Venres. 29.03.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Cereo queda só

Liga Intermunicipios: O Cereo queda só
Valenza-A Pina-Foto-Juan Carlos Lorenzo A Liga Intermunicipios de Bergantiños está patrocinada polo Mesón de Carmiña

O Cereo lidera en solitario a Liga de Intermunicipios de Bergantiños, tras aproveitar a xornada de descanso do ACDR Baldaio e vencer ao Clube Deportivo Rus por 1 a 5 nun encontro que se decidiu na primeira metade. Un primeiro tempo que tuvo ao equipo coristanqués como claro dominador, que chegou ao tempo cun resultado a favor de 0 a 4. Na segunda metade, o equipo local melloraría en canto a xogo e recortaría distanzas pero os visitantes pronto matarían o partido co definitivo 1-5.

Moi de preto do Cereo, a un só punto colócase o Cances tras golear ao Sporting Seaia por un claro 11 – 2 nun encontro no que o resultado o di todo. Os da parroquia de San Campio pasaron por riba dos malpicáns como un rodillo.

A tres puntos do líder, temos un grupo de tres equipos con 13 puntos, o Sporting Brea, o ACDR Baldaio, que lle tocou xornada de descanso, e o Valenza.
O Sporting Brea venciu ao Xornes por 1 a 4 no Municipal do Pinguel (Ponteceso) nun encontro igualado en canto a xogo pero no que as ocasións máis claras de gol foron para o equipo carballés, que volviu a mostrar a súa gran pegada de cara a portería.

O Valenza está a ser a revelación da competición logo deste gran comezo que está realizando. Esta fin de semana venciu ao ADC A Piña nun partido moi disputado e no que ambos conxuntos tuveron ocasións para levarse o encontro. Finalmente, a balanza caería do lado dos coristanqueses xustamente logo do visto sobre o terreo de xogo.

O Peña Galicia xa suma de tres en tres logo de vencer no Cabo de Area ao Laxe por 1 a 4 nun partido igualado que estivo marcado polo forte vento que complicaba o xogo. Chegouse ao descanso cun 0 a 2 favorable aos carballeses con goles de Dani e Carlos. Á volta do tempo de lecer, recurtaría distanzas o Laxe dende o punto de penalti, o que fixo que os locais apretasen un pouquiño máis. Pero a sorte caería para o bando visitante, Cristian Mourín, en primeira instancia, e un xogador local na súa propia porta poñerían o definitivo 1-4.

Goleadores

  • Iván García, do CF Cereo, con 16 goles.
  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 10 tantos.
  • Iván Pena, do Sporting Brea, con 7 goles.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios