Martes. 07.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Xornada aciaga

1ª Autonómica: Xornada aciaga
Noia-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Un só punto colleitaron os 5 equipos costeiros nesta 11ª xornada da 1ª Autonómica. A Esteirana foi a única que sumou, e un empate en Sigüeiro. Un punto que lle vale para igualar ao Malpica na 5ª praza, trala esperada pero loitada derrota do cadro de Baña en Noia ante o intratable líder.
Precisamente o líder visitará o Pinguel a semana que vén. E non parece que chegue no mellor momento o partido para un Ponteceso que caía estrepitosamente en Padrón e que segue sendo o pechacancelas da categoría. Non está moito mellor o Camariñas, que sumaba a súa 5ª derrota consecutiva desta volta ante o Arzúa e tamén está en descenso con só 2 puntos máis que o Ponteceso.
Pola súa conta, o Baio caía en casa e queda na 8ª praza, só un punto por debaixo de Malpica e Esteirana.

Flavia - Ponteceso (7-1)

  • PONTECESO: Illote, Javi Peón, Dieguiño, Moscoso (Puente, min.75), Josito (Youssef, min.75), Alberto Recarey, Miki Pose, Rubén, Diego, David Brenlla (Bolón, min.50) e Nando.
  • Goles: 1-0, min.15; 2-0, min.44: ; 3-0, min.47; 3-1, min.55: Miki Pose; 4-1, min.70; 5-1, min.75; 6-1, min.80; 7-1, min.85.
  • Expulsión: Illote no min.15.

A expulsión de Illote aos 15 minutos foi clave para o devir do partido. Tívose que meter Nando baixo paus e aínda así o equipo aguantou unha hora, a pesar de chegar tocado do cumpleanos da noite anterior. Marchouse aos vestiarios co 2-0, e o segundo gol local chegou no min.44. Nada máis saír na segunda, o Flavia facía o terceiro pero aínda non se descompuña o equipo de Mato, e neses 15 minutos do comezo da segunda Miki Pose recurtaba e o Ponteceso estivo preto de meterse no partido. Pero a partir do 4º deixáronse levar os pontecesáns e puideron caer aínda algún máis. Malas novas para este Ponteceso que a vindeira semana recibe ao líder, o Noia.

Baio - Unión (1-2)

  • BAIO: Anxo, Jose, Chema, Mario, Eloy, Yago, Norber, Bieito, Christian, Alberto, MC. No banco: Manuel, Fredi, Fachal, Canay, Valentín.
  • Goles: 0-1, min.57; 0-2, min.63; 1-2, min.83: Canay.

Mal resultado, pero non tan mal partido do Baio na casa ante un Unión que o alcanza na táboa. Os de Rianxo compezaron agazapados, deixando o dominio aos baieses. E a primeira metade foi de dominio local sen demasiados apuros para ningún.

Pero a segunda metade, dúas páxaras case consecutivas dos locais permitían poñer un 0-2 que se convertiu en insalvable para os de Félix.

Camariñas - Arzúa (1-2)

  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Conguito, Roi, Sergio, Manu (Wii, min.65), Asier, Brais, David, Sule, Martin, Yuyo (Paco, min.60).
  • Goles: 1-0, min.20: Yuyo; 1-1, min.30; 1-2, min.85: de penalti.
  • Expulsión: Wii no min.89 por vermella directa.

Nova derrota do Camariñas pero polo menos desta volta o equipo fixo un bo partido, cambiando a imaxe e merecendo moito máis. Tivo ocasións de sobra para deixar os 3 puntos na casa o cadro de Berto, con varias ocasións comezou gañando e puido ampliar o marcador tralo gol inicial de Yuyo. Por exemplo, un centro de Martín que Yuyo non acertou a empurrar a dentro en boca de gol. Podía cambiar o partido co 2-0 e xusto, en apenas un par de xogadas despois, o Arzúa, a base de fútbol directo, conseguían empatar.

Na segunda comezou ben o cadro de Berto, e puido poñerse por diante cun cabezazo de Brais soíño, ou unha falta de David de Muxía que parou o porteiro na escuadra. Pero o Arzúa, un equipo moi sólido atrás, aguantou e soubo aproveitar as súas bazas. Así, nunha contra xa a falta de 3 minutos, Sule tivo que facer penalti que non fallaron os visitantes.

Sigüeiro - Esteirana (1-1)

  • ESTEIRANA: Manu, Codesido, Serrano, Maceiras, Suizo (Juan, min.85), PIcho, Álex, Uru (Andel, min.67), Róber, Pabliño, Raíl (Kike, min.67).
  • Gol: 1-0, min.70: de cabeza; 1-1, min.73: Picho de forte cabezazo tras unha falta lateral.
  • Lesions: Sui con molestias na perna dereita e Raúl con golpe no nocello.

Un valioso punto arrincaron os de Esteiro no campo dun Sigueiro que viña en progresión, sobre todo na casa onde se facían fortes. Como estamos vendo este ano, os equipos recén asecendidos, tanto da nosa zona como da de Santiago, están no alto da tabla e veñen sendo a sensación da tempada en primeira autonómica. Equipo completo o local, onde destacaba o histórico xogador do Compos, Ferrol, Narón, etc Juanito, o cal dá nome ao campo da súa localidade natal, Sigueiro.

No tocante ao deportivo, dominio dos locais durante todo o partido, con moita posesión de balón, xogo combinativo e ampliando o campo en ataque. A Esteirana defendeu con moito orde, ben organizado e tapando tódolos ocos posibles. De feito as ocasións máis claras na primeira parte viñeron a balón parado. Para os locais despois dun corner que saca o porteiro Manu na mesma liña de gol, e para os visitantes disparos lonxanos de Serrano e Pablo. Na segunda foi un partido máis abertos e disputado , con máis alternativas no xogo, máis vistosos para os aficcionados e rompendo xa ese orde táctico do primeiro período. Tras algún arreón dos de Esteiro, foi o Sigueiro quen se adiantou no marcador tras un saque de falta lateral e gol de cabeza tras gañar a partida por alto a defensa dos esteiráns.

A reacción foi inmediata e 3' despois empataba a Esteirana en xogada calcada ao gol local, balón parado ao segundo pau e Picho que se eleva por encima dun xogador do Sigueiro e de perfecto cabezado por o marcador en empate. Viñéronse arriba os de Esteiro que disfrutaron de algunhas ocasións máis, un disparo a madeira de Andel e tm unha chegada desde atrás Pabliño que non puido coller porta. Por parte do Sigueiro, outra parada de Manu, e dúas faltas ao borde da área que non puideron materializar.

Puido a Esteirana virse cos tres puntos, pois de atinar algunha nese intercambio de ocasións, traerían un marcador favorable polo que loitaron con moita vontade.

Tiña a Esteirana moitas baixas esta semana, incluso con moitos problemas para facer convocatoria, xa que incluso os "tocados" tiveron que axudar ao equipo e formar parte dos 16. De aí que haxa que destacar o labor de tódolos xogadores, pois a contribución de todo o plantel é positiva domingo tras domingo. O representante do Concello sigue sumando e agora ten dous partidos importantes (Baio e Agolada) para marcar se é capaz de aguantar nos postos de arriba da clasificación.

Unha vez máis, masiva afluencia de seguidores da parroquia que van acompañar ao seu equipo xornada tras xornada.

Noia- Malpica (3-2)

11-do-Malpica-en-Noia-Foto-Wash-Calvo
  • MALPICA: Pombo, Adrián (Eloy Vilas, min.46), David Castro, Mario Casal Manuel Casal, Alemán (Abel, min.46), Neucha, Juan oBello, Martín Maradona (Óscar Suárez, min.46), Ismael, Tato (Eloy Cabeza, min.70).
  • Goles: 1-0, min.1: Chenel; 1-1, min.13: Neucha de falta directa; 2-1, min.30; 3-1, min.35; 3-2, min.60: David Castro de penalti cometido sobre Juan oBello.
  • Expulsión: o malpicán Eloy Vilas.
Gol de Neucha de falta no Noia-Malpica-Foto-Luis Porto

Non trouxo nada o Malpica do campo do líder pero si que deu a cara ata o final. O partido tivo duas fases ben distintas. Na primeira metade o dominio e ocasións do partido foron claramente para o Noia, cun Malpica que só puido marcar cun golazo de falta de Neucha. Adiantarase o Noia no primeiro minuto, o Malpica soubo respostar pero os últimos 15 minutos dos locais foron de gran ritmo e conseguían por o 3-1 no marcador.

Na segunda parte os malpicáns demostraron mellor forma física e dominaron máis o xogo. Marcaron o 3-2 de penalti a Juan oBello cando faltaba abondo para o final. Pero non foron capaces e hai que decir que o Noia mereceu gañar o partido.

Capítulo aparte para a arbitraxe, que os malpicáns consideraron "extremadamente caseira". Moitas tarxetas para os malpicáns, entre elas dúas, moi rigorosas, para Eloy Vilas que acabou o partido antes de tempo. Pola contra, para o Noia non tiña a man tan lixeira, segundo denunciaron os malpicáns, e por exemplo no penalti só sacou tarxeta por protestar pero non pola xogada. Ademais, denuncian que só descontou 2 minutos.

Pombo non puido facer nada para evitar a derrota do Malpica en Noia-Foto-Noia CF

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios