Venres. 03.05.2024
El tiempo

Resultados e análise dunha xornada pasada por auga

Resultados e análise dunha xornada pasada por auga
Gabi do Corcubion no partido ante o Muxia

Menuda xornada pasada por auga esta do ecuador do mes de xaneiro. Pero así e todo todos os partidos se disputaron e houbo moitos choques de interese. Así que despois de botar un recordo no mítico Campo do Carreiro.

Comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, na que o XSC non pasaba do empate a 0 ante o Dubra, outro da zona alta. Quedan os xalleiros a 5 da promoción, e a 4 do propio Dubra. Pola súa parte, o Dumbría nada conseguía da súa visita a Arzúa e queda en zona morna.

A atención da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra centrábase no derbi costeiro norte-sur, no que non se plasmaron, para nada, as diferencias da táboa. I é que o pechacancelas, Esteirana, visitaba o imbatido campo do Sofán, e malia que non puido sacar nada positivo, si que demostrou poder pelexar ata co líder caendo por un gol de Raúl no último minuto.
O que non pode manter o ritmo dos de arriba parece ser o Baio, que caía en casa ante o Villestro (con moi mala sorte, iso si, despois dun gol no min.94) e deixa escapar as primeiras posicións, quedando a 11 do Sofán e a 7 do propio Villestro. Ademais, o Malpica conseguía unha incómoda pero valiosa vitoria ante o Piloño que lle permite cazar a un Soneira que pasou de vendabal a ser levado polo vento do Sigüeiro. Pechaba a xornada o Corme, cunha nova derrota na casa que o deixa ao fío dos postos de descenso.

O partidazo da xornada disputábase na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O Cunchido acollía o choque entre o Outes, 2º, e o líder, o imponente San Lorenzo, e o cadro de Manu Roque, despois dun partido tremendamente igualado, sacaron unha vitoria que vale ouro e que os deixa a só 2 do liderato.
Por detrás, o Castriz non fallou ante un Cee que non acaba de atoparse a si mesmo. O que non mantén o ritmo é o Zas, que caía en Lombáns ante un xa necesitado Carnota, que volve pegar o estirón pola parte baixa. Igual que o Ponteceso, que tiña un duelo directo co Porteño e escapa da zona baixa. E tres cuartos do mesmo para o Camariñas, que goleaba ao Cabana, ao que deixa moi preto dun Montelouro que parece que xa pode competir con calquera. Tamén competiu ben o Camelle en Vimianzo, pero Baíñas sacou unha nova vitoria.

E finalmente, gracias á destreza da alma máter de QPCDeportes, ideamos un sistema para manter o pulso en www.futboldacosta.com da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira neste inicio da terceira volta. Ademais, con novidades. O Ameixenda non fallou nun partido tremendamente complicado ante o Nantón e aproveita que o Cerqueda descansa para recuperar o liderato. Baixa un pistón o Corcubión, que caía na casa ante un Muxía que con 21 puntos se mete defintivamente na pelexa pola Promoción, quedando a un só punto dos cabaneses. O Castrelo intenta meterse tamén nesa pelexa pero queda a 7 puntos despois de empatar ante un Lira que viña con moita forza. Por último, o Coristanco suma a súa segunda vitoria ante un mellorado pechacancelas, Laxe.

Segunda fase nos Xuvenís

Son Os Miúdos os primeiros líderes da Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, despois de endosarlle un set ao Porteño. O Camariñas vencía en Santa Comba a todo xalleiro e confirma que vai a por todo despois de quedar flamante campión do Norte, e pelexará co Dumbría. que vencía ao Cabana nas Redondas, polas dúas prazas que dan acceso á seguinte fase.

Estreaban tamén a Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, con 6 partidos apretados pero ningún empate. Non ten mala pinta esta única volta, cos equipos mesturados do Norte e do Sur, que pode ser moi igualada. O único problema é que só quedarán fóra 3 equipos de 13 en competición.

De base

Vitoria importante para respirar moi tranquilos do Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. Os que non puideron facer nada foron os cadetes do XSC ante o 2º da Liga Galega, e os infantís do Dumbría nada menos que no Mundo do Fútbol de Abegondo.

Xa nas Ligas Locais, Corme e Cabana (a cabanesa ante As Baleas, 5º) manteñen, a base de vitorias, o pulso no alto da táboa da 1ª Cadete, unha vez que Ponteceso e Cee, 3º e 4º respectivamente, asinaban un empate.
Máis diferencia hai na 1ª Infantil, onde as goleadas dos Fisterra, XSC, Os Miúdos e Cabana demostran o seu poderío.

E nos máis peques, o Outes non frea en ambas categorías, co Cee A preto nos Alevíns e o Fisterra empatado nos Benx.

Aprétanse os Veteranos

Aprétase o alto da táboa da 1ª División dos Veteranos. O líder, o Hosgran, caían ante o Bértoa, tropezo que aproveita o Coristanco, que vencía ao Laxe, para colocarse a 2 puntos, empatado cun San Román que sufría pero vencía en Zas. O Dumbría métese de novo na pelexa tras gañar en Castriz.
Na 2ª División, o Agualada non levanta o pedal, o Erbecedo e o Porteño intentan manter o ritmo mantendo unha loita pola segunda praza, da que parece que se alonxa o San Isidro-Razo despois de non pasar do empate ante o Cerqueda.

Así que aí van os máis de 75 resultados da fin de semana:

Preferente - Senra Sport, xornada 20

Xallas StComba 0-0 Dubra
Arzúa 3-0Dumbría

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 19

Malpica 1-0 Piloño
Sigüeiro 4-0 Soneira
Corme 0-2 Amio
Baio 1-2 Villestro
Sofán 3-2Esteirana

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 19

Camariñas 5-0 Cabana
Mazaricos 3-2 Seaia
Baíñas 3-2 Camelle
Volantes 1-1 Fisterra
Carnota 2-1 Zas
Ponteceso 5-2Porteño
Buño 1-1 Montelouro
Castriz 5-1 Cee
Outes 1-0 San Lorenzo

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 19

Corcubión 1-2 Muxía
Laxe 1-2 Coristanco
Castrelo 1-1 Lira
Ameixenda 1-0 Nantón
  • Descansa Cerqueda.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1

Porteño 1-6 Os Miudos
Xallas StComba 1-2 Camariñas
Cabana 0-2 Dumbría

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 1

Esteirana 3-1 Outes
Cee 2-3 Corcubión
Fisterra 4-2 Castriz
Malpica 2-1 Zas
Coristanco 3-0 Ponteceso
Baio 0-1 Corme
  • Descansa Muxía.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 19

Dumbría 3-2 Coruxo

Liga Galega Cadete, xornada 19

Conxo 5-1Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 16

Deportivo 5-0 Dumbría

1ª Cadete, xornada 18

Os Miudos 4-3 Sofán
Fisterra 1-2Baio
Corme 9-2 Coristanco
Cee 1-1 Ponteceso
Cabana 3-1 As Baleas
Esteirana 3-0- Outes
  • Descansa Muxía.

1ª Infantil, xornada 18

Coristanco 1-0 Ponteceso
Xallas StComba 9-1 Esteirana
Zas 0-7 Fisterra
Vimianzo 0-3 Outes
Sofán 3-5Cabana
Os Miudos 9-1 Corme
  • Descansa Cee.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 10

Dumbría B 4-3 Sofán
Lira 0-12 Outes A
Esteirana A 1-3 Dumbría
Esteirana B 0-7 Fisterra
As Baleas 7-1 Cee B
Os Miúdos A 0-11 Cee A
Os Miúdos B 2-8 XSC A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 10

Lira 0-18Outes
Esteirana 0-1 Dumbría
As Baleas 4-3 Cee B
Os Miúdos A 25-0 Cee A
Os Miúdos B 1-13 XSC A
XSC B 0-12 Fisterra
  • Descansa Sofán.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 17

Sp. Zas 1-2 San Román
Baio 2-1 Cabana
Bértoa 1-0 Hosgran
Castriz 0-2 Dumbría
Coristanco 3-2 Laxe
Ponteceso 1-3 At. Milagrosa
San Lorenzo 2-1 Soneira
  • Descansa Xuv. Bergantiños.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 17

Vimianzo 1-3 Corcoesto
Dep. Carballo 5-0 Camariñas
Erbecedo 7-0 Sofán
San Isidro-Razo 0-0 Cerqueda
Buño 3-2 Poniente
Agualada 5-2 Malpica
Porteño 5-2 Nantón
  • Descansa Leiloio.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios