Venres. 29.03.2024
El tiempo

Resultados da última fin de semana de outubro cun grave incidente

Resultados da última fin de semana de outubro cun grave incidente

Última xornada de outubro para o fútbol da Costa, que vén marcada por un grave incidente. Gabri, o xogador do Pereiriña segue nestes momentos no Hospital tras levar un golpe na cabeza tras un choque no encontro de onte cun xogador do Soneira B. O xogador, que saía polo seu propio pé do céspede, e mesmo seguira xogando tralo choque, pedíu o cambio e foi, tras rematar o partido, ao Hospital porque se mareaba lixeiramente. De contado o ingresaron tendo mesmo que operalo. Agora, toda a súa familia, o equipo ceense e a familia do fútbol da Costa terá que esperar 72 horas de longa espera para ver a evolución. Desexámoslle todo o mellor, e que pronto volvamos a velo vestido de curto.

E malia que custa seguir cos resultados, temos que destacar varias cousas. Na Preferente, só o Santa Comba deu unha nota positiva á xornada costeira, vencendo con claridade ao Dubra. I é que na 1ª, as novas non foron tampouco positivas para os Cee e Ponteceso.

Na Liga da Costa, o Camariñas volve demostrar que é un dos claros favoritos e xa está de líder en solitario tras endosarlle un set a un Dumbría B co día tonto. Os de Manolín aproveitaron o empate de onte o Club do Mar ante un forte Malpica. Por detrás vén un Muros que, caladiño, está a tan só un punto do cadro caionés e a 3 dos camariñáns. Hoxe puideron cun O Pindo segue mellorando pero que aínda non sumou.
Tampouco suma o Corcubión, que viu como nun encontro fundamental escapaban os 3 puntos ante o San Lorenzo, tamén moi necesitado de puntos. Importante vitoria do Buño ante o Nantón para seguir facendo colchón, igual que a do Mazaricos en Castriz, que na casa segue dando a de area.

A xornada da chegou intensa tamén. O Montelouro ponse de líder tras vencer a un Alcaián do que se esperaba máis, ao aproveitar que o Outes descansaba. Só un punto hai de diferencia entre ambos, e dous entre o líder e os Cabana e Coristanco, que se manteñen firmes na loita, malia que os coristanqueses non pasaban do empate ante o Independiente. Un dos partidos da xornada era ese Volantes-Cerqueda que remataba en empate, mentres o Carnota segue colocándose por aí enriba, e o Porteño parece que perde intensidade.

E ollo que o martes hai sesión futbolera. Ademais do encontro da Selección da Costa, hai xornada para a 3ª, xuvenís da Liga Norte así como cadetes e infantís. Pero o encontro que non se disputará é o do Independiente co Pereiriña, por razóns obvias.

Preferente, xornada 10

Xallas 1-4 Narón
Dumbría 2-2 Laracha
Compostela 4-0 Soneira
Dubra 1-5 Santa Comba

1ª Autonómica, xornada 9

Villestro 2-0 Ponteceso
Cee 0-0 Estudiantil

2ª Autonómica, xornada 9

Club do Mar 1-1 Malpica
Sofán 3-1Esteirana
Corcubión 1-2 San Lorenzo
Corme 1-2 Fisterra
Camariñas 6-0 Dumbría B
Baio 2-3 Zas
O Pindo 0-3 Muros
Castriz 1-2 Mazaricos
Buño 1-0 Nantón

Ademais, o martes 1 de novembro, ás 16:45 celebrarase o Nantón-Zas da xornada 5.

3ª Autonómica, xornada 11

Laxe 5-0 Lira
Xaviña 1-4 Carnota
Atl. Pereiriña 0-4Soneira B
Cabana 4-1 Camelle
Muxía 1-0 Fisterra B
Coristanco 1-1 Indep. Carballo
Volantes 2-2 Cerqueda
Montelouro 4-1 Alcaián
Corcoesto 1-1 Porteño

Liga Nacional Xuvenil, xornada 7

Areosa 2-1 Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 7

Muros 2-3 Esteirana
Dumbría 5-5 Corcubión
Fisterra 6-0 Mazaricos
Santa Comba 1-4 Cee
Soneira 1-0 Outes

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 10

Baio 2-0Corme
Cabana 5-2Laxe
Muxía 0-5 Camariñas
Ponteceso 2-7 Dumbría B
Malpica 3-1Coristanco

División de Honra Cadete, xornada 7

Pontevedra 5-0 Bergantiños

2ª Cadete, xornada 8

Fisterra 1-1 Coristanco
Ponteceso 1-9 Dumbría
Muxía4-2 Porteño
Zas 0-6 Santa Comba
Camariñas 0-4 Soneira
Outes3-2 Cabana
Cee 7-0 Muros
Malpica3-3 Baio

2ª Infantil, xornada 8

Corme 3-5Santa Comba
Dumbría 9-0Os Miudos
Coristanco 4-0 E.M.F. Vimianzo
Cee 8-1Baio
Esteirana 1-10 Cabana
Con. de Carnota 9-2 Ponteceso
As Baleas 0-9Muxía

Ligas de Veteranos, xornada 8

1ª División

Nantón 1-0 Xv. Bergantiños
Buño 7-2 Vimianzo
San Román 1-2 Castriz
Bértoa 3-0 Camariñas
Zas 2-0 Baio
Ponteceso 1-1 Bergantiños
San Lorenzo 0-0 Corcubión

2ª División

Malpica 2-1 Sofán
Porteño 1-1 Agualada
Camelle 3-0 Dep. Carballo
Muros 4-0 At. Milagrosa
Soneira 1-0 Corcoesto
Cerqueda 0-1 Corme
Club do Mar 2-5 Coristanco

XORNADA DO 1/11

3ª Autonómica, xornada 12

Indep. Carballo Aprz. Atl. Pereiriña
Porteño 01/11 - 12:00 Montelouro
Carnota 01/11 - 16:15 Laxe
Fisterra B 01/11 - 16:15 Cabana
Soneira B 01/11 - 16:15 Muxía
Cerqueda 01/11 - 16:15 Coristanco
Alcaián 01/11 - 16:15 Volantes
Outes 01/11 - 17:00 Corcoesto
Camelle 01/11 - 19:00 Xaviña

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 11

Corme 01/11 - 11:00 Cabana
Camariñas 01/11 - 16:00 Ponteceso
Zas 01/11 - 16:15 Baio
Laxe 01/11 - 16:15 Muxía
Dumbría B 01/11 - 16:15 Malpica

2ª Cadete, xornada 9

Porteño 01/11 - 10:00 Malpica
Esteirana 01/11 - 10:30 Fisterra
Coristanco 01/11 - 10:30 Ponteceso
Dumbría 01/11 - 10:30 Muxía
Soneira 01/11 - 10:30 Outes
Cabana 01/11 - 11:00 Cee
Santa Comba 01/11 - 12:30 Camariñas
Baio 01/11 - 16:00 Zas

2ª Infantil, xornada 9

Cabana 31/10 - 17:00 Con. de Carnota
Fisterra 01/11 - 10:30 Coristanco
Vimianzo 01/11 - 10:30 Esteirana
Outes 01/11 - 10:30 Corme
Santa Comba 01/11 - 10:30 As Baleas
Muxía 01/11 - 10:30 Dumbría
Os Miudos 01/11 - 10:30 Cee

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios