Venres. 03.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Outes pode co líder

2ª Autonómica: O Outes pode co líder
Imaxe do Ponteceso-Porteno-Foto-SD Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Mantense de líder o San Lorenzo tras pasar polo Cunchido nesta 19ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Pero o Outes, trala apurada vitoria no partidazo da xornada no Cunchido, queda a só 2 puntos do San Lorenzo, igualando ademais o golaverage individual.

Por detrás, o Castriz non quere perder comba, vencía o Cee con rotundidade e queda a só 5 puntos do liderato. O que non puido manter o ritmo foi o Zas que caía en Lombáns ante un xa necesitado Carnota.
No seguinte grupo, Volantes e Fisterra asinaban unhas táboas que non lle serven para achegarse á zona alta, e o mesmo lle pasaba ao Buño cun Montelouro que leva un 2015 espectacular, e que xa acosa ao Cabana e Porteño, os equipos que marcan a salvación e que veñen sufrindo xeiras negativas de resultados. Dá sinais de recuperación tamén o Camelle, pero nada puido sacar da súa visita ao Baíñas.

Por abaixo houbo varios duelos directos, que deixan ao Carnota, Ponteceso e Camariñas máis desafogados, metendo ao Porteño e Cabana en líos.


Camariñas - Cabana (5-0)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Sergi, Martín, Darío, Nico (Martín, min.65), Moriño (Adrián, min.70), Ismael, Javi (Brais, min.75), David (Saviola, min.60), Sule e Yuyo.
  • CABANA: Añón (Víctor), Raúl (Eloy García), Pepe (Grille), Aurelio, Dani Mato (Diego), Iván de Trreos, Moreno, Josiño, Fernando (Reigía), Manolo do Cruceiro (Adán) e Laik.
  • Goles: 1-0, min.20: Yuyo; 2-0, min.30: Yuyo; 3-0, min.40: Sule; 4-0, min.55: Yuyo; 5-0, min.80: Yuyo.

Choque directo da zona baixa que serve para que o Camariñas pegue un estirón deixando ao Cabana marcando a salvación. Os camariñáns superan así, con 19 puntos, ao Cabana, que queda con 17, tras sumar só unha vitoria nos últimos 12 partidos..

O partido foi claramente dominado polo equipo de Gerpe, ante un Cabana que se notou inferior dende o inicio e que non foi quen de superarse. Cómpre destacar o partido de todo o equipo conserveiro, pero onte o partido tivo un nome propio: Yuyo, que anotou nada menos que 4 goles.


Mazaricos - Seaia (3-2)

  • MAZARICOS: Marcos, Miguel, Esteban, Ramón, Chico, Ricardo, Ferreiro, Estéfano, David, Molinos (Coxo) e Pereiro (Tuco).
  • SEAIA: Jesús, Lesi (Zala, min.65), Vistas, Parga, Avelino, Miguel, Camilo, Tato, Damián (Adra, min.65, Nando e Magovi (Richard, min.55).
  • Goles: 0-1, min.1: Camilo; 1-1, min.20: Ramón; 2-1, min.65: Pereiro nunha contra a pase de Miguel; 3-1, min.77: David de penalti cometido sobre Molinos; 3-2, min.82: Richard de cabeza.
  • Expulsión: o amarelo Ferreiro no min.73 e o delegado malpicán Pablo.

Igualadísmo partido no Pino do Val marcado polas duras condicións meteorolóxicas, cun campo moi brando e moi rápido. Empezaba enchufadísimo o cadro malpicán, que aos 30 segundos xa se adiantaba aproveitando un esvarón do meta amarelo. O Mazaricos subía unha marcha e metía, con intensidade, aos visitantes no seu campo. Empataban os locais nunha falta lateral na que tamén un esvarón da defensa deixaba o balón franco para marcar.

Saía de novo o Seaia máis metido no comezo da segunda metade pero, tras varias ocasións falladas, o Mazaricos se adiantaba nunha contra, e pouco despois, xa cun home menos, ampliaba a renda cun penalti moi protestado polos malpicáns, que lamentaron a actuación arbitral dun vello coñecido.

Tocaba sufrir e o cadro amarelo soubo sufrir ata o final. O Seaia apurou, recurtou e meteo aos locais na súa área, pero o gol do empate non chegou.


Baíñas - Camelle (3-2)

  • BAÍÑAS: David, Martín, Braulio (Samuel, min.80), Mario, Rodri (Marcos, min.46), Jaime, Esteban (Matam, muin.60), Cristian (Diego, min.70), Eloy Vilas, Eloy Cabeza e Javi Suárez.
  • CAMELLE: Jimmy, Felisiano (Peseta, min.70), Dido, Valiña, Muxisco; Macho, Brais (Pietrus, min.65), Tedín (Pantera, min.75); Mario, Tajes (David, min.60) e Felipe.
  • Goles: 1-0, min.15: Braulio tras unha falta; 2-0, min.30: Javi Suárez; 2-1, min.40: Dido nunha falta lateral; 3-1, min.65: Javi Suárez nunha contra; 3-2, min.75: Mario tras unha parede con Tonsón.

Partido moi disputado que servía de estrea no banco vimiancés de Pablo Mallón, entre un gran Camelle e un novo Baíñas algo verde e en construción. O Camelle non quere darse por vencido na sua intención de salvarse e demostrou que pode competir con calquera.

E iso que o partido comezaba co Baíñas moito mais metido, e á media hora xa mandaba con 2-0, xogando bastante ordenados. O Camelle pelexaba todos os balóns, pero Braulio de cabeza e Javi Suárez, que facía moito dano por banda, adiantaba aos locais. Pero un gol dos camelláns nunha falta lateral fixo chegar co 2-1 ao descanso.

Na segunda, o Camelle tornouse amo e señor do partido. O Baíñas deixábase presionar pero así e todo tiveron boas ocasións, cun longueiro de Eloy Cabeza e unha de Javi Suárez que non definiu ante Jimmy. Nunha contra chegaba o terceiro dos locais, pero non se deixaba levar o cadrode Varu e recurtaba, poñendo en apuros ata o final aos locais. Os camelláns estrearon a nova fichaxe, David, procedente dos xuvenís do Porteño.


Volantes - Fisterra (1-1)

  • VOLANTES: Rubén, Brea, Mayu, Juan, Javi, Óscar, Parde (Moja), Picho, Miguel, Brais e Piti.
  • FISTERRA: Norberto, Santi (Borja Munitos, min.72), Robertín, Julito, Piti (Naranjo, min.84), Juan, Guardiola, Eddy, Pablo Lestón, Aitor e Mané (Yeray, min.70).
  • Goles: 0-1, min.19: Pablo Lestón dende o medio campo pillando a Rubén adiantado; 1-1, min.35: Piti tras unha asistencia de Brais.

Partido moi vistoso entre dous equipos da zona alta que aspiran a meterse na pelexa, e aos que o empate non lles vale. O Fisterra comezou moi forte, cunha gran primeira metade e un golazo de Pablo Lestón dende o medio campo aproveitando que Rubén estaba adiantado.

Pero foi perdendo folgos o cadro verde e o equipo de Felipe foi facéndose co control. Piti, a pase de Brais, anotaba o seu 18º tanto, e aí o Volantes puido decantar o partido pero entre Norberto e a falta de acerto dos laranxas se matiña o empate ao desacnso.

No segundo tempo, boa primeira media hora do cadro muradán pero sen crear demasiado perigo. Sen embargo, cos cambios o Fisterra espertou e tivo uns 15 minutos finais de gran intensidade nos que puido levar o partido.


Carnota - Zas (2-1)

  • CARNOTA: Luís de La Peña, Ferreiro, Manolo Chouza, Pablo Pichín (Andrés), Tono da Caixa, Pumuki (Raúl), Niko, Andrés, Jrabello (Borja Santos) (Bernardo), Míchel e Pablo Beiro.
  • ZAS: Tívoli, Martín (David Blanco, min.46), Pereiro (Fabián, min.68), Isma, Oli (Pablo, min.57), Canedo, Peke (Manu, min.68), Abel, Álex, Dani e Josito.
  • Goles: 1-0, min.14: Manuel Luís coa axuda da defensa nun balón peiteado; 2-0, min.39: Míchel marca un golazo de falta pola escuadra; 3-0, min.75: David Blanco de cabeza.

Partido igualado que remata cunha apurada vitoria do Carnota, que suma a súa segunda vitoria consecutiva e escapa dos postos de descenso, que deixa agora a 9 puntos. Un Carnota que baseou a súa vitoria na eficacia, e na calidade do meta Luís de la Peña, que aguantou do equipo, mesmo parando un penalti, durante unha segunda metade na que o Zas foi superior.

Durante os primeiros 45 minutos o Carnota tivo máis o control, e marcou pronto, pero o Zas, que dispuxo de boa parte das ocasións do partido, tivo dúas (Luís nunha falta e un balón ao longueiro de Dani) para empatar antes do segundo, un golazo de Míchel.

Na segunda metade, monólogo visitante, pero os de Iván Cancela se atoparon cun gran Luís. con ocasións de Abel e Álex case que a “bocajarro”, unha de Josito ao longueiro, e outra de Pablo á que responde ben Luís. Pero despois do gol de David Blanco non houbo apenas chegadas claras ante un cadro de Cambeiro que soubo pecharse ben atrás.


Ponteceso - Porteño (5-2)

11 do Ponteceso ante o Porteno-Foto-SD
  • PONTECESO: Brais, Dani Valle, Diego Collazo, Moscoso, Pablo Pailos, Alberto Recarey, Mendieta, Ismail (Juanma, min.64), Martín Puente (Youssef, min.85), Christian Martínez (Brais, min.63) e Eloy.
11 do Porteno no Pinguel-Foto-SD
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Curra, Gabi, Manu, Doyle (Rodri, min.50), Roi, Cristian, Cachi (Jose, min.46), Anxo (Marcos, min.46) e Wii (Oli, min.65).
  • Goles: 1-0, min.8: Christian Martínez de cabeza nun córner; 1-1, min.16: Cristian Canosa de falta; 2-1, min.40: Christian Martínez aproveita un rexeite a tiro de Recarey; 3-1, min.41: Eloy; 3-2, min.44: Roi; 4-2, min.75: Martín Puente; 5-2, min.85: Juanma.
Ponteceso-Porteno no Pinguel-Foto-SD

Partido claro para o Ponteceso ante un Porteño que estivo mal de principio a fin, moi desacertados, acusando demasiado as baixas atrás. O cadro de Barca fixo un gran partido e xa se metía pronto por diante nunha xogada a balón parado. A partir do gol o Ponteceso empezou a tocar moi ben o balón pero no min.16 o árbito pitou unha falta na frontal da área que transformou Cristian Canosa facendo o empate.

Seguían os dous equipos ben posicionados e se, a falta de 45 minutos para o descanso o cadro local se metía por diante en dúas chegadas, pero os de Roski recurtaban deixando o marcador 3-2 ao desacanso tras unha gran primeira metade.

O Porteño comezou ben a segunda, empurrando e metendo ao Ponteceso na súa área con 10 intensos primeiros minutos, pero o Ponteceso conseguía calmar o partido e baixar o balón, e Puente sentenciaba faltando 15 minutos e Juanma puña a puntiña.


Buño - Montelouro (1-1)

Gelo controla no medio campo no Buno-Montelouro-Foto-Edu Olveira
  • BUÑO: Toni (Casais), Miguel Dourado, Diego, Fran (Víctor, min.85), Neucha, Emilio (Jorge Pombo, min.60), Jorge Calvete, Uru, Dani Calvete (Juan, min.70) e Víctor.
  • MONTELOURO: Fernando, César (Abel, min.70), Isma (David, min.60), Teo, Pablo, Dani Corniños (Pedro, min.50), Riki, Gelo, Pesco, Geico (Pepe, min.80) e Edu.
  • Goles: 0-1, min.60: Riki; 1-1, min.83: Diego cun centro chut que case toca Jorge Pombo.

Un puntiño máis para o Montelouro, e puideron ser 3, mantendo a imbatibilidade de Marcelo, que ten aos chavales “na onda” dende que chegou ao banco loureán. Fixo unha tarde de cans, cun frío tremendo, cun Buño que non fixo un bo partido e para o que o mellor foi o resultado.

E iso que durante a primeira metade os de Chema Rivadulla controlaron o choque. Pero a segunda foi un monógolo visitante. Marcou Riki, e puideron marcar Gelo nunha volta e o Pesco en dúas claras que parou Toni. Xa contra o final, empataba o Buño cun tanto que os visitantes entenderon que había mans.

Buno-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Castriz - Cee (5-1)

  • CASTRIZ: Diego, Martín Uruguaio, Alberto, Álex, Félix (Dani, min.70), Cili, Martín Gemelo, Agra, Luís (David Velo, min.60) (Gerpe, min.65), Adrián Beiroa, e Bolón (Balsa, min.80).
  • CEE: Maikel, Fiuza, Jorge, Aitor (Borja, min.58), Paco, Carlos Leis, Tebo, Isma (Iván, min.80), Hidalgo (Chema, min.70), Juan (Ismael, min.65) e Andrés.
  • Goles: 1-0, min.20: Adrián Beiroa; 1-1, min.30: Isma Leis de penalti; 2-1, min.55: Adrián Beiroa de falta; 3-1, min.60: Martín Uruguaio; 4-1, min.65: Agra; 5-1, min.80: Agra.

Vitoria importante do Castriz, estreando ao seu novo goleador, Adrián Beiroa, que segue a estela dos de arriba, ante un Cee que segue sufrindo as baixas (tivo que xogar con 5 xuvenís) e que non se acaba de atopar. Foi un partido moi difícil polo vento, chuvia e moito frío.

A primeira parte foi máis igualada, cun Cee aínda ben colocado e levando a iniciativa, favorecidos polo vento, cun Castriz que esperaba e saía á contra. Así chegaba o gol inicial dos de Esteban, nunha contra que inicia Beiroa, pasa a Bolón que centra e remata Beiroa.

Non decaía o Cee, que avisaba por medio dun tiro lonxano de Tebo ou dunha combinación entre Juan e Andrés á que non chega Isma Leis. Á media hora chegaría o empate de penalti por manos, e gol de Isma

Na segunda parte, pronto o Castriz roubaba un balón en tres cuartos de campo, nun erro na saída do balón dos ceenses, e o colexiado sinalaba unha falta protestada polos visitantes, que remata cun gol de Adrián Beiroa axudado por unha feble barreira. Rompíase o partido e apenas 4 minutos despois, e xa co Cee entregado, Uruguaio facía o terceiro e Agra ampliaba a renda.


Outes - San Lorenzo (1-0)

  • OUTES: Gato, Borja, Róber Amoedo, Chúa, Saúl, Martín, David, Piki (Chía), Elías (Babu), Mario, Yago (Jura).
  • SAN LORENZO: Diego, Rubén, Adrián Varela (Fuentefría, min.82), Rudy, Pablo Novo, Schuster (Javi Puñal, min.78), Álex Figueiras, Adrián Fraga (Cachizo, min.60), Parafita, Carlos (Álex Taibo, min.75) e Juni (Joaquín, min.65).
  • Gol: 1-0, min.89: Martín.
  • Lesións: Os locais Piki, Yago e Elías.

Partidazo de poder a poder, moi intenso e igualado, cun gran ambiente, era un partido de empate, con fases de dominio alterno, sen ocasións e estaba claro que o que marcaba levaba o partido. Probablemente os dous mellores equipos da categoría, dous grandes bloques, que se enfrontaban no Cunchido, e que se ben a táboa podía quedar cun San Lorenzo con 8 puntos de vantaxe, ao final queda con só 2.

O San Lorenzo intentaba sacar o balón e o Outes buscaba contras rápidas, tendo as mellores ocasións. Diego parou unha boa falta a Roberto Amoedo, e un bo tiro lateral a Yago que saca co pé. Piki tamén lanzou unha falta pero Diego estirouse e parou na escuadra. Por bando carballés, o San Lorenzo tivo varios tiros dende fóra da área, centros sen rematador, pero sen demasiada claridade.

Cando todo parecía abocado ao empate, iso si, cun Outes acabando mellor o partido, co vento a favor, e case que co tempo cumplido Martín facía o gol da vitoria para os locais. E xa no desconto Mario fallaba outra gran ocasión.

Vitoria xusta para os de Manu Roque, mentres que Pedro Gómez entende que “un empate podería ter sido máis xusto”.


Crónicas da Liga da Costa

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios