Resultados e análise dunha xornada de títulos, descensos e moita emoción no Fútbol da Costa
Menuda ponte completa de Fútbol costeiro. Tivemos un venres de Auténtica da Copa da Costa (xa tendes as crónicas listas) pero a finde deu para moito máis.
O XSC parece que quere complicarse
Parece que quere complicarse a vida o XSC e coa derrota de hoxe cae aos postos de máis que posible arrastre da 3ª. O cadro xalleiro queda na 16ª praza con 41 puntos, polos 40 do Val, os 42 da Sarriana e 43 do Residencia. E tendo en conta que hai dous arrastres, o equipo ten que quedar alomenos de 15º. A semana que vén será clave ante a Sarriana, rival directo cun punto máis que os xalleiros.
Poucas novidades na 1ª
Tiña a xornada da 1ª a atención posta no derbi da mañá dominical en Vimianzo, onde Soneira e Corme asinaron táboas que os mantén na zona morna, quedando igualados co Malpica que vencía ao Cordeiro. Un pouco máis arriba o Baio perdía xa as opcións de promoción ao caer co Unión, e o Sofán vencía quedando a 4 do cadro baiés na 5ª praza. Mentres, a Esteirana xa se deixou ir e caeu en casa sufrindo a súa volta á Liga da Costa.
Segue a loita arriba Liga da Costa pero xa hai descensos
Queda só unha xornada para o remate da 2ª, e parece que será de de infarto. Non fallaron ningún dos 3, e o Zas afrontará a última loita cun punto de vantaxe sobre o Outes e 2 sobre o San Lorenzo, tendo tamén en xogo a praza de Promoción. O Zas visitará a un Mazaricos sen nada en xogo, o Outes recibirá a un Porteño xa salvado, e o San Lorenzo visita ao Fisterra. Estaremos cos ollos alí!
Mentres, por abaixo, xa temos descensos confirmados. O Seaia, na súa primeira andaina na Liga da Costa e tras unha gran primeira volta, volve a 3ª Autonómica. Con el, ademais do Camelle, parece que irá o Montelouro, por mor do arrastre da Esteirana, e só ca posibilidade de salvarse cun hipotético ascenso do equipo da Liga da Costa que vaia á Promoción. Ao cadro de Marcelo non lle valeu nin a primeira vitoria no céspede artificial de Agra da Filgueira, que, iso si, completa unha gran segunda volta.
O Cerqueda, campión
Completou a xesta o Cerqueda, mesmo sen necesidade de gañar o seu partido. A derrota do Ameixenda ante o Corcubión, convertíu ao Cerqueda, xa ascendido, en campións da 3ª Autonómica. Así, xogadores, técnicos e directivos quixeron celebralo o sábado no Concello de Malpica, onde foron recibidos polo alcalde, Eduardo Parga, e polos concelleiros Miguel Fernández e Alfredo Cañizo. Os representantes do goberno municipal quixeron recoñcer os éxitos deportivos do equipo cunha placa conmemorativa e desexaron a toda a familia do Cerqueda moita sorte na nova etapa que van iniciar.
Con tanto lío, normal resaca que deparou a derrota en Muxía, ante un cadro roxiño que busca asegurar a praza de Promoción a falta de 3 xornadas.
O Corcubión deu un paso tamén na pelexa mentres o Coristanco alcanzou ao Ameixenda na pelexa pola segunda praza de ascenso directo, polo que as 3 xornadas que quedan prevense finais. Unha vitoria ante o Nantón que o deixa agora a 2 puntos da Promoción. Haí tamén hai unha fermosa loita.
Xa temos finais das Copas Base
Esteirana-Dumbría será a finalísima da Copa da Costa Xuvenil. Se co Dumbría xa se contaba, o Corcubión non puido seguir dando a sorpresa e sucumbíu ante unha gran Esteirana, que pelexará para dar o sorpresón ante o poderoso Dumbría, que só leva un partido perdido no que vai de ano.
En Cadetes, o Corme, campión de Liga, superou con moitísimas dificultades a un fantástico Fisterra, e terá en fronte ao Cee, que vencía ao Ponteceso.
E ademais temos final en Infantís, onde o campión tamén da Liga, o XSC, superaba ao Fisterra con máis facilidades das esperadas, e enfrontarase ao Outes, que vencía ao Coristanco.
Paso adiante do XSC pola Permanencia na Liga Galega Cadete
Fundamental a vitoria do XSC na penúltima xornada da Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, que o achega á permenancia. O cadro de Corredoira vencía ao Arteixo, aproveitaba a derrota do Vilalbés para alcanzalo, e está pendente do último partido da xornada do Orillamar, sobre o que tamén ten unha boa vantaxe para afrontar a última xornada.
Máis campións en F8
Están fantásticas estas Ligas de F8 dos máis peques. Co título de Benxamín Sur xa decidido, aínda quedan outraas 4 ligas en marcha, pelexando ademais por entrar nas 4 prazas que dan acceso á II Copa da Costa Alevín no Conchido.
E esta finde temos un novo campión, o Cee de Prebenxamíns, que se proclamou, aos puntos, campións, empatando co Outes, pero con 3 goles máis no golaverage xeral. I é que ambos suman 8 vitorias e un empate colleitado entre ambos, polo que rematan a Liga sen coñecer a derrota.
De feito, o adestrador ceense Nando quere felicitar ao Outes considerando que merece tanto coma o Cee o título de Liga, pois nunha liga a este nivel non debe ser necesario decantarse os títulos coa necesidade de marcarlle máis goles ao resto.
Ademais, en Alevíns, ao Cee chégalle con empatar a semana que vén en Sofán para cantar o alirón da liga Sur, se ben o Outes aínda ten posibilidades pois está só a 2 puntos. O que si está claro é que equipos estarán na II Copa da Costa Alevín no Conchido, pois ademais de Cee e Outes, Esteirana A e Dumbría teñen a 3ª e 4ª praza asegurada.
Arrincou a Copa dos Veteranos
Despois do final de infarto da Liga dos Veteranos, xa arrincou a Copa cunha intensa ida da Previa.
Preferente - Senra Sport, xornada 35
Noia | 2-0 | Dumbría |
Xallas StComba | 1-2 | Estudiantil |
1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 33
Soneira | 1-1 | Corme |
Silleda | 0-1 | Sofán |
Unión | 1-0 | Baio |
Esteirana | 1-3 | Agolada |
Cordeiro | 1-2 | Malpica |
2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 33
Camelle | 1-5 | Fisterra |
Cabana | 4-1 | Baíñas |
San Lorenzo | 4-1 | Buño |
Porteño | 5-3 | Volantes |
Seaia | 1-2 | Outes |
Cee | 2-3 | Mazaricos |
Montelouro | 3-1 | Camariñas |
Castriz | 3-1 | Carnota |
Zas | 5-1 | Ponteceso |
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 33
Corcubión | 5-3 | Ameixenda |
Laxe | 2-0 | Castrelo |
Muxía | 3-0 | Cerqueda |
Coristanco | 3-0 | Nantón |
- Descansa Lira.
Copa da Costa Xuvenil, Volta das Semis
Copa da Costa Cadete, Volta das Semis
Copa da Costa Infantil, Volta das Semis
Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 33
Xallas StComba | 3-1 | Atl. Arteixo |
F8 Alevín Costa Norte, xornada 9
Muxía | 6-2 | Zas |
Coristanco | 1-5 | Cabana |
Vimianzo | 2-4 | Corme |
- Descansa Baio.
F8 Alevín Costa Sur, xornada 25
Outes | 6-3 | Esteirana B |
Dumbría A | 0-2 | As Baleas |
Dumbría B | 2-4 | Esteirana A |
Cee B | 6-5 | Os Miúdos B |
Lira | 1-8 | Sofán |
Fisterra | 2-9 | Os Miúdos A |
Cee A | 3-0 | XSC A |
F8 Benxamín Costa Sur, xornada 25
Dumbría | 4-0 | As Baleas |
Cee B | 15-0 | Os Miúdos B |
Lira | 0-11 | Sofán |
Fisterra | 10-5 | Os Miúdos A |
Cee | 1-7 | XSC A |
Outes | 04/05 - 19:00 | XSC B |
F8 Prebenxamín Costa, xornada 9
Dumbría | 2-4 | Xallas StComba |
As Baleas | 2-4 | Esteirana |
Fisterra | 3-9 | Outes |
Lira | 2-18 | Corcubión |
Baio | 1-14 | Cee |
Copa da Costa de Veteranos, ida da Previa
Crónicas da semana
- Copa da Costa: Os equipos da Preferente non teñen a Copa gañada.
- Xuvenís: Corcubión e Esteirana deixan todo para a volta mentres o Dumbría mete un pé na final da Copa da Costa.
- Ligas Galegas: A dignidade segue vestindo de branco.
- 3ª Autonómica: O Cerqueda certifica un histórico ascenso.
- 2ª Autonómica: Zas, Outes e San Lorenzo manteñen o pulso mentres Montelouro e Seaia complican a salvación.
- 1ª Autonómica: A Esteirana di adeus cos deberes feitos.
- Preferente: Xa pensando na Copa.
- Resultados e análise dunha xornada clave no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).