así deixaron un partido entretido, emocionante, vistoso, con ocasións por ambos e alternativas no marcador.

Non pasaran 5 minutos cando o Laracha se adiantara no marcador, pero a reacción local non se fixo esperar e Piri empataba. A conexión carnotá en Dumbría funcionou, xa que 15 minutos despois, outro carnotán, Cacho, puña por diante aos locais aproveitando un erro dos locais.

Os últimos 20 minutos da primeira foron igualados e moi competidos. Pero o descanso sentou mellor nas filas visitantes que nas locais, pois xusto ao pitar o colexiado o comezo do segundo tempo o Laracha facía un 2-2 que deixaba un encontro totalmente aberto de cara ao resto do choque. Así e todo o marcador non se moveu malia que os dumbrieses deixaron, de novo, unha boa imaxe.

Dubra - Santa Comba (1-5)

  • Santa Comba: Diego, Pablo Baña, Roberto (David, min.66), Angelo, Gonzalo (Chinda, min.46), Jota, Doro, Toni, Noli (Damián, min.66), Julián, Colón (Óscar, min.58).
  • Goles: 0-1, min.33: Noli desviando no primeiro aoi un centro de Julián; 0-2, min.40: Noli tras aproveitar un balón peinado por Toni a un saque de Diego; 0-3, min.52: Pablo Baña tras un rexeite a un centro de Colón; 0-4, min.65: Toni nunha xogada individual; 1-4, min.75; 1-5, min.90: David Blanco.

Impresionante este Santa Comba, que xa está no 3º posto. Xa dende o principio o encontro estivo dominado polos laranxas, pero sen demasiadas ocasións claras. Iso si, a eficacia foi total e os dous primeiros achegamentos serios acabaron en gol. Noli fixo do máis listo e asinou dous bos tantos de dianteiro. A xogada clave foi a parada de Diego a un penalti ao fío do descanso, que puido meter ao Dubra no partido.

Apretaron lixeiramente os locais na segunda metade cando Gelucho fixo os cambios. Pero Diego estivo moi seguro baixo paos e saíndo con firmeza aos balóns colgados, dando tranquilidade á defensa xalleira. Á contra, co Dubra xa volcado, chegaron dous tantos, que puideron ser algún máis.

Xallas - Narón (1-4)

  • Xallas: Cheli, Rubio, Rubén Forján, Dani Becerra, Iván Forján (Álvaro Antelo, min.60), Álvaro, Brais, Barreiro, Toni (Aitor, min.65), Adrián Beiroa, Alexandre.
  • Goles: 0-1, min.20. 0-2, min.22. 1-2, min.50: Adrián Beiroa, de penalti. 1-3, min.70. 1-4, min.80.

Chegou o Narón a Fontenla para poñer enriba da mesa que vai a por todas. Así o reflicte a táboa, que xa os ve con 23 puntos só detrás do poderoso Compostela e 3 puntos por diante do Santa Comba. Os de Iván Cancela, invitos na casa ata onte, viron como os azuis chegaron a por todas, e case que solucionaron en dous zarpazos consecutivos aos 20 minutos de comezar o partido.

Reaccionaron tralo descanso, e Adrián Beiroa transformaba unha pena máxima que daba esperanzas aos locais. Pero tras 15 minutos de igualdade, de xogo de poder a poder, e no que puido caer a igualada, o Narón asinou a sentenza con dous tantos máis.

Compostela - Soneira (4-0)

  • Soneira: Fran, Ferreiro, Pablo, Modesto (Manu, min.80), Fran de Urroa, Santi (Mauro, min.80), Michel, Brais, Jorge Vigo (Mayor, min.75), Kike (Mario Toja, min.75), Iago.
  • Goles: 1-0, min.35; 2-0, min.60: 3-0, min.65; 4-0, min.80.

Pouco puideron facer os soneiráns máis que disfrutar dun campo histórico e ademais con moi bo ambiente nas bancadas de San Lázaro. I é que esta S.D. Compostela está dúas marchas por riba do resto, e iso notouse.

Así e todo, os vimianceses aguantaron ata o minuto 35 co choque igualado, e mesmo con opcións ata a hora de partido, pero foi aí cando sentenciaron os locais cunha pegada tremenda.

O cadro soneirán queda nas mans, polo menos ata Nadal, de Miguel. O ex xogador compaxinará ata nadal a súa labor ao fronte dun equipo das categorías inferiores do potente Monteañeros coruñés, e intentará levantar a moral dos vimianceses trala dimisión de Manolito. Non era este, en San Lázaro, o mellor debut para erguer a cabeza...

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios