![Porteno-Montelouro res Foto-Eduardo Olveira]()
Non para o fútbol da Costa. De feito aproveita cada festivo para completar as xornadas. Este martes 1 de novembro, día de Difuntos, había varias citas importantes. Pero en todas a preocupación polo e
stado de saúde do xogador do Pereiriña Gabri era evidente. De feito, ducias de xogadores e directivos de equipos de toda a bisbarra preguntáronnos polo seu estado e mesmo se achegaron polo Hospital para coñecer de primeira man a súa evolución, malia que non é recomendable que teña demasiadas visitas.
As novas parecen positivas. Gabri continúa ingresado pero parece que a evolución é positiva e parece que a familia do Pereiriña vai estando algo máis tranquila. Avisan en todo caso que o camiño é longo e que haberá máis obstáculos que pasar. Estaremos atentos porque nestes vindeiros días poderemos ter máis novas sobre o sue estado.
Entrementres repasamos a xornada futbolística, que iso si, vía como o partido entre Pereiriña e Independiente Carballo se suspendía por motivos evidentes.
A cita máis destacada foi o 
encontro da Selección da Costa sub23 contra a Selección galega sub18 en Fontenla, que rematou nun empate sen goles. O combinado costeiro, dirixido por Huelvis e Berto prantaron cara ao combinado galego, e mesmo dispuxeron das mellores ocasións para levar o partido, sobre todo no segundo tempo con ocasións de Pablo Pérez, Toni e Adrián Prol. A nota positiva foi a resposta do público que case que encheu Fontenla para disfrutar dunha xornada festiva. A nota negativa, o meta xalleiro David, que rompía un dedo mentres quentaba. Mañá traeremos a crónica completa do encontro.
Ademais había dous partidos da
 Liga da Costa que foran aprazados. O 
Corme afundiu máis ao Pindo, e o 
Nantón supera ao Zas na clasificación tras vencerlle pola mínima.
A xornada na
 3ª chegou con novidades, e 
cambio de líder. O 
Montelouro pinchou na xornada matutina ante un 
Porteño que non se descolga. E o seu tropezo foi aproveitado polo 
Outes que non perdoou ante o Corcoesto. Ademais, o 
Coristanco suma un punto máis (cun partido máis) que os muradáns, tras vencer noutro dos encontros da xornada ao 
Cerqueda.
O 
Cabana segue por aí, ao igual que o 
Carnota que segue ascendendo sibilinamente. E ollo co 
Volantes, que como colla unha racha de regularidade se mete arriba seguro.
Encontros amigable
| Selección da Costa sub23 | 0-0 | Selección Galega sub18 | 
2ª Autonómica, encontros aprazados
| Corme | 4-1 | O Pindo | 
| Nantón | 2-0 | Zas | 
3ª Autonómica, xornada 12
| Indep. Carballo | Aprz. | Atl. Pereiriña | 
| Porteño | 2-0 | Montelouro | 
| Carnota | 2-0 | Laxe | 
| Fisterra B | 3-3 | Cabana | 
| Soneira  B | 1-1 | Muxía | 
| Cerqueda | 0-1 | Coristanco | 
| Alcaián | 0-3 | Volantes | 
| Outes | 4-1 | Corcoesto | 
| Camelle | 1-0 | Xaviña | 
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 11
| Corme | 3-2 | Cabana | 
| Camariñas | 1-2 | Ponteceso | 
| Zas | 0-1 | Baio | 
| Laxe | 2-5 | Muxía | 
| Dumbría  B | 1-1 | Malpica | 
2ª Cadete, xornada 9
| Porteño | 3-4 | Malpica | 
| Esteirana | 7-0 | Fisterra | 
| Coristanco | 1-3 | Ponteceso | 
| Dumbría | 19-0 | Muxía | 
| Soneira | 2-2 | Outes | 
| Cabana | 2-9 | Cee | 
| Santa Comba | 6-2 | Camariñas | 
| Baio | 7-0 | Zas | 
2ª Infantil, xornada 9
| Cabana | 3-1 | Con. de Carnota | 
| Fisterra | 3-0 | Coristanco | 
| Vimianzo | 1-6 | Esteirana | 
| Outes | 1-3 | Corme | 
| Santa Comba | 8-0 | As Baleas | 
| Muxía | 1-9 | Dumbría | 
| Os Miudos | 0-4 | Cee | 
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
	- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).