![Imaxe do Zas-Castriz-Foto-Paula Imaxe do Zas-Castriz-Foto-Paula]() 
Nova xornada completa de Fútbol da Costa esta de xaneiro, con moito que contar.
Comezamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos cambiaron as rutinas. Chegaba mellor o XSC a esta xornada, pero caía en Viveiro, e queda cos 28 puntos. Pola contra, o Dumbría, tras 4 xornadas sen gañar, mantiña 3 puntos importantes na casa e suma un máis que os xalleiros, pero ambos equipos ven como a parte alta vai escapando.
Só o Baio salvou a mala xornada dos nosos na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Os de Félix venceron en Silleda e quedan a 8 puntos do liderato. Un liderato que aínda conserva o Sofán, que non está no mellor momento tras sumar só unha vitoria nos últimos 4 partidos. De feito, o Villestro, que sumaba ante o Corme a súa cuarta vitoria seguida, vén como un vendabal e queda a só 1 punto. Ademais, Soneira e Malpica caían ante dous de abaixo, facéndolle flaco favor a unha Esteirana que tampouco sacou nada da súa visita ao Cordeiro.
Tensísima a xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O San Lorenzo recupera vantaxe e ten de novo 4 puntos de vantaxe sobre o Outes tras vencer ao Baíñas pola mínima, e aproveitar o empate dos da Serra en Ara Solis. Por detrás, o partidazo da xornada deixa ao Zas metido na pelexa por todo, tras vencer ao Castriz en San Andrés. Volantes súmase tamén á pelexa e queda a só 9 do líder tras superar ao Buño, que queda algo descolgado.
Por abaixo, Camariñas e Ponteceso comezan a ser os equipos que se esperaba, e suman 22 puntos e seguirán subindo posicións. Cabana e Porteño sumaban un punto que non lles vale para escapar dos de abaixo, onde o Montelouro sumaba o seu cuarto partido sen perder e queda a 4 da salvación, mentres o Camelle, malia súa melloría, leva 6 derrotas seguidas e 12 sen coñecer a vitoria.
Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, recupera o liderato o Cerqueda tras superar, na casa, ao Ameixenda, no choque de trens da categoría. Quedan con só un punto de vantaxe os dous máximos candidatos ao ascenso directo. Por detrás, o Corcubión queda a 6 do liderado tras caer ante un Coristanco que queda 2 puntos por detrás. A sorpresa da xornada a daba o pechacancelas, o Laxe, que vencía en Lombáns por 0-5 a un Lira aspirante a todo, capaz do mellor e do peor. Ademais, O Nantón non fallou ante o Castrelo nun partido clave, para evitar que se metese na pelexa pola Promoción e así ampliar a renda sobre o Muxía.
Xuvenís
Fermosa estase poñendo a Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os campións están dándoo todo, e polo de agora, Os Miúdos está sendo a revelación, pois suma dúas vitorais en dous partidos, e esta semana vencendo a todo un XSC. Os muradáns comparten liderato co Dumbría, que endosou o segundo set seguido ao Porteño. Ademais, o Camariñas e Cabana protagonizaron un novo e intenso choque, que se sadou cun empate.
Mentres, na insulsa Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, da que só quedarán eliminados 3 equipos, temos que Esteirana, Coristanco e, sorprendentemente Malpuca (despois da súa mala primeira fase) suman os dous encontros por vitorias. Quedan polo de agora 4 equipos sen puntuar, Zas, Baio, Cee e Castriz.
 
De base
Non foi boa a xornada para os nosos nas Ligas Autonómicas, se ben o XSC da Liga Galega Cadete e o Dumbría infantil sumaron un punitño cada un que pode ser importante.
Seguen moi igualadas as ligas base. En 1ª Cadete, os de arriba non fallaron, e Corme, Cabana e Ponteceso golearon e manteñen o ritmo.
Ademais, na 1ª Infantil, manteñen a fermosa pelexa Fisterra e XSC no alto da táboa, empatados con 45 puntos, 6 máis que os Miúdos e 7 que Cabana.
Xa cos máis peques, en F8 Alevín Costa Sur o Outes levantou o pedal sumando o seu primeiro empate ante a Esteirana tras 10 vitorias seguidas, e o Cee A colócase a só 1 punto.
Nos F8 Benxamín Costa Sur, Outes e Fisterra seguen o seu pulso.
Aprétanse as cousas nos Veteranos
Máis apretada que nunca está a 1ª División dos Veteranos, con 5 equipos en apenas 3 puntos. O líder, o Hosgran, non pasaba do empate ante o Baio, tropezo que aproveitaron os seus rivais para recurtar distancias. O San Román sitúase de colíder tras vencer en Cabana. O Cabana queda a 2 puntos despois de superar ao Bértoa, e Coristanco e Milagrosa quedan a 3, e iso que ao Coristanco tocáballe descansar.
Sen embargo, na 2ª División o Agualada escapa case que definitivamente, pois saca xa 9 puntos ao Erbecedo, que non pasaba do empate ante o Cerqueda, 13 ao Porteño, que descansaba, e 15 ao San Isidro-Razo, que esquece o seu fantástico comezo de campaña e caía ante o Poniente.
| Viveiro | 3-2 | Xallas StComba | 
| Dumbría | 1-0 | Sada | 
| Cordeiro | 3-0 | Esteirana | 
| Silleda | 0-2 | Baio | 
| Soneira | 2-3 | Lesende | 
| Amio | 4-1 | Malpica | 
| Villestro | 2-0 | Corme | 
| Puebla | 2-1 | Sofán | 
| Cabana | 1-1 | Carnota | 
| Cee | 1-1 | Montelouro | 
| Seaia | 0-1 | Camariñas | 
| Porteño | 1-1 | Mazaricos | 
| Camelle | 1-2 | Ponteceso | 
| San Lorenzo | 3-2 | Baíñas | 
| Fisterra | 1-1 | Outes | 
| Zas | 4-1 | Castriz | 
| Volantes | 1-0 | Buño | 
| Lira | 0-5 | Laxe | 
| Nantón | 4-1 | Castrelo | 
| Coristanco | 2-1 | Corcubión | 
| Cerqueda | 2-0 | Ameixenda | 
| E.D. Os Miudos | 3-0 | Xallas StComba | 
| Camariñas | 2-2 | Cabana | 
| Dumbría | 6-0 | Porteño | 
| Outes | 6-2 | Cee | 
| Zas | 1-2 | Coristanco | 
| Castriz | 0-5 | Esteirana | 
| Baio | 0-2 | Malpica | 
| Muxía | 5-0 | Corme | 
| Ponteceso | 0-0 | Fisterra | 
| Lugo B | 2-2 | Xallas StComba | 
| Dumbría | 1-1 | Galicia Caranza | 
| Coristanco | 3-4 | Muxía | 
| Outes | 0-1 | Os Miudos | 
| As Baleas | 1-6 | Corme | 
| Sofán | 0-6 | Cabana | 
| Baio | 3-1 | Esteirana | 
| Ponteceso | 3-0 | Fisterra | 
| Esteirana | 4-7 | Vimianzo | 
| Ponteceso | 0-6 | Zas | 
| Cabana | 2-2 | Cee | 
| Fisterra | 2-0 | Os Miudos | 
| Outes | 2-0 | Sofán | 
| Corme | 2-4 | Xallas StComba | 
| Dumbría | 10-2 | Esteirana B | 
| Cee B | 1-5 | Os Miúdos A | 
| Fisterra | 4-2 | As Baleas | 
| Outes | 2-2 | Esteirana A | 
| Cee A | 16-0 | Os Miúdos B | 
| Dumbría B | 7-1 | Lira | 
| Sofán | 2-1 | XSC A | 
| Dumbría | 5-1 | XSC B | 
| Cee B | 1-3 | Os Miúdos A | 
| Fisterra | 4-3 | As Baleas | 
| Outes | 4-2 | Esteirana | 
| Cee | 1-5 | Os Miúdos B | 
| Sofán | 4-5 | XSC A | 
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 18
| Cabana | 0-2 | San Román | 
| Hosgran | 1-1 | Baio | 
| Dumbría | 4-2 | Bértoa | 
| Laxe | 0-0 | Castriz | 
| At. Milagrosa | 3-1 | Xv. Bergantiños | 
| Soneira | 3-0 | Ponteceso | 
| San Lorenzo | 2-1 | Zas | 
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 18
| Camariñas | 0-3 | Corcoesto | 
| Sofán | 1-2 | Dep. Carballo | 
| Cerqueda | 0-0 | Erbecedo | 
| Poniente | 2-1 | San Isidro-Razo | 
| Malpica | 1-2 | Buño | 
| Nantón | 0-4 | Agualada | 
| Leiloio | 7-1 | Vimianzo | 
| Novas relacionadasMáis informaciónCrónicas da semanaNovas relacionadasFonte
	Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal). 
                
               
         
    
   |