Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa: Sorte dispar na Preferente

Resultados do fútbol da Costa: Sorte dispar na Preferente

E voltou o fútbol da Costa. A chegada do mes de setembro irá traendo a estrea na práctica totalidade das categorías pero nesta última fin de semana de agosto puidemos ver a estrea dos nosos na Preferente Norte, e con sortes dispares.

E comezando polas malas novas temos que falar da abultada derrota do Dumbría na súa visita a un Ribadeo moi irregular na pasada campaña. Os de López Canosa caeron por tres a cero en terras lucenses. Os locais anotaron o primeiro tanto minutos antes de chegar ao descanso. Na segunda parte a conta do Ribadeo aumentou con dous tantos máis no último cuarto do encontro. Veremos como se recuperan os dumbrieses desta derrota nunha campaña na que veñen con moita forza os xuvenís.

Día histórico en Santa Comba. Logo da fusión dos equipos locais, Xallas e Santa Comba, hoxe estreábase na Fontenla o Xallas de Santa Comba de Manolo Corredoira. O rival era O Páramo, un recén chegado á Preferente. E a cousa non foi mal, cunha victoria do conxunto xalleiro por dous a cero.

Non lle foi mal tampouco ao Soneira. A estrea de Felipe Candamo no banco dos vimianceses saldouse cunha victoria pola mínima na visita a Chantada. O xogo estivo igualado na primeira metade e Mackaay foi xogador determinante, ao anotar o tanto que lle dá os tres puntos ao Soneira.

E deixando a un lado a Preferente, hoxe tamén houbo tempo para o fútbol amistoso, co Trofeo Carlos Lojo, que enfrontou no Cubaleiro ao Corcubión de Manolín cunha versión do Dumbría condicionada polo encontro de Ribadeo. Os locais venceron por tres tantos a un. Foi unha primeira parte igualada na que se adiantaron os dumbrieses. Logo do descanso os de Manolín anotaron as tres dianas que lles deron a victoria.

Preferente, xornada 1

Ribadeo 3 - 0 Dumbría
Xallas Sta Comba 2 - 0 O Paramo
Chantada 0 - 1 Soneira

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios