Preferente: Un só punto
Apenas 1 punto para os nosos nesta 13ª xornada da Preferente. XSC e Dumbría caían fóra de casa e o Soneira mantiña un puntiño na casa que polo menos lle permite quedar ao fío do descenso e manter por debaixo ao Narón, rival directo na loita pola permanencia.
Co Bergantiños máis líder, xalleiros e dumbrieses van baixando posicións paseniño e vendo como os de arriba escapan. Xa saca 12 puntos o líder ao XSC e 13 ao Dumbría, quedando a 8 e 9 do 2º, o Ribadeo, e a 6 e 7 do Silva e do Sada.
Chantada - Dumbría (1-0)
- DUMBRÍA: Julián, Cote (Tantán, min.75), Óscar, Aarón López, Pablo Conde, Aarón Fdez., Adrián Makaay, Doro, Iago, Jesús (Jota, min.55), Rivi (Adrián Nieto, min.55).
- Gol: 1-0, min.94..
- Expulsión: Adrián Nieto por doble cartón no min.89.
Volveu de baleiro o Dumbría de Chantada e iso que tivo durante máis de 90 minutos un punto no peto. Arrincaba o partido sen un dominador claro. Os dous equipos respetábanse moito e non querían asumir o mando, e só a balón parado crearon perigo na primeira metade.
Comezaba máis estirado o Dumbría na segunda e chegaron aí dúas grandes ocasións para meterse por diante, pero Makaay mandaba a vaselina pegadiña ao pau e Adrián Nieto vía como o colexiado lle anulaba un tanto por fóra de xogo.
O Chantada foi subindo o ritmo e tomando o mando e rematou dominando o partido. Un partido que parecía que ía rematar en táboas, pero que xa con 4 sobre os 90, unha xogada por banda acababa cun centro e un remate de cabeza que vale 3 puntos.
Soneira - Narón (1-1)
- SONEIRA: Víctor, Pichi, Fran de Urroa, Sito, Maikel, Quilmes (Brais, min.70), De la Sierra, Riki, Richi, Leo (Chans, min.60) e Basti.
- Goles: 1-0, min.19: Sito. De La Sierra saca corner directo, o balón bate no segundo pau e o rexeite é materializado por Sito cun remate a media volta que entre cun preciso globo no segundo pau; 1-1, min.38.
Empate ante un rival directo do Soneira que polo menos lle serve para mantelo 2 puntos por abaixo. Os soneiráns, no segundo partido de Manolito no banco, non fixeron o seu mellor partido, i é que as urxencias nunca son boas conselleiras.
Así e todo veuse que o cadro local saíu polo partido dende o inicio. Basti avisou e Richi e Leo tiveron as mellores ocasións na primeira metade para aumentar a renda que abría Sito tras un saque de esquina.
Pero antes do descanso o Narón facía a igualada. Na segunda o Soneira tivo varias ocasións para levar o partido pero non estiveron acertados os vimianceses e quedan cun punto que non serve para despexar dúbidas.
Residencia - Xallas StComba (3-0)
- XSC: Pablo, Cristian (Maneiro, min.80), Iván Forján (César, min.46), Héctor, Rubio (Dani M., min.65), Alfonso, Alberto, Marcos, Richi (Pastoriza, min.70), Rubén Forján, Toño.
- Goles: 1-0, min.6; 2-0, min.56; 3-0, min.58; 4-0, min.90.
- Expulsión: Héctor no min.55.
Púxose de costas o choque para os de Julio Martínez que aos 5 mnutos xa recibía o primeiro tanto. Pero non decaeu o cadro xalleiro e buscou o empate. Pediu un penalti sobre Alfonso que o colexiado non viu e durante toda a primeira metade achegouse á meta rival en varias ocasións, pero sen acerto.
A xogada clave do partido chegaba aos 10 da segunda. Héctor cometía un penalti e era expulsado, deixando aos seus cun home menos e 2 goles abaixo. Este golpe foi demasiado para os xalleiros que recibiron o terceiro de contado e de aí ao final se deixaron ir.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Resultados dunha xornada marcada pola paralise das categorías base.
- Comezan a perfilarse os favoritos ao Playoff polo título na Liga FS de Carballo.
Artigos relacionados
- Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).