Ligas Galegas: A dignidade segue vestindo de branco



Non foi completa a fin de semana pois realmente a xornada 33 das ligas autonómicas cadetes se disputan a semana que vén. Pero o Dumbría adiantou o seu partido co Arosa, colleitando un empatiño que o mantén na zona morna, mentres Juan e Joaquín dan minutos aos máis novos, pensando xa en coller experiencia para o ano que vén.
O que tamén xogou foi o Dumbría da Liga Galega Infantil. Un Dumbría xa descendido, e que… voltaba a perder… pero só no resultado. Nunca no xogo diante dun Santiago de compostela que se presentou no Conco como un dos referentes deste grupo Impar polo Descenso, pero que acabou pedindo a hora, diante das acometidas dos costeiros. Unha nova demostración de dignidade sobre o campo, de que o equipo segue dando a cara a pesar da súa situación.
Mentres, esperamos á vindeira semana ao fundamental choque do XSC.
División de Honra Cadete – Aluminios Dumbría, xornada 33
- Resultado:: Arosa - Dumbría (1-1)
- DUMBRÍA: Isma, Esteban, Xabi, Pablo, Josiño, Raúl, Brandón (Adrián, min.48), Cris (Eloy, min.52), Luís (Xabi, min.45), Mario (Toja, min.57) e Fabio.
- Goles: 0-1, min.13: Pablo; 1-1, min.59.
O Arosa e o Dumbría CF. adiantaban o seu partido do 33 xornada ó sábado día 25 no Manuel Jiménez de Vilagarcia. Foi un bo partido, querendo gañar ámbolos dous. O Dumbría seguía a liña das últimas semanas dando entrada a xogadores pouco habituais pero que están ofrecendo un gran rendemento nestes últimos partidos, collendo experiencia para o ano que vén.
Na primeira metade o Dumbría levou a iniciativa no xogo, dominando o balón, e incluso, por momentos sometendo ó Arousa no seu propio campo. Froito desde dominio chegaría o gol dos dumbrieses obra do seu capitán Pablo logo dunha falta lateral que consegue cabecear a escadra da portería arousana no 13'. Disporía de máis ocasiones o equipo de Juan e Joaquín nos pés de Brandón e Josiño pero non conseguirían aumentar a renta a prol dos visitantes.
Xa no segundo tempo apretou o Arousa buscando o empate e consegueriao no 59' por medio de Iván. Co empate, os xogadores da Costa da Morte non se conformaban e buscarían a vitoria tendo clarísimas ocasións para facelo, dúas veces Adrián e outra Fabio mandaban a pelota por riba do longueiro cando só tiñan que empurrar a porta baleira. Disporía tamén o Arousa dunha boa oportunidade para marcar pero xa non se movería o marcador rematando o encontro co 1-1 definitivo.
Liga Galega Infantil – Aluminios Dumbría – Play Off Descenso Norte Impar, xornada 9
- Resultado:: Dumbría - Santiago de Compostela (1-2)
- DUMBRÍA: Samuel, Luis, Johnny (Nando Baña, min.59), Álex; Moisés, Adrián; Xan, Ángel Sestayo (Lucas Toba, min.54), Brais Mtnez (Toni, min.41) e Mateo.
- Goles: 0-1, min.4: 0-2, min.23; 1-2, min.62: Adrián Canosa, o capi.
O partido comezaba con algunha baixa significativa nos locais, coma Brais Tajes, lesionado en Lugo a pasada semana, e algún alevín na convocatoria. O Santiago empezou forte, e aos 20 minutos xa dominaba con dous tantos no marcador. Aínda así, o Dumbría non entregou a culler en ningún momento. Comezou as suas escaramuzas ofensivas cuns incisivos Mateo e Sestayo.
O segundo acto trouxo a volta do fisterrán Toni, tras un par de semanas lesionado. A súa aportación levou maior perigo ó marco capitalino. Ademais os alevíns Lucas e Nando aportaron aire fresco, e o Dumbría comezou a mandar, a ter ocasións e a rondar o gol. Este chegou por parte do gran capitán Adrián Canosa. O da Ponte do Porto celebrou o seu cumpleanos cun gol e outro partidazo cheo de calidade, entrega e liderazgo.
O Santiago sentiu medo e atrincherouse, incluso recurrindo a entrada do seu xigantesco habitual porteiro titular, para neutralizar as acometidas dun Dumbría que puña cerco e que gozaba de ocasións, a mais clara na bots dereita de Nando que enviava alto un balón solto na área.
Os puntos volveron a marchar. A dignidade de competir ata o ultimo alento segue vestindo de blanco…
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.32: O XSC dá un novo paso cara a permanencia.
- X.31: Ligas Galegas: O Dumbría ratifica a súa permanencia na DH Cadete.
- X.30: Novo paso clave do XSC.
- X.29: O XSC albisca a salvación.
- X.28: Mala e triste xornada.
- X.27: O XSC complícase a vida.
- X.26: 4 puntos in extremis que saben a permanencia e unha derrota que doe.
- X.25: 3 realidades distintas para os equipos costeiros:
- X.24: Un paso de xigante e outro atrás.
- X.23: Sen perder a ilusión.
- X.22: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Cerqueda certifica un histórico ascenso.
- 2ª Autonómica: Zas, Outes e San Lorenzo manteñen o pulso mentres Montelouro e Seaia complican a salvación.
- 1ª Autonómica: A Esteirana di adeus cos deberes feitos.
- Preferente: Xa pensando na Copa.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Resultados e análise dunha xornada clave no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).