Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Comezan a perfilarse os favoritos ao Playoff polo título na Liga FS de Carballo

Comezan a perfilarse os favoritos ao Playoff polo título na Liga FS de Carballo
Liga de FS de Carballo-Foto-David Castro

Parece que os equipos van collendo posicións.
No Grupo Azul, gran vitoria do Carnicería Eusebio sobre o Brasería Caracola (6-1), presentando así as súas credenciais para a pelexa polo título, no que o S2 Informática e o Construccións Maracaná, que venceron ao Asesoría Súarez (2-5) e ao Mar de Menta (9-3), respectivamente, encabezan a clasificación con 7 puntos e un partido máis que o Carnicería Eusebio, que leva dúas vitorias en dous encontros.

No Grupo Vermello os coristanqueses do Bodegón Trincado non quitan o pé do acelerador e encabeza a clasificación tras gañar os tres encontros que disputou, logo de vencer esta semana ao Cafetería Habanos 79 por 4 a 2. O Tasca A Cunca-Supermercado C&M é outro dos favoritos que venciu os dous encontros que disputou ao igual que o Cervecería Troula. O Talleres Sousa-Restaurante Seiruga e o Peluquería Este-Oeste son 2º e 3º clasificado, respectivamente, con sete puntos tras o encontro que disputaron esta semana que rematou co resultado de empate a 3.

Crónica da semana: Asesoría Suárez - S2 Informática (2-5)

Asesoria Suarez da LIga Futbol Sala Carballo-Foto-David Castro
  • Asesoría Suárez: Marcial, José Luis, Héctor, Jaja e Santi. Tamén xogaron: Pablo e Adrián.
S2 Informatica da Liga Futbol Sala Carballo-Foto-David Castro
  • S2 Informática: César, Robin, Alberto, Isma e Adrián Rey. Tamén xogaron: Gustavo e José Manuel.
  • Goles: 1-0 m.5: Falta lanzada por José Luis, que empurra Jaja a gol tras aproveitar o rexeite da barreira. 1-1 m.9: Saque de banda de Alberto, que empalma Robin para batir a Marcial. 1-2 m.10: Recuperación de Adrián Rey en mediocampo e este bate ao porteiro do Asesoría Suárez no man a man. 1-3 m.16: Erro de marca nun saque de banda a prol do S2 Informática, que aproveita Gustavo para empurrar o esférico a gol. 1-4 m.17: Contragolpe dos visitantes que finaliza Isma cun gran lanzamento. 1-5 m.33: Tras varios rexeites, Robin saca un lanzamento que bate a Pablo. 2-5 m.35: Logo dunha xogada combinativa do Asesoría Suárez, Santi empurra a gol sobre a liña.
  • Árbitros: Arnejo (pista) e Juan (mesa), ben, sen problemas.

Partido moi pouco vistoso para o público presente no pavillón Carballo Calero o que disputaron o Asesoría Suárez e o S2 Informática.
Comezaría dominando o equipo local os primeiros minutos do encontro e adiantaríase no marcador cun gol de Jaja, que aproveita un rexeite da barreira logo dunha falta lanzada por José Luis. Pero non tardaría en reaccionar o S2 Informática remontando o encontro con catro goles antes do tempo de lecer tras varios erros do equipo local.

A segunda metade sería de ida e volta pero con contadas ocasións de gol para ambos equipos. A falta de nove minutos para o final, o Asesoría Suárez iría a por todas sacando á pista a Pablo como porteiro xogador, pero o equipo local non sería quen de aproveitar a superioridade en ataque, en parte pola gran defensa do S2 Informática. De feito, serían os visitantes quen aproveitarían a estancia de Pablo na portería para facer o 1 a 5 por medio de Robin que bate ao porteiro-xogador do equipo local tras varios rexeites. Á falta de cinco minutos, logo dunha boa xogada combinativa do Aseroría Suárez, Santi empurra a gol sobre a liña para facer o definitivo 2 a 5.

O S2 Informática superou ao Asesoría Suárez nun encontro igualado en canto a xogo, pero no que se levou os tres puntos o equipo que soupo aproveitar mellor os erros do outro conxunto.

Táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Crónicas da Liga FS Carballo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios