Venres. 19.04.2024
El tiempo

Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa

Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa
Michel e Manu Dosil dous grandes deportistas da Costa da Morte

Espectacular foi a fin de semana para os nosos atletas. Eran varias as citas de eido nacional, e alí estiveron varios dos nosos mellores deportistas. E temos que dar conta de dous exemplos fantásticos, de como hai vida máis alá do Fútbol da Costa. o vimiancés Míchel Antelo, aínda marcando golazos este ano co veterano Carnota, pero xa está na elite do atletismo galego. Máis abaixo, imos coñecer as novas experiencias de Manu Dosil, ex do Muros, que agora se pelexa do circuito galego de Triatlón.

De maratón por Coruña

Michel chegando a meta na C42 herculina

Tiña lugar este domingo a IV edición C42 (maratón). Foron varios atletas da Costa da Morte a competir, varios do equipo dos Muditos, como a brava Vicky, Damián de Dafit, Julio López, da Estación de Servizo Bazarra, e Míchel.

E temos que facer especial mención ao vimiancés pola súa gran actuación, parando o crono en 2h43min, un tempazo para alguén que non adica demasiado tempo a eso de adestrar. Nunca lle gustou a Míchel, nin cando xogada a primeiro nivel galego co pé, eso de adestrar, pero a súa constitución permítelle ir co posto a estas priblas e quedar de 19ª de 1073 participantes e 61 da súa categoría. Un ritmo de 3´43 o km ao alcalnce de moi poucos.

A onde chegaría este rapaz cun par de anos menos e adestrando un pouco…

A uru vimiancesa Vicky na Maraton herculina Julio Bazarra e Damian na meta da C42 da Coruna

Manu Dosil: “O Triatlon é unha maneira de ver a vida”

Manu Dosil en Santiago

Manu Dosil xa é toda unha marca persoal en Muros, e así o refrenda o cartel da Carreira do Espírito Santo 2015, despois de facerse co primeiro posto do ano pasado. E segue acrecentando a súa lenda o ex xogador do finado Muros, de 32 anos, despois de completar a Duatlón Popular de Santiago, priba do Campionato Galego na que remataba nun fantástico posto 12º.

I é que para Manu, “o triatlon é unha maneira de vela vida”. Recoñece que lle chegou tarde a afección, pero a tempo. “Ensinoume a que para ser feliz e conseguir os teus obxectivos tes que ir poñendo un pouquiño tódolos días”. Unha aprendizaxe que non ten prezo.
”Se me din en novembro que ía acbar 12º no Campionato Galego de Duatlón, firmaba de cabeza. Pero tamén é verdade é que nunca fixera unha pretempada de triatlón. Non te podes imaxinar o que pode dar un corpo e unha mente, cun bo entrenamento e con un descanso adecuado”, recoñece.

Pasou un par de meses de duro adestramento cas pernas cargadas, pero a partir de febreiro empezou a sentirse fino sobre a bici e sobre as zapatillas, a voar! Así, mesmo fcía doble turno de adestramento, un antes de entrar na Ferretería da familia, e outro á hora de comer. “Esto non te segredos, hai que entrenar”.

A principios de marzo probouse e xa rondaba os 3,00 minitos o kilómetro. Iso fíxolle ser optimista e co premio de ser pai por primeira vez (iso tamén impide ter tempo para os adestramentos) prantouse en Santiago coa intención de meterse entre os 20 primeiros. E abofé que o conseguiu, colándose de 12º. Estivo no grupo cabeceiro ata o último km dos primeiros 5.000. Despois dalgún que outro problema físico, tocaba “supervivencia pura e dura”, baixou o ritmo moito o ritmo polos problemas nos xeollos, que non impediron acadar un máis que meritorio 12º posto que o anima a seguir competindo ao máximo nivel.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios