Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os vellos roqueiros toman os pichichis

Os vellos roqueiros toman os pichichis
Pichichis do Futbol da Costa en decembro 2014

Como nos gusta facer estes repasos mensuais dos pichichis do Fútbol da Costa. Menudos nomes que aparecen no alto das táboas, que tomamos dos datos da Federación, pero tamén da contabilidade de Luís Porto, que consideramos máis fiables, precisamente porque os fai a raíz das crónicas QPC, e semana tras semana así o comprobamos cos adestradores da volta.

Fixadevos que nomes atopamos no máis alto das táboas, hai goleadores que nunca decaen.

Pichichis costeiros da Preferente, Grupo Norte

Doro pichichi costeiro da Preferente no XSC

Quen aparece se non nos primeiros postos da Preferente. Doro, o dianteiro do XSC suma 6 goles, a 5 do pichichi, Adrián Quintela, do Sada. Os primeiros dumbrieses pola zona alta son os “Adriáns”. Adrián Nieto e Adrián Makaay levan 4 tantos cada un.

Os Adriáns do Dumbría, Adrián Nieto e Adrián Makaay

Pichichis da 1ª Autonómica

MC pichichi baies da 1 Auto

Menudos nomes aparecen no alto da táboa dos pichichis costeiros. O baiés MC é o máis destacado xa, cunha xeira tremenda nos últimos partidos, e xa case alcanza ao pichichi da categoría, Aitor, do Agolada, con 10 tantos, só un máis que o baiés. Atentos ao cormelán Alejo, 3º na táboa, a pesar do baixón do Corme nos dous últimos meses.

Alejo-Foto-Fin Lema
GoleadorEquipoGoles
MC Baio 9
Alejo Corme 7
Iván Rojo Sofán 6
Javito Soneira 6
Cololo Malpica 5
Raúl Sofán 5
Basti Soneira 4
Róber Pladur Esteirana 4
Brais Baio 3
Alex Esteirana 3
Pablo Esteirana 3
Bertín Sofán 3
Pesco Esteirana 3
Bieiro Baio 3

Pichichis da Liga da Costa

Piti pichichi da Liga da Costa co Volantes

Piti está a ser o gran protagonista da temporada na Liga da Costa. Ademais dos seus goles, máis de 1 por partido, o muradán xa ten protagonizado escenas de xogo limpo que quedarán para o recordo.
O seu compañeiro Piti tamén leva unha media de 1 gol por partido, ao que case chega Javi Suárez, que xa saca a cabeza pola parte da clasificación, como o cabanés Iván Mato, que no seu primeiro ano como modesto, xa está aí arriba.

Pero ollen todos os nomes, que non hai perda:

GoleadorEquipoGoles
Piti Volantes 15
Espi Volantes 11
Javi Suárez Baíñas 10
Iván Mato Cabana 9
Molinos Mazaricos 8
Charro Buño 8
David Agra Castriz 8
Juni San Lorenzo 8
Chinda Castriz 7
David Blanco Zas 7
Matías Buño 7
Leo Cee 7
Luís Castriz 6
Parafita San Lorenzo 6
Álex Figueiras San Lorenzo 6
Javi Pensado San Lorenzo 6
Yuyo Camariñas 6
Roco Fisterra 5
Luís Baíñas 5
Josiño Cabana 5
Chenel Mazaricos 5
David Outes 5
Pejo Porteño 5
Eloy Cabeza Baíñas 5
Cristian Canosa Porteño 5

Pichichis da 3ª

Luis Giance pichichi da Terceira co Nanton-Foto-CD

Outro vello rockeiro, o nantonés Luís, xa manda na táboa de goleadores da 3ª da Costa. Pero sño cun gol de vantaxe con outro mítico dianteiro costeiro, o corcubionés Mario, este ano ás ordes do seu Manolín neste arrolador Ameixenda.

Mario do Ameixenda
GoleadorEquipoGoles
Luís Nantón 11
Mario Ameixenda 10
Darío Cerqueda 8
Dani Pose Laxe 7
Juan Lagoa Coristanco 6
Cristian Ameixenda 6
Sebas Corcubión 5
Yanki Lira 5
Martín Cerqueda 5
Oli Lira 5
Gonzalo Coristanco 5
Lema Corcubión 5
Alex Ameixenda 4
Samu Laxe 4
Sergio Muxía 4
Roi Castrelo 4
Javi Floreal Corcubión 4

Pichichis dos Xuvenís

Juan de Dora pichichi dumbries Javi pichichi xuvenil co Camarinas

Case 2 goles por partido suma Javi Antelo no seu Camariñas, aos que habería que sumar os anotados na Liga e na Copa da Costa cos maiores, como esta semana que anotou na ponte 4 tantos. Non para este rapaz, que saca 4 goles ao outro protagonista da táboa, o dumbriés Juan de Dora, que con 21 xa leva unha boa liña.

Polo sur hai que ter ollo con esa dupla diabólica esteirá, os Pablo e Juan que xa suman 26 goles entre ambos. Mentres polo Norte o pontecesán Eloy Álvarez é o que máis está desputando nas últimas xornadas.
E mágoa para algún, pois Marcote, xa habitual na Preferente, non pode seguir anotando na súa categoría, ou Veleiro, punta do Outes que leva dous meses lesionado.

GoleadorEquipoGoles
Javi Antelo Camariñas 25
Juan de Dora Dumbría 21
Eloy Álvarez Ponteceso 15
Pablo Pailos Esteirana 13
Juan Esteirana 13
Adri Lema Laxe 12
Veleiro Outes 8
Marcote Dumbría 8
Sergio Barbeira XSC 8
Maikel Porteño 7
Andrés Zas 7
SantiOutes7
Sergi Camariñas 7
Adrián Porteño 7

Novas relacionadas

Comentarios