Nova xornada completa de Fútbol da Costa esta de xaneiro, con moito que contar.
Comezamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos cambiaron as rutinas. Chegaba mellor o XSC a esta xornada, pero caía en Viveiro, e queda cos 28 puntos. Pola contra, o Dumbría, tras 4 xornadas sen gañar, mantiña 3 puntos importantes na casa e suma un máis que os xalleiros, pero ambos equipos ven como a parte alta vai escapando.
Só o Baio salvou a mala xornada dos nosos na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Os de Félix venceron en Silleda e quedan a 8 puntos do liderato. Un liderato que aínda conserva o Sofán, que non está no mellor momento tras sumar só unha vitoria nos últimos 4 partidos. De feito, o Villestro, que sumaba ante o Corme a súa cuarta vitoria seguida, vén como un vendabal e queda a só 1 punto. Ademais, Soneira e Malpica caían ante dous de abaixo, facéndolle flaco favor a unha Esteirana que tampouco sacou nada da súa visita ao Cordeiro.
Tensísima a xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O San Lorenzo recupera vantaxe e ten de novo 4 puntos de vantaxe sobre o Outes tras vencer ao Baíñas pola mínima, e aproveitar o empate dos da Serra en Ara Solis. Por detrás, o partidazo da xornada deixa ao Zas metido na pelexa por todo, tras vencer ao Castriz en San Andrés. Volantes súmase tamén á pelexa e queda a só 9 do líder tras superar ao Buño, que queda algo descolgado. Por abaixo, Camariñas e Ponteceso comezan a ser os equipos que se esperaba, e suman 22 puntos e seguirán subindo posicións. Cabana e Porteño sumaban un punto que non lles vale para escapar dos de abaixo, onde o Montelouro sumaba o seu cuarto partido sen perder e queda a 4 da salvación, mentres o Camelle, malia súa melloría, leva 6 derrotas seguidas e 12 sen coñecer a vitoria.
Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, recupera o liderato o Cerqueda tras superar, na casa, ao Ameixenda, no choque de trens da categoría. Quedan con só un punto de vantaxe os dous máximos candidatos ao ascenso directo. Por detrás, o Corcubión queda a 6 do liderado tras caer ante un Coristanco que queda 2 puntos por detrás. A sorpresa da xornada a daba o pechacancelas, o Laxe, que vencía en Lombáns por 0-5 a un Lira aspirante a todo, capaz do mellor e do peor. Ademais, O Nantón non fallou ante o Castrelo nun partido clave, para evitar que se metese na pelexa pola Promoción e así ampliar a renda sobre o Muxía.
Xuvenís
Fermosa estase poñendo a Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os campións están dándoo todo, e polo de agora, Os Miúdos está sendo a revelación, pois suma dúas vitorais en dous partidos, e esta semana vencendo a todo un XSC. Os muradáns comparten liderato co Dumbría, que endosou o segundo set seguido ao Porteño. Ademais, o Camariñas e Cabana protagonizaron un novo e intenso choque, que se sadou cun empate.
Mentres, na insulsa Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, da que só quedarán eliminados 3 equipos, temos que Esteirana, Coristanco e, sorprendentemente Malpuca (despois da súa mala primeira fase) suman os dous encontros por vitorias. Quedan polo de agora 4 equipos sen puntuar, Zas, Baio, Cee e Castriz.
De base
Non foi boa a xornada para os nosos nas Ligas Autonómicas, se ben o XSC da Liga Galega Cadete e o Dumbría infantil sumaron un punitño cada un que pode ser importante.
Seguen moi igualadas as ligas base. En 1ª Cadete, os de arriba non fallaron, e Corme, Cabana e Ponteceso golearon e manteñen o ritmo. Ademais, na 1ª Infantil, manteñen a fermosa pelexa Fisterra e XSC no alto da táboa, empatados con 45 puntos, 6 máis que os Miúdos e 7 que Cabana.
Xa cos máis peques, en F8 Alevín Costa Sur o Outes levantou o pedal sumando o seu primeiro empate ante a Esteirana tras 10 vitorias seguidas, e o Cee A colócase a só 1 punto. Nos F8 Benxamín Costa Sur, Outes e Fisterra seguen o seu pulso.
Aprétanse as cousas nos Veteranos
Máis apretada que nunca está a 1ª División dos Veteranos, con 5 equipos en apenas 3 puntos. O líder, o Hosgran, non pasaba do empate ante o Baio, tropezo que aproveitaron os seus rivais para recurtar distancias. O San Román sitúase de colíder tras vencer en Cabana. O Cabana queda a 2 puntos despois de superar ao Bértoa, e Coristanco e Milagrosa quedan a 3, e iso que ao Coristanco tocáballe descansar.
Sen embargo, na 2ª División o Agualada escapa case que definitivamente, pois saca xa 9 puntos ao Erbecedo, que non pasaba do empate ante o Cerqueda, 13 ao Porteño, que descansaba, e 15 ao San Isidro-Razo, que esquece o seu fantástico comezo de campaña e caía ante o Poniente.