Resultados e análise dunha xornada clave no Fútbol da Costa


Noxa xornada completa de Fútbol da Costa marcada pola presentación do libro dos 50 anos do Fútbol da Costa da man de Chema Rei e Xosé María Lema Suárez. Unha cita emotiva que demostra unha vez máis que somos moito máis que unha liga de fútbol modesto.
Sen máis, comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, con doble derrota dos equipos costeiros, se cadra xa ca cabeza máis na Copa, unha vez que a permanencia está practicamente asegurada a falta de 4 partidos.
A Esteirana practicamente descendida
Non lle vale á Esteirana nin gañar todo para salvarse. Hoxe facía os deberes en Pedra Queimada, nun dos derbis da 1ª, pero sorpendía a vitoria do Silleda a todo un Villestro, o líder, que deixa as cousas máis que complicadas para os de Pedrosa, a pesar do bo final de temporada.
Polo demais, o derbi soneirán achega máis arriba ao Baio ao Puebla, e pelexará ata o final pola promoción, a pesar de telo case imposible. Algo que xa esquezou o Sofán, que segue reservando xente para a Copa, pola que aposta decididamente. Ademais o Corme segue escadando nesta fulguranta segunda metade da temporada e parece que vai rematar entre os 8 primeiros.
O Zas, máis preto do título
Non fallou o Zas ante o seu veciño da montaña, o Baíñas, e mantén a lixeira vantaxe ante Outes e San Lorenzo que tampouco fallaron ante Cabana e Camelle. Quedan dous partidos e os de Iván Cancela teñen 1 punto sobre os de Manu Roque e dous sobre os de Pedro Gómez.
Por abaixo, perderon todos os que están metidos na pelexa por evitar as dúas prazas de descenso en xogo, a oficial e a que provocará o practicamente seguro arrastre da Esteirana. Iso, se non ascende o equipo que xogue a Promoción de ascenso á 1ª, é dicir o segundo da Liga da Costa. O Cabana caía co Outes, pero é que o Montelouro facía o propio co Mazaricos e o Seaia co Volantes, polo que segue quedando safo o Cabana, con 3 puntos máis que Montelouro e 4 que Seaia, ca auga xa polo pescozo.
O Cerqueda certifica o ascenso
Impresionante o Cerqueda de Emilio Uzal, co ascenso matematicamente asegurado a falta de 4 xornadas. Os cerquedáns vencían ao Corcubión e xa celebraron o ascenso e acariñan o título. O Ameixenda non fallou ante o Laxe e mantén a vantaxe sobre o Coristanco na pelexa polo ascenso directo. Un Coristanco sufría nun duro final de partido ante o Lira pero sacaba 3 puntos que os deixa a outros tanto do ascendo directo.
Na loita pola Promoción, o Nantón meteuse de cheo de novo tras vencer ao Muxía, deixando fóra dos postos a día de hoxe ao Corcubión.
As Copas Base
Intensa xornada copeira na base costeira, coa ida das semis en xogo. Saben que teñen o cadro actualizado ao instante en www.copadacosta.com, un cadro que deixa nos Xuvenís ao gran favorito, o Dumbría, cun pé na final, tras vencer 0-2 en Santa Comba, na que podía ser a final adiantada. Na outra eliminatoria, o Corcubión segue demostrando que non está de paso e empatou en casa ante a potente Esteirana que leva unha segunda metade de temporada espectacular.
Xa nos Cadetes, o actual campión de Liga, o Corme, sufríu para vencer ao Fisterra e leva unha rena mínima para a volta. No outro lado, o Cee puxi un pé e medio na final tras sacar un 0-3 do Pinguel.
E xa nos Infantís, parece que temos a final decidida. O Campión de liga deu conta do seu liderato e endosou unha goleada a un Fisterra que pelexou na Liga ata o último momento, e estará na final, case con seguridade, ante o Outes, que vencía 4-1 ao Coristanco.
O San Román dá a volta nos Veteranos, e xa pensan na Copa

Menudo vuelco pegaron os Veteranos nas dúas últimas xornadas. Vencía o Coristanco ao San Román cando quedaban dúas xornadas e tiña todo de cara. Pero non fixo os deberes e o San Román rouboulle no último suspiro o título de Liga. Remata pois co San Román collendo precisamente o relevo do Coristanco como campión da 1ª División.
Ademais, por abaixo tamén había lío e será o Xuv. Bergantiños o que acompañe ao Castriz no descenso a 2ª, sendo Erbecedo e Agualada, co primiero campión da 2ª, os que collan as súas prazas.
Uns Veteranos que xa pensan na Copa da Costa, da que queda así o cadro, sempre activo en www.copadacosta.com:

Preferente - Senra Sport, xornada 34
Chantada | 5-2 | Xallas StComba |
Dumbría | 0-2 | O Val |
1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 32
Baio | 2-1 | Soneira |
Corme | 2-0 | Cordeiro |
Malpica | 0-1 | Esteirana |
Sigüeiro | 4-2 | Sofán |
2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 32
San Lorenzo | 14-0 | Camelle |
Fisterra | 1-0 | Porteño |
Volantes | 6-3 | Seaia |
Outes | 4-2 | Cabana |
Ponteceso | 2-0 | Cee |
Mazaricos | 4-2 | Montelouro |
Carnota | 1-0 | Buño |
Baíñas | 1-2 | Zas |
Camariñas | 0-2 | Castriz |
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 32
Cerqueda | 2-0 | Corcubión |
Nantón | 3-1 | Muxía |
Ameixenda | 4-2 | Laxe |
Lira | 1-2 | Coristanco |
- Descansa Castrelo.
Copa da Costa Xuvenil, Ida das Semis

Copa da Costa Cadete, Ida das Semis

Copa da Costa Infantil, Ida das Semis

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 33
Arosa | 1-1 | Dumbría |
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 9
Dumbría | 1-2 | Santiago |
F8 Alevín Costa Norte, xornada 8
Corme | 8-0 | Baio |
Cabana | 5-2 | Muxía |
Zas | 2-1 | Vimianzo |
- Descansa Coristanco.
F8 Alevín Costa Sur, xornada 24
Lira | 3-6 | Dumbría B |
As Baleas | 1-7 | Fisterra |
Esteirana B | 1-12 | Dumbría |
Esteirana A | 1-5 | Outes A |
Os Miúdos A | 11-1 | Cee B |
Os Miúdos B | 0-8 | Cee A |
Sofán | 1-2 | XSC A |
F8 Benxamín Costa Sur, xornada 24
XSC B | 2-5 | Dumbría |
As Baleas | 2-5 | Fisterra |
Os Miúdos A | 1-1 | Cee B |
Os Miúdos B | 3-3 | Cee |
Esteirana | 0-3 | Outes |
Sofán | 4-4 | XSC A |
F8 Prebenxamín Costa, xornada 8
Outes | 21-1 | Lira |
Esteirana | 2-8 | Dumbría |
Xallas StComba | 9-2 | Baio |
Cee | 6-3 | Fisterra |
Corcubión | 2-1 | As Baleas |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 30
Soneira | 4-3 | At. Milagrosa |
Ponteceso | 1-1 | Laxe |
Xv. Bergantiños | 4-3 | Dumbría |
Coristanco | 0-1 | Hosgran |
Castriz | 2-3 | Cabana |
Bértoa | 1-2 | San Román |
Zas | 4-2 | Baio |
- Descansa o San Lorenzo.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 30
Leiloio | 2-1 | Malpica |
Porteño | 3-1 | Poniente |
Agualada | 1-0 | Cerqueda |
Buño | 1-3 | Sofán |
San Isidro-Razo | 3-0 | Camariñas |
Erbecedo | 2-1 | Corcoesto |
Vimianzo | 1-3 | Dep. Carballo |
- Descansa Nantón.
Novas relacionadas
Crónicas da semana
- Xuvenís: Do que non pode pasar nun campo do Fútbol da Costa.
- Ligas Galegas: O XSC dá un novo paso cara a permanencia.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda non desaproveita o descanso do Coristanco.
- 2ª Autonómica: O Outes devolve a emoción á Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: Á Esteirana non lle chega con gañar.
- Preferente: Un gol de Vía Rápida dalle o derbi ao XSC e case sela a permanencia.
- Resultados e análise dunha xornada con absolutamente de todo no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).