Chega marcado este domingo pola decisión de última hora da Federación Galega de Fútbol de suspender as Ligas de Fútbol Base por falta de acordo para o seguro. Deste xeito, de alevíns, que acaban de arrincar, ata cadetes, as ligas quedarán paralizadas ata que a Fed. alcance un acordo co seguro.
E xa no meramente deportivo, foi unha xornada completa esta do ecuador de novembro, que xa chega con arrecendo ao #AlbumdaCosta... Esta semana teredes novas!.
Comezamos o repaso pola Preferente, malos resultados para XSC, Dumbría e Soneira. Os dumbrieses non traían nada de Chantada, quedando con 19 puntos. Mentres, o novo Soneira de Manolito polo menos mantiña un punto ante o Narón, un rival directo que queda 2 puntos por abaixo, no límite do descenso.
Non foi boa a xornada na 1ª Autonómica para os nosos. 4 derrotas, e algunha preocupante, e un empate, foi o balance dos nosos. O Ponteceso, o que máis preocupa, recibindo un 7-1 en Padrón que deixa as cousas no limbo e o equipo pechacancelas. Non están moito mellor as cousas en Camariñas, con algo de marea interna e xa metidos no descenso, con 9 puntos, 2 máis que o Ponteceso, tras caer na casa co Arzúa. O Baio caía ante o Unión, que o alcanza, e o Malpica prantaba cara pero volvía de baleiro de Noia. O único punto,o da Esteirana en Sigüeiro.
Na 2ª Autonómica, o Outes segue sen dar marcha atrás e mantense con 5 puntos sobre un Sofán que tampouco levanta o pedal. Ambos vencían comodamente a Mazaricos e IDC. O Zas queda 3º tras vencer en Carnota, e no partido da semana Fisterra e Cee remataron en táboas, un resultado que lles vale para manterse a distancia prudente. O Corme, que parecía que estaba collendo o ritmo e que se aía enganchar pronto, caía con rotundidade en Buño, e o Castriz parece que se non acaba de asentarse na competición e volvía perder, desta volta en Muros ante o Volantes, quedando na 10ª praza, xa por detrás do propio Buño, do Porteño e do Carnota.
E na 3ª Autonómica, tras 4 xornadas queda só o Baíñas no liderato tras vencer en Corcoesto e aproveitarse da derrota de onte do Montelouro ante o Ameixenda. Os vimianceses se reafirman como candidatos a todo. Ademais, o Coristanco parece forte con 9 puntos, por diante de Lira, Nantón e Seaia, cando xa non queda, tralo empate do Laxe ante o Muxía, sen puntuar.
Mentres, en Xuvenís, no Gr.3 o Dumbría non sumaba pois se suspendía o seu partido co Lira porque o cadro carnotán non xuntou xente suficiente. Por detrás chegaba partidos importantes, dos que saen reforzados Esteirana e Cee. Os primeiros vencían pola mínima en Santa Comba, e o Cee en Muros, meténdose nos postos de ascenso e deixando lixeiramente atrás a todos os rivais.
No Gr.4, o choque da xornada disputábase en Corme onde o Malpica reafírmouse como máximo candidato ao título. Queda, tras vencer 1-3, líder con 3 puntos sobre o Cabana, que descansaba, e 5 sobre o Corme. Un Corme que terá que pelexar co Ponteceso, que está a só 2 puntos tras practicmente arrincar todas as opcións do Baio; e mesmo co Coristanco, que segue a loita de preto.
Nova demostración de poder do Dumbría na División de Honra Cadete. Os costeiros vencía en Conxo e se manteñen 4º na táboa, empatados co Lugo, 3º, e só por detrás dos grandes, Celta e Dépor.
Tamén venceu o cadro dumbriés na Liga Galega Infantil alcanzando xa ao Bergantiños na 12ª praza, e con total intención de meterse na metade de arriba para disputar a Liga polo título e non a do descenso. O que non sei vai librar será o XSC, aínda con 3 puntos pero sen decaer.
Continúan tamén a Liga Cadete, na xornada 3, e a Liga Infantil, xa na 11. En Cadetes o Muxía queda só arriba de todo mentres a atención centrábase no San Paio de Refoxos cun Cee-Corme por todo o alto. Os dous equipos chegaban imbatidos, e foi o Corme o que quedou cos 3 puntos que o deixan só no liderato.
Arrincaron ademais esta fin de semana as ligas dos máis pequenos. Os Alevíns de F-8 Costa Sur e os Benxamíns F-8 Costa Sur comezaron a tempada con moitos goles.
Foi xornada intensa tamén nos Veteranos, onde seguen Laxe e Coristanco sorprendendo na loita polo liderato, co Soneira xa colocado para atacar, xa posto por diante de Baio e Zas.
E na Liga Intermunicipios segue o Cereo arriba de todo tras vencer con máis solvencia da esperada ao Rus. Por detrás, pegado, o Cances, que goleaba escandalosamente ao Seaia. Brea e Valenza, que vencían, e Baldaio, que descansaba, seguen moi preto.
S.D. Chantada | 1-0 | C.F. Dumbría |
Soneira S.D. | 1-1 | Narón |
S.D. Residencia | 4-0 | Xallas StComba |
Flavia S.D. | 7-1 | Ponteceso S.D. |
C.D. Baio | 1-2 | C.D. Unión |
Camariñas F.C. | 1-2 | C.S.D. Arzúa |
Sigüeiro C.F. | 1-1 | S.D. Esteirana |
C.F. Noia | 3-2 | S.C.D. Malpica |
Fisterra | 2-2 | U.C. Cee |
U.D. Corcubión | 1-0 | Muros S.D. |
Cabana S.D. | 1-1 | S.D.San Lorenzo |
Porteño C.F. | 1-2 | Camelle S.D. |
Volantes F.C. | 4-2 | S.D. Castriz |
U.D. Carnota | 1-2 | Sp. Zas |
S.D. Sofán | 6-1 | Indep. Carballo |
Outes C.F. | 3-1 | Mazaricos C.F. |
Buño S.D. | 4-1 | Corme C.F. |
S.D. Laxe | 2-2 | Muxía C.F. |
S.D. Ameixenda | 1-0 | U.D. Montelouro |
C.F. Castrelo | 1-4 | C.D. Nantón |
U.D. Cerqueda | 1-1 | Lira C.F. |
SDC Corcoesto | 1-4 | C.D. Baíñas |
S.D. Coristanco | 3-2 | Sp. Seaia |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 12
Mazaricos C.F. | 0-2 | Outes C.F. |
C.F. Dumbría | Apraz. | Lira C.F. |
Xallas StComba | 1-2 | S.D. Esteirana |
Muros S.D. | 2-3 | U.C. Cee |
- O Dumbría-Lira non se disputou pois o Lira non tiña efectivos suficientes.
- Descansan Soneira e Fisterra.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 12
C.D. Baio | 1-2 | Ponteceso S.D. |
S.D. Coristanco | 1-0 | S.D. Castriz |
S.D. Laxe | 10-1 | Porteño C.F. |
Corme C.F. | 1-3 | S.C.D. Malpica |
Camariñas F.C. | 3-2 | Muxía C.F. |
- Descansa Cabana.
- Muxía e Camariñas xogaron en Arliña pois na primeira volta o Muxía non tiña campo ese xogara no Hermanas Patiño.
C.D. Foz | 0-1 | C.F. Dumbría |
Xallas StComba | 0-5 | Orillamar S.D. |
S.D. Fisterra | 5-1 | S.D. Esteirana |
C.D. Baio | 1-2 | Muxía C.F. |
Sp. Zas | 8-1 | U.C. Cee |
As Baleas F.S. | 2-2 | Outes C.F. |
U.D. Corcubión | 0-6 | S.D. Coristanco |
Xallas StComba | 0-0 | Muros S.D. |
U.C. Cee | 2-3 | Corme C.F. |
E.M.F. Vimianzo | 7-3 | S.D. Sofán |
Outes C.F. | 2-3 | S.D. Coristanco |
S.D. Esteirana | 9-1 | Ponteceso S.D. |
E.D. Os Miudos | 6-1 | Muxía C.F. |
S.D. Fisterra | 4-0 | C.D. Baio |
Ligas de Veteranos, xornada 10
Soneira S.D. | 2-1 | Xv. Bergantiños |
Sp. Zas | 2-1 | Ponteceso S.D. |
Cabana S.D. | 3-3 | C.D. Nantón |
S.D. Coristanco | 2-0 | S.D.San Lorenzo |
C.F. Dumbría | 2-0 | C.D. Baio |
S.D. Castriz | 5-0 | Camariñas Vet |
S.D. Laxe | 1-0 | Bértoa |
San Román | 2-0 | Muros S.D. |
Camelle S.D. | 1-1 | Leiloio |
S.D. Sofán | 7-0 | S.D.U. Vimianzo |
S.C.D. Malpica | 2-1 | C.D. Poniente |
Erbecedo | 6-1 | U.D. Cerqueda |
Corme C.F. | 0-5 | Agualada |
At. Milagrosa | 7-1 | Buño S.D. |
Porteño C.F. | 1-2 | SDC Corcoesto |
Laxe | 1-4 | Peña Galicia |
Valenza | 5-3 | A Piña |
Cances | 11-2 | Sp. Seaia |
Xornes | 1-4 | Sp. Brea |
Rus | 1-5 | Cereo |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).