Mércores. 08.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Baíñas queda só

3ª Autonómica: O Baíñas queda só
Ameixenda-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Queda só o Baíñas no máis alto da táboa tras esta 4ª xornada da 3ª Autonómica. O Montelouro deixábase os puntos en Cee ante un Ameixenda aguerrido, cun partido que remataba de xeito estrano. E o Baíñas non perdoaba en Corcoesto.

Métese de cheo arriba o Coristanco, e por detrás Lira e Nantón ensinan os dentes.

Laxe - Muxía (2-2)

  • LAXE: Anxo, Jacinto, Borja, Naya, Castro, Gora, Carrabete (Iván, min.75), Lolo (Aarón, min.75), Saleta, Zurich (Samu Soneira, min.15), Alberto (Felipe, min.65).
  • MUXÍA: Santi Papi, Pesqui (Damián, min.75), Pataca, Currás (Carrera, min.65), Martín (Denís, min.46), Javi, Julián, Juan Prado (David, min.55), Carliños, Iván, Pesqui.
  • Goles: 1-0, min.15: Carrabete nunha falta de Churi tras un rexeite; 1-1, min.30: Carliños tras un córner; 2-1, min.55: Lolo nunha contra; 2-2, min.75: Denís tras un centro.
  • Expulsión: O muxián Julián por insultar a un rival (min.40).
  • Lesión: o laxense Zurich con rotura de fibras.

Partido bronco, intenso, con moita loita e entrega, cunha presencia do vento moi forte no cabo D'Area. O muxía, con Santi Papi de porteiro eo míster Juan Prado sobre o campo, deuno todo para sacar un empate e ao final quedou cun puntiño, deixando así un sabor agridoce nas filas do Laxe que viu como o Muxía le remontaban por dúas veces.

Comezou marcando o Laxe a balón parado e á media hora empataba tamén a balón parado o equipo de Juan. Quedouse con 10 o Muxía, e aínda así tivo arrestos para remontar un novo gol de Lolo á contra. Denís facía a igualada, e aínda tivo unha Iván cunha vaselina que pegou no pau nunha contra xa no final do choque.

Ameixenda - Montelouro (1-0)

Ameixenda-Montelouro-Foto-Edu Olveira
  • AMEIXENDA: Óscar, Iván (José Manuel, min.80), Javichu, José Expréss, Samuel, Bichiño (Mateo, min.90), Álex, Chiru (Jorge, min.80), Borja (Rioliño, min.65), Jesús, Miro.
  • MONTELOURO: Isma, César, Canelo, Álvaro, Pedro, Chema, Geico, Isma (Raúl, min.46), Edu (Pablo, min.75), Dani Sahorta, Benjamín (Abel, min.46), Pesco (Bruno, min.55).
  • Gol: 1-0, min.88: Jesús de penalti.
  • Expulsión: o loureán Pablo nas protestas polo penalti, pero non aparece na acta.

Traballada vitoria do Ameixenda ante un Montelouro que chegaba imbatido a esta 4 xornada. Foi un partido trabado na que a primeira metade foi de dominio local e na segunda tivo algunha ocasión máis o Montelouro, como unha falta ao longueiro de Pedro, ou unha de Álvaro que rematou alto na liña de gol.

Parecía que o partido marchaba cara o empate, e no úlitmo minuto, o Ameixenda botaba un córner, un xogador do Ameixenda tocaba ca man pero o colexiado pitaba penalti. Os xogadores loureáns se abalanzaron sobre o colexiado que expulsaba a un xogador pero non o sinalaba na acta.

Ameixenda-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Castrelo - Nantón (1-4)

  • CASTRELO: Iván, Luís, Mario, Estebo, Rodri, Roi, Pichón, David, Gatusso, Edreira. Tamén xogaron: Miguel e Chapu.
  • NANTÓN: Ernesto, David Lareo, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio (Maikel, min.46), Dani (Dani, min.79), Luís, Martín, Cachirulo.
  • Goles: 0-1, min.2: Dani de falta; 1-1, min.40: Roi tras tres rexeites de Ernesto a unha falta; 1-2, min.52: Maikel de vaselina; 1-3, min.78: Carlos Vidal dende fóra da área pola escuadra; 1-4, min.82: Luís.

Comezou marcando moi pronto o Nantón, e foi un primeiro tempo bastante tranquilo, tras un bo cuarto de hora boa dos cabaneses, que se relaxaron. Empataron o partido os vimianceses ao fío do descanso

Xa na segunda tocou espabilar ao Nantón, e iso que nos primeiros 10 minutos da segunda do Castrelo, pero xusto cando mellor estaban chegaron duas contras que sentenciaron o partido.

Cerqueda - Lira (1-1)

  • CERQUEDA: Rubén, Manuel, Pailos, Pablo, Juanjo (Dani, min.57), Bastón (Carlos, min.55), Sergio, Lorenzo, Darío (Pichón, min.85), Xabi e Eliseo.
  • LIRA: Andrés, Joserra, Javier de Milucha, Sanrti, Brea, Iago, Fran Perico, Álex, Víctor, Cristian e Manu. Tamén xogaron: Demetrio, Aitor, Miki, David e Germán.
  • Goles: 0-1, min.20: Fran Perico tras un córner; 1-1, min.55: Eliseo remata un centro atrás de Darío tras unha boa internada.
  • Expulsión: o liracho Demetrio.

4 de 4, pero de empates, dun Cerqueda que mira a parte positiva e aínda non perdeu partido. Na primeira metade o Cerqueda deixa o dominio ao rival para buscar a contra, cun xogo bastante forte, pero o perigo non se creou en ningunha área, máis alá do gol inicial do Lira. Un Lira que chegaba con moitas baixas pero que prantexou moi ben o partido dende o comezo.

Na segunda Roberto Lozano foi polo partido, e empatou o Cerqueda pronto. Puido caer o partido do lado do Cerqueda, con varios achegamentos, pero tamén tivo que salvar Pailos un par de contras do Lira perigosas de Manu. Ademais o Lira pedía un par de penaltis, pero o colexiado lle respondía ao final do partidoá directiva liracha que "era o desconto e non vou pitar pitar".

Un Cerqueda que bota de menos aos Dani Seaia, Moisés e Santi, que aínda non debutaron.

Corcoesto - Baíñas (1-4)

  • CORCOESTO: Héctor, Ángel (Patelo, min.17), Longo (Couto, min.75), Pichu, Miguel, Edelmiro, Gonzalo, Javi (Dani, min.75), Rodri (Alberto, min.80), Cristian (Javi, min.75), Martín.
  • BAÍÑAS: Sergio, Samuel, Braulio (Sancho, min.20), Sergio, Héctor, Iván, Esteban, Cristian (Andrés, min.80), Víctor (Diego, min.75), Javi Suárez, Tasky.
  • Goles: 1-0, min.15: Rodri; 1-1, min.25: Javi Suárez a pase de Samuel; 1-2, min.65: Javi Suárez tras aproveitar un reixete no longueiro a un tiro seu; 1-3, min.70: Tasky a pase de Javi Suárez; 1-4, min.80: Esteban dende a banda.
  • Lesión: Braulio.

Partido igualado, sobre todo ata o 1-2. E iso que empezou marcando o equipo local, cun tanto de Rodri de falta. Pero o Baíñas foise vindo arriba, e empatou pronto por medio de Javi Suárez e seguía facendo dano a balón parado. Foi o típico partido no que o balón non pasou polo medio, con Javi Suárez e Víctor facendo moito perigo polas bandas para o cadro de Pato.

Tralo empate chegaron moitos minutos de igualdade, no que o partido puido caer de calquera lado. Pero foi o Baíñas o máis acertado cara gol e quen rompeu a igualada co gol de Javi Suárez e tras un aviso de Víctro, que xa puidera empatar na primeira. E co 1-2 rompeu co partido e sentenciou pronto con boas contras.

Coristanco - Seaia (3-2)

  • CORISTANCO: Fredy, Facal, Rubén, Sergio (Morientes, min.55), Marquiños, Mato (Cancela, min.65), Luís, Iván, Torreira (Magovi, min.55), Pazos(Gonzalo, min.69), Toniño (Marcos, min.89).
  • SEAIA: Jesús, Sergio, Javi, Ramón, Dani Vilariño, Alberto, Martuxa, Parga (Richard, min.65), Juni, Camilo, Adra.
  • Gol: 0-1, min.30: Adra; 1-1, min.40: Toniño de penalti sobre Torreira; 2-1, min.55: Alberto dende fóra da área; 2-2, min.57: Luís tras un córner botado por Rubén; 3-2, min.80: Gonzalo tras un barullo nunha falta colgada.
  • Expulsión: o local Rubén no min.90.

Bos primeiros minutos do Seaia que deixaron paso a un cambio radical na que o Coristanco dominou todo ese segundo tramo da primeira metade, tendo varias ocasións como unha de Pazos ao pau, un par chegadas de Torreira ou un gol anulado a Toni por fóra de xogo. Así e todo adiantouse o Seaia pero antes do descanso Toniño non fallaba un penalti cometido sobre Torreira. Sufría o Seaia coas xogadas a balón parado dos coristanqueses.

Comezou o Seaia moi ben pero marcou e ao pouco xa empatou o cadro local. Descontrolouse o partido, que puido ter caído para os dous lados, pero a entrada dos suplentes do Coristanco deu garra aos seus, e foi Gonzalo o que deu o gol da vitoria aos locais.

Así e todo o Seaia seguía facendo dano polas bandas e mesmocontra o final tiveron un par de boas ocasións para empatar, pero nin Camilo non man a man, nin Richar estiveron acertados e os 3 puntos quedaron en Coristanco.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios