Martes. 23.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Ameixenda recupera o bastón de mando

3ª Autonómica: O Ameixenda recupera o bastón de mando
Corcubion-Muxia A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Descansaba o Cerqueda e o Ameixenda aproveitaba a ocasión para recuperar o liderato tras esta primeira xornada da 3ª volta da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Fíxoo cunha apuradísima, e pasada por agua, vitoria ante o Nantón.
Por detrás, o Corcubión non podía manter o ritmo e caía ante un Muxía que suma a súa 3ª vitoria consecutiva que o mete definitivamente na loita pola Promoción. Unha loita na que están todos, agás o Laxe, que a pesar da melloría, sumaba a súa 5ª derrota seguida. Tamén está aí o Castrelo, que pelexou co Lira ata o final e acabou un empate que non lle serve para meterse de cheo pero a só 7 puntos do Nantón.

Por certo, xa puidemos facer un apaño en www.futboldacosta.com para manter a actualidade da Liga ata o final.


Corcubión - Muxía (1-2)

Beto non puido evitar a derrota do Corcubión ante o Muxía
  • CORCUBIÓN: Beto, Javi, Marco, Jesús, Trillo, Gabi, Toja, Sebas, Balucho, Lema e Gorka. Tamén xogaron: Javi, Alberto, Mini e Kos.
  • MUXÍA: José Antonio, Peski, Pataca, Juan, Gerardo (Ruso, min.80), Alberto (Antonio, min.85), Javi (Víctor Alcaina, min.70), Congito, Martín, Jonathan e Iván.
  • Goles: 1-0, min.30: Lema; 1-1, min.63: Iván de cabeza a unha falta botada por Pataca; 1-2, min.88: Alberto de tiro cruzado.
  • Expulsión: Balucho min.25.

Partido igualado, con dominio alterno, marcado polo forte vento no Cubaleiro, e pola expulsión de Balucho no ecuador do primeiro tempo que deixaba aos de Carlos Lema cun home menos máis dunha hora de xogo. Aínda así o cadro local se adiantaba pouco despois cun tanto de Iago Lema, fillo do míster e presi corcubionés.

O Muxía íase metendo no partido, a pesar de contar co seu porteiro José Antonio, tocado cun problema muscular dende o minuto 20. En no ecuador da segunda, en dúas xogadas cercanas, Iván e Alberto daban a volta ao marcador, ante un Corcubión que protestaba a actuación arbitral demasiado permisiva.

Os de Suso Rey quedan a só un punto do Nantón, que ocupa a 6ª praza, mentres que o Corcubión deixa que o Ameixenda volva a irse a 5 puntos de distancia.


Laxe - Coristanco (1-2)

O Coristanco con Lorenzo
  • LAXE: Anxo, Bras, Suárez (Aarón, min.46), Jacinto, Miguel (Jacobo, min.80); Santi, Carlos (Gora, min.46), Adrián, Elías, Zurich (Roberto, min.46) e Djamel.
  • CORISTANCO: Nacho, Rubén (Varela, min.60), Jose, Héctor (Suso, min.70), Facal, Joaquín (Bértoa, min.50), Sergio, Mato, Iván, Toni e Gonzalo.
  • Goles: 0-1, min.6: Iván de penalti cometido sobre Joaquín; 1-1, min.55: Elías tras unha boa combinación do babyboom laxense; 1-2, min.70: Sergio de cabeza tras varios rexeites.
Os peques do Coristanco tamen amosaron o seu apoio a Lorenzo

Comezaba o partido coa foto de familia do Coristanco en apoio a Lorenzo, eterno capitán do cadro verde, moi querido no mundo do fútbol, que sufría un accidente doméstico a pasada semana que quedaba ferido por varias queimaduras. Dende aquí tamén lle enviamos un forte saúdo.

Xa no deportivo, non foi o partido co mellor fútbol da temporada. Pero parece que este Laxe, a pesar das numerosas baixas e tendo que tirar de moitos xuvenís (4 na aliñación titular, Santi, Adrián, Elías e Djamel) comeza a competir en serio. Os laxenses estraban adestrador ademais, o mítico Rochiccioli tomaba o mando e os seus pupilos pelexaron e intentaban xogar o balón dende abaixo, ante un Coristanco que parecía non meterse no partido, ata que ben pronto, o xuvenil Joaquín sufría un penalti que non fallaría Iván. Os locais creaban 2 ocasións claras pero a sorte non acompaña. Non melloraba o partido ata o descanso, iso si, cun Laxe ben prantado

Na segunda, o Coristanco saía algo máis enchufado, pero era o Laxe, que saía presionando e tocando, tras unha xogada por banda da man dos xuvenís, o que acadaría o empate por medio de Elías. O Laxe seguía mellor posicionado, e empurrando, pero a 20 do final, unha xogada con varios rexeites acababa co testarazo de Sergio que se colaba na meta local valendo 3 importantes puntos na pelexa pola Promoción.


Castrelo - Lira (1-1)

  • CASTRELO: David Buxantes, Marcos (Quintáns, min.55), Berdoias, Darío, Raíl, Roi, Luís, Edreira, Stiven, Félix (Lucho, min.76) e Isra (David Caamaño, min.86).
  • LIRA: Peipo, Paky, Mike, Pelos, Eloy, Germán, Pata, Iago, Manu, Yanky, Oli (Cibrán), Adrián Porto, Aitor e Josiño.
  • Goles: 1-0, min.16: Roi; 1-1, min.65: Yanky.
  • Expulsión: o local Roi (min.70).

Partido igualado, que chegaba cun Castrelo mermado polas 8 baixas que se recuperan de sendas lesións, e un Lira que non fixo o seu mellor partido. De feito, a primeira parte dos lirachos foi pésima primeira metade. Os de Roland asumían que era un partido para intentar "golpear" ata que as forzas aguantaran e despois sufrir. E asi foi, volvendo a facer un moi bo partido na primeira parte na que dominamos o xogo e logo se veria reflexado no marcador a superioridade, Roi ao cuarto de hora conseguía adiantar aos seus, despois de 3 tiros de Israel, Marcos e Félix. O equipo seguíu traballando ben, e en dous saques de esquina Berdoias e Dario non atinaron a marcar o segundo.

A bronca do míster liracho na segunda parece que foi dura, pois cambiaron os visitantes a actitude, encerrando atrás ao cadro local. Tocaba sufrir ao Castrelo, o Lira saía disposto a conseguir a remontada, pero antes dispoñería Stiven dunha ocasión para matar o partido, pero a súa galopada pola banda acabaría no longueiro. Tralo susto, empezou o Lira a subir liñas e nunha internada por banda despois dun bo centro, Yanki marcaría o empate 1-1, e na seguinte xogada Roi era expulsado por insultar a un rival.

Quedaba contra as cordas o Castrelo, ante un Lira que confiaba na vitoria, pero Yanky fallou o imposible Oli tamén varias ocasións claras, así como Manu, ante un David Buxantes que fixo uns paradóns de gran mérito. O Castrelo soubo sufrir e suma un punto que sabe a ouro.


Ameixenda - Nantón (1-0)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Javichu, Samuel, Iván Pequeño, Álex, Jesús, Camacho (Antón Lestón, min.65), Miro, Momaño (David, min.46) e Borja (Demetrio, min.84).
  • NANTÓN: 13. Guillermo, Dani Costa, Carlos (Patele, min. 85), Eloy, Diego, Lareu, Fabio, Raúl (David, min. 80), Luís, Martín e Iván.
  • Gol: 1-0, min.38: Borja de cabeza.

Partido tremendamente complicado para os dous equipos por mor do tempo dificil polo tempo. Na primeira metade, onde o Ameixenda tiña o aire a favor, o Nantón sufríu un acoso constante, xa que apenas era capaz de despexar o balón. O Ameixenda entraba ben por bandas pero estaba impreciso no último pase, e con varias chegadas con tiros dende a frontal da área, que Guille resolveu con maestría pese as difíciles condicións do terreo de xogo. Nunha desas chegadas e despois de dous intentos de despexe por parte da zaga do Nantón, Borja anotaba de cabeza. O Nantón apenas puido sorprender cun par de saádas á contra sen demasiado perigo.

Na segunda metade cambiaban as tornas, e sería o Ameixenda quen sufriría o acoso do aire, e o Nantón o que levaba o peso ofensivo do encontro, aínda que sen moita claridade de ideas e un pouco precipitados á hora de xerar as ocasións. Ainda así dispuxo dalgunhas para poder conseguir o empate pero o gol non chegaría.

Rompía así unha xeira de 4 partidos sen gañar o equipo de Manolín, ao que o resfriado non impediu celebrar a apurada vitoria.

Crónicas da 3ª Autonómica

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios