Luns. 29.04.2024
El tiempo

César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría

César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría
Doro e Cesar do Cabo coa base dumbriesa

Segue o Dumbría co seu programa de charlas en clave de psicoloxía. E o fixo cunha charla orientativa para as súas categorias de fútbol base, concretamente aos cadetes e aos xuvenís. Ademais da Psicologa Begoña Rial, Cesar do Cabo e Doro contaron as súas experiencias ós novos futbolistas. Todo un espello no que fixarse.

Unha sobre drogas

Na primera parte, a destinada ós pais, a psicóloga Begoña Rial, do Centro Aquelar Psicoloxia, Educación e Xestión de Actividades, achegou ós presentes diferente información sobre os compartamentos dos rapaces na etapa adolescente e á relación en canto a comunicación entre pais e fillos, e o apoio que pode darlles á práctica deportiva na motivación nestas idades.
Unha parte fundamental da charla se centrou na problématica que aparece nesas edades co consumo de drogas, sexan legais como o alcol ou o tabaco, ou outras sustancias ilegais.
Diante desta problemática, tanto os pais como os clubes deben de adoptar unha postura de “Tolerancia 0”, e de máxima información acerca das consecuencias nefastas do consumo en idades tempranas. Para combatir o posible achegamento a esas sustancias, os mozos deben de valorar o deporte como unha vía de alonxamento dos vicios.

Os mellores espellos posibles

Xa cos xogadores das categoríaas cadete e xuvenil presentes, chegou o turno de dous referentes no fútbol comarcal e galego, Doro e Cesar do Cabo. Ámbolos futbolistas contaron as súas experiencias nos seus inicios e valoraron o esforzo que fai un clube como o Dumbría en potenciar o fútbol desde idades coma os 4 anos, cando eles empezaron con 14-15 anos, e a aposta por unhas instalacións modélicas.

Ademais, animaron aos novos deportistas a que, sempre desde o esforzo, trataran de compatibilizar deporte e estudios, e que nunca é tarde para progresar no mundo do fútbol. Sen dúbidas unhas palabras de dúas figuras do deporte rei, figuras cercanas, que resoarán nos oídos dos chicos.

O Dumbría CF agradece enormemente a gran aportación para o seu proxecto formativo de fútbol base que tivo para estas charlas Begoña Rial, e a presencia de dous mitos do fútbol costeiro, como César e Doro nesta xornada de clausura.

Novas relacionadas

Fonte

  • CF DUmbría.

Comentarios