Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Infantís: "De 50 partidos, non gañamos outro coma este"

Infantís: "De 50 partidos, non gañamos outro coma este"
Jon dos infantis do Cee-Foto-UC Cee

Incrible. Menudo partido vivíu o San Paio de Refoxos esta fin de semana. "De 50 partidos coma este, non gañamos 1", comentaba o propio Suso da Torriña, alma do conxunto cormelán. Cee e Corme presentábase imbatidos tras 10 xornadas da 1ª Infantil. Decidíase o liderato e algo máis, saber quen manda. E tras un partido tremendamente estrano, o Corme levou os 3 puntos para Bergantiños deixando a todo o Cee con cara de parvo.

A todo esto, xa saben que finalmente as categorías inferiores non paran mor do seguro, se non que a Xunta, a Federación e a empresa de seguros chegaron a un acordo.

Cee - Corme (2-3)

  • CEE: Carlos, José, Ángel, Iago, Borja, Jon, Carlos Gómez, Sergio, Luis Lojo, Fabio e Alex López.
  • CORME: Martín, Mauro, Roque, Eloy, Marcos, Javi, Noel, Manuel, Israel (Alex, min.58), Yago (Lucas, min.40) e Samu.
  • Goles: 0-1, min.21: Samu; 0-2, min.38: Samu; 1-2, min.39: Sergio; 2-2, min.53: Fabio; 2-3, min.80: Samu.

O Cee pagou caros os seus erros e deixou escapar a un Corme que xa se presentaba sen porteiro, e co central Martín baixo paus. E o fixo de marabilla o rapaz, o que pasa é que é unha das bazas importantes do equipo azulón na defensa e esta quedou algo coxa.

O Cee demostrou ser un equipo superior ao Corme. Dende o comezo foi polo partido e dominou con claridade. Na primeira metade Sergio, tras unha boa xogada de Luís Lojo, e Brja, probaron a Martín, pero este respostaba ben.
Foi o Corme, nunha contra rápida de Samu o que se adiantaba, e pouco antes do descanso o propio Samu volvía protagonizar unha galopada que culminaba co 0-2, para a sorpresa de todos. 2 ocasións, 2 goles.

Non pasou, iso, si, un minuto e o Cee recurtaba diferencias por medio de Sergio. Un tanto que daba esperanzas de que a remontada era posible na segunda.

O Corme apenas saíu da súa área en toda a segunda metade, aguantando o chaparrón dun Cee que cargaba e cargaba sobre a meta cormelá. E chegou o empate, por medio de Fabio.

Quedaba media hora de xogo e parecía que o partido se decantaría polo bando local. Sergio, por partida doble, e Jon, tiveron o gol nas súas botas.

Pero no min.83, con 3 de desconto sobre os 80 minutos regulamentarios que xogan en categoría Infantil, con 2-2 no marcador, o Cee lanza unha falta, Martín despexa e un Sergio caza o rexeite e marca. O colexiado anula o tanto por fóra de xogo, e mentres os ceenses protestaban, Eloy saca rápido un balón longo buscando a Samu, só como unha illa e en posible fóra de xogo segundo os ceenses, que colle o balón, corre cara a meta e supera a Carlos, facendo o incrible 2-3.

Aínda houbo tempo para algo de liorta, pero afortunadamente non foi a máis. Os 3 puntos marcharon para Corme pero en Cee poden quedarse coa manifesta superioridade amosada.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios