Venres. 03.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O pechacancelas pon ao líder contra as cordas

1ª Autonómica: O pechacancelas pon ao líder contra as cordas
Maikel pelexando co mitico Juanito no Sigueiro-Soneira-Foto-Amador

O derbi costeiro 1ª Autonómica - Clínica Vértebra nesta xornada 19 dá conta da igualdade da categoría. A Esteirana, pechacancelas en proceso de mellora, chegaba ao Carral, onde o líder suma partidos por vitorias. E a vitoria local tivo que ser no desconto, e de córner, ante unha Esteirana que pelexou e que pode ollar o partido con optimismo de cara ao futuro, pois a salvación está a apenas 3 partidos.
Precisamente agora é o Corme o que marca a salvación despois dunha malísima xeira de xogo e resultados.

Polo demais, un pouco de todo. Por arriba, o Baio viu como se lle escapaba un partido clave para manterse na zona alta. Os baieses mereceron a vitoria pero o Villestro, 2º na clasificación, levaba o choque no desconto e deixa ao Baio a 7 puntos, quedando a 4 do Sofán. O Soneira non foi o da semana pasada e saía goleado de Sigüeiro, e xa é alcanzado polo Malpica, que sufría pero gardaba ben a roupa para gañar 3 puntos e colocarse na metade de arriba da táboa.

A Clínica Vértebra, coa fisioterapeuta Berta Reimúndez e a podóloga Alicia Novás, patrocina a 1ª Autonómica e espérate en Baio. Coñéceas en Facebook

Malpica -Piloño (1-0)

11 do Malpica co Pilono-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Pablo Díaz, Alemán, Baba, Fernando Varela, Cheo, Joel Pereiro, Rodrigo (Petís, min.63) e Martín Mara.
  • Gol: 1-0, min.35: Cheo aproveita en velocidade un pase de Fernando Varela.
Malpica-Pilono-Foto-Wash-Calvo

Cun campo moi encharcado pola chuvia, foi un partido donde o Malpica saíu imprimindo moita intensidade ao choque. Ante a ausencia de Cololo en punta, Martín Maradona, Rodrigo e, sobretodo, Cheo buscaban con insistencia a portería contraria e chegou o gol no min. 35 cun tiro impresionante de Cheo tras asistencia de Fernando Varela. Posteriormente o Piloño tivo como mellor ocasión un cabezazo a parte de arriba do longueiro na saida de un corner, xa casi chegando ao descanso.

Na segunda puido quedar sentenciado o partido se Maradona pegase de primeiras a un balón que lle brindou Cheo diante da saida do porteiro (no min. 63) pero entretívose ca pelota e deu tempo a que un defensa estorbase. De aí ao final os siareiros malpicáns sufriron porque o equipo de Vila de Cruces meteu a directa e achegouse con perigro a portería hoxe defendida por Pombo. Tres puntos moi sufridos que poñen ao Malpica máis preto da zona de arriba na clasificación.

Malpica-Pilono-Foto-Wash-Calvo

Sigüeiro - Soneira (4-0)

  • SONEIRA: Anxo, Figueroa, Maijel, Brais Mouzo, Alberto (Iván Chans, min.62), Nazo, Sandelo, Richi (De la Sierra, min.30), Basti, Javi e Brais Triñanes.
  • Goles: 1-0, min.25: 2-0, min.32; 3-0, min.74; 4.0, min.87.
Sigueiro-Soneira-Foto-Oscar

Chegaba o Soneira convencido de poder gañar en Sigüeiro trala goleada e as boas sensacións da semana pasada. Pero sufriron unha xusta derrota, se ben cun resultado un pouco excesivo para o visto no partido, pois os locais foron tremendamente efectivos. O Soneira comezaba ben, chegando e creando perigo, pero fallando grandes ocasións, como a de Javi que rozaba o longueiro aos 10 minutos.

Co campo encharcado, non había moito lugar para a combinación, que, iso si, buscaba máis o cadro local, mentres que o Soneira estaba máis afiado e tiña as mellores ocasións, como unha de Basti que tira raso tras recibir de Javi, e o balón pega no pau. Ata que no minuto 26 o Sigüeiro marca tras un balón colgado aproveitando un despiste da defensa na súa primeira chegada á meta de Anxo.

O Soneira non se viña abaixo, e pouco despois nun córner botado por Sandelo, Javi prolonga e Brais Triñanes remata e saca o defensa na liña de gol. Pero xusto na seguinte xogada chegaría o 2-0 nunha contra, que para Anxo pero que non pode co rexeite. Antes do descanso aínda Basti tivo outra e Nazo lanzaba un chutazo dende 30 metros que pegaba na cruceta.

Empezaría a 2ª cun Soneira presionando arriba pero arriscando moito e así chegarían os seguintes goles do cadro local que controlaría mellor o partido.

Sigueiro-Soneira-Foto-Amador

Corme - Amio (0-2)

  • CORME: Suso, Dani, Pandi, Adolfo, Diego (Antoniño, min.37), Alejandro, Sergio, Brais, Juan Chans, Adrián Doldán (Manu, min.77) e Lucas.
  • Goles: 0-1, min.50; 0-2, min.90.

Segue sen sorte este Corme. 4 derrotas seguidas tralo que parecía unha reacción a un par de meses terribles de final de ano, suma o equipo de Lentejo, que non acaba de atopar o seu fútbol. Ben é certo que as baixas non están axudando.

Non empezaba mal o cadro azulón, e nos primeiros compases o colexiado perdoáballe a expulsión ao meta visitante tras unha dura entrada sobre Diego sendo o último. Poucas chegadas destacadas iso si. Arrincaba a segunda co gol visitante, que desquiciaba aos locais. Intentárono durante todo o segundo período os cormeláns, pero sen claridade de cara á meta do Amio. E xa co tempo cumplido, o equipo visitante puña a puntiña co segundo e definitivo tanto.


Baio - Villestro (1-2)

  • BAIO: Dani, Yago, Mario, Porto, Jose, Norber, Bieito, Brais, Rubio, Saleta e Christian.
  • Goles: 1-0, min.22: Rubio aproveita un rexeite e empalma unha boa volea; 1-1, min.51; 1-2, min.94.

Mala sorte para este Baio que ve como a zona alta se lle escapa das mans. O Baio dominou a primeira metade creando varias ocasións e nunha delas adiantariase no marcador con gol de Rubio. Puido ampliar a renda o cadro de Félix pero non conseguiría materializar as ocasións, mentres o poderoso Villestro apenas se ensinaba pola meta de Dani.

Xa na segunda parte o Villestro empataría cun gol de cabeza tralo saque dunha falta no medio campo que colgaron a área. Tivo máis ocasións o Baio pero non foi quen de materializalas o definitivo 1-2 chegaria no desconto tras un erro baiés nunha perda de balón que aproveita un xogador visitante para marcar raso dende fóra da área.

Derrota inxusta do cadro baiés pero que asegura que manterá a loita aberta na zona alta. Aquí está o vídeo cos goles de Santi Soneira:


Sofán - Esteirana (3-2)

  • SOFÁN: Lerma, Sito, Eloy Boedo, Javi Souto (Méndez, min.89), Rubén, Pablo Martínez, Martín (Bertín, min.66), Iván Rojo, Luis (Santi, min.61), Raúl e Brais (Seo, min.87).
  • ESTEIRANA: Fabio, Code, Simón, Serrano, Sui (Rafa, min.60), Saúl (Adrián Louro, min.65), Martín, Andel, Álex (Tobío, min.87), Alberto (Adrián, min.75) e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.1: Raúl remata a boca de xerro anota tras un rexeite a tiro de Luís; 1-1, min.18: Simón de fermosa falta dende 30 metros na escuadra; 1-2, min.26: Alberto en velocidade; 2-2, min.51: Pablo Martínez á saida dun corner; 3-2, min.94: Raúl á saída dun córner.
  • Expulsión: Róber Pladur case ao final.

No minuto 94, e de córner. Así tivo que vencer o líder ao pechacancelas no derbi costeiro da 1ª. Foi un partido de gran intensidade no que apenas se notaron as diferencias da táboa, e o Sofán tirou da maxia do Carral para conseguir a remontada e manter a vantaxe sobre os seguidores.

O partido comezaba co gol de Raúl, protestado polos blaugranas ao entender que estaba en fóra de xogo. Pero recuperouse o cadro de Pedroesa, Pladur avisaba cunha internada e en 25 minutos lle daba a volta ao marcador cos tantos de Simón e Alberto.

Tivo ao Sofán contra as cordas durante moitos minutos, pero non foi quen de aproveitar as súas chegadas. Na segunda, pronto empataría o Sofán aproveitando unha das súas mellores armas: a estratexia. De córner empataba Pablo Martínez aos 10 da segunda. Iván Rojo avisou e Raúl atopouse con Serrano despois de regatear a Fabio. Tamén a Esteirana se puido poñer por diante, pero Lerma aguantou sendos mans a mans a Roberto Pladur e Andel. E cando xa pasaban 4 minutos, no enesimo corner a favor dos locais Raul espetou o balón no fondo das mallas ante o delirio da parroquia local.


Crónicas da 1ª

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colaboran Oscar Basalo, Isma, Wash Calvo, Santi Soneira, Luís Porto e SD Sofán.

Comentarios