Preferente: Metidos nun pano


4 xornadas sen gañar leva o Dumbría e cae ata a 13ª praza da Preferente - Senra Sport, con 26 puntos. Hai un bo feixe de equipos metidos nun pano, pois dende o XSC, 8º con 28 puntos, ta o propio Dumbría, hai só 2 puntos. Ademais, a promoción está só a 5 do cadro xalleiro, que non podía pasar do empate nun partido condicionado polo tempo ante o Dubra.
Xallas StComba - Dubra (0-0)
- XSC: Vicente, Rubén Forján, Oscarín, Rubio, Aarón, Jota, Marcos (Doro, min.70), Joshi (Jesús, min.57), Kevin (Choco), Vía Rápida (Pablo Muíño, min.70) e Pablo Baña.
- Expulsión: Aarón no min.66.

Duro partido nun tocado céspede de Fontenla. O campo está impracticable neste treito da temporada, e as chuvias e o vento non axudaron. Foi un choque intenso, con demasiado respecto na primeira metade. Así e todo a mellor ocasión chegaba para os costeiros, por medio de Aarón.
O XSC tiña máis intención de ir polo partido pero ao cuarto de hora da segunda, o colexiado expulsaba, inxustamente para os locais, ao propio Aarón, deixando ao cadro bicolor media hora cun home menos. Aí se puxo o partido costa arriba e o Dubra puido facer dano pero o resultado quedaría nunhas xustas táboas.
Arzúa - Dumbría (3-0)
- DUMBRÍA: Iván, Tantán, David (Bran, min.46), Jose, Pablo, Aarón, Adrián Makaay (Martín, min.79), Jesús (Javi, min.69), Diego Cespón (Darío, min.66), Iago e Kevin.
- Goles: 1-0, min.55; 2-0, min.89; 3-0, min.90.
Saía ben o conxunto dumbriés en Arzúa e facía unha primeira media hora moi boa, combinando ben e chegando nalgunha internada de Adrián Makaay. Pero non eran demasiado perigosas as chegadas, e o conxunto local íase asentando sobre o terreo de xogo.
Arrincaba mellor a segunda o Arzúa, que aos 10 minutos se metía por diante, e nese treito puido ampliar a renda. O Dumbría recuperou folgos e estirou liñas, e tivo 20 minutos no que puido chegar o empate. Pero xa co tempo cumplido, o Arzúa marcou dous goles consecutivos que asinan unha goleada demasiado excesiva.
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.19: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría.
- X.18: O 2015 comeza na Preferente.
- X.17: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- X.16: Cambio de marcha.
- X.15: O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Novas relacionadas
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).