Nova xornada completa (nada menos que 77 partidos!!) do Fútbol da Costa nesta penúltima semana de novembro. E comezamos o repaso pola Preferente cos goles de Doro para a única vitoria costeira da fin de semana. O Dumbría supera xa ao XSC, que caía sorprendentemente ante O Val. Ademais, onte o Soneira caía ante o Estudiantil.
A Costa estaba pendente dos dous derbis da 1ª Autonómica. E foron intensos. O Baio sorprendeu no Xosé Luís Vara e levou os 3 puntos tras remontar, poñerse por diante e marcar o definitivo 2-3 a 5 do final. Ademais, en Malpica, o cadro local impúxose por un solitario gol ao Camariñas. E derrota, por outra banda, do Ponteceso ante o líder, o Noia, se cadra algo excesiva.
E a xornada 12 serviu para ver a primeira derrota do Outes na 2ª Autonómica. Foi o Zas, nun auténtico partidazo, o que puido cos de Manu Roque, convertíndose xa o equipo de Iván Cancela nun clarísimo favorito ao ascenso. Quedan a 4 do Outes, empatado cun Sofán que visitaba ao Cee e que remataban cunhas táboas cheas de goles. 5 puntos de vantaxe entre os Zas e Sofán e o Cee, mentres que o Corme, que daba conta do Corcubión, se coloca preto, igualado cu Carnota que segue mantendo un gran ritmo. O Fisterra non acaba de arrinca, ao igual que un Castriz que vai ter que remar moito para alcanzar aos de arriba. A xornada serviu para que debutasen 3 adestradores nun choque doble ademais: Alex Romero, Alinhos, estreou banco no Mazaricos, con vitoria precisamente ante un Volantes que prescindía dos seus servizos hai un par de semanas e que tomaba esta semana Felipe Candamo. Ademais, Nieto estreábase no banco do Muros cunha importante vitoria ante o Cabana para non meterse en problemas.
Mantense o Baíñas invito trala 5ª xornada da 3ª Autonómica. Vencían os de Pato ao Coristanco, que chegaban na 2ª praza, pero que coa derrota caen ata a 5ª. Polo medio métese o Montelouro, con 4 de 5 tras vencer ao Castrelo non sen sufrimento; o Lira que vencía en Arliña, e o Nantón, que vencía ao Cerqueda pero perde ao seu capitán, adestrador e goleador Luís por un tempo dada unha probable rotura de cúbito.
Non ceden os de arriba en Xuvenís. No Sur, o Dumbría sufría pero vencía en Outes e mantense con 9 vitorias e 1 empate. A Esteirana tamén o tiña que dar todo para venr ao Muros, pero sacaba os 3 puntos e se mantén a 5 do líder, con 2 sobre o XSC, 4 sobre o Cee e 5 sobre Fisterra e Outes. Todos teñen opcións. Ademais, no Norte o Malpica ponse máis líder tras vencer, de novo con moito sufrimento, ao Camariñas, demostrando a súa pegada. O Cabana e o Corme quedan a 5 puntos tralo empate cabanés en Muxía e a vitoria do Corme na Ponte do Porto. O Ponteceso mantén intactas as súas opcións de meterese na Fase Previa pois está só 1 punto por debaixo tras vencer ao Coristanco e case que eliminalo definitivamente da loita.
Non frea o División de Honra Cadete, que co Premio Nordés baixo o brazo, vencía unha semana máis e se mantén 4º, e empatado co Lugo, só por debaixo dos dous grandes, Celta e Depor. Tamén venceu o equipo dumbriés na Liga Galega Infantil e segue con opcións de meterse na loita polo título. O XSC caía de novo e necesitará vencer algún partido máis para a segunda fase pero ten 4 equipos aínda por debaixo.
Ponse o Muros líder trala dura derrota do Muxía ante o Fisterra nos Cadetes mentres que en Infantís o Fisterra iguala co Cee e o Corme tras vencer aos cormeláns. Ademais xa estamos na 2ª xornada das categorías Alevín e Benxamín das Ligas F-8 Costa Sur. Fisterra manda en Alevíns e Cee en benxamíns, sendo os únicos equipos con 6 puntos.
Manda o Laxe na 1ª División de Veteranos, cun só punto de vantaxe sobre o Coristanco, e co Soneira xa pegado ás costas tras vencer ao San Román.
Ademais na Liga Intermunicipios O Cances colle o relevo do Cereo tralo empate dste ante o Xornes e a vitoria dos carballeses ante o Sp. Brea.