Completa xornada do fútbol costeiro (a vindeira semana xa dá comezo a Liga Cadete) a deste 20 e 21 de outubro de 2012. Unha xornada marcada pola cita electoral pero parece que ó #fútboldacosta non lle toca de preto. Xa saben que teñen todas clasificacións en www.futboldacosta.com, pero mentres analizamos a xornada.
Comezamos o repaso da xornada polo partidazo da semana. Disputado onte nun ateigado Ara Solis, o Fisterra e o Camariñas volveron demostrar por que o fútbol da Costa ten o tirón que ten cun partidazo que nin o visto en Riazor. O empate final deixa ó Fisterra algo máis tocado pero con moita moral para as vindeiras xornadas.
Pola sua parte o Ponteceso colleitaba unha gran vitoria ante o Piloño, o pechacancelas, e segue escapando da zona baixa, mentres que o Malpica volveu amosar que está moi ben acoplado á categoría cunha nova goleada, desta volta ante o Laro, co que estaba empatado, e sobe ata a 4ª praza a tan só 3 puntos do líder.
Seguimos pola Preferente, onde descansaba o Soneira. Onte o Dumbría daba unha alegría á súa parroquia cunha cómoda vitoria ante o Sada, e se coloca 4º a 3 puntos do Xallas de Santa Comba. Hoxe o XSC, cunha gran segunda metade non pasaba do empate ante un Bertamiráns que dominou o primeiro tempo que acabou pedindo a hora. Os xalleiros quedan 3º a 3 puntos do Noiro, que non fallou en Carral, e con 3 sobre dumbrieses e o propio Bertamiráns.
A xornada da 2ª da Costa chegou con moitas sorpresas. Como a primeira derrota do líder, a SD Sofán, que intentou unha épica remontada en Castriz que quedou na intentona. 2º sitúase agora o Cee, que aproveita o empate da Esteirana ante un moi mellorado San Lorenzo. Os de Floreal e José Carlos venceron con claridade a un Baio que viña nunha liña impresionante, polo que dá conta da potencia coa que chegan os ceenses. O Corme tamén caía en Miraflores, ante un Volantes que sen dúbida se crece ante a súa afección, e que alcanza aos cormeláns na táboa con 16 puntos.
Pero a igualdade é total, pois entre o líder e o 9º, o Zas, que vencía en Cabana tras unha gran remontada, hai só 6 puntos. Polo medio queda tamén o Montelouro, que sufría para vencer a un pechacancelas que mellora, polo menos en defensa, e o Carnota, que tras vencer ao Outes, asoma a cabeza pola metade alta da táboa.
A xornada na 3ª da Costa chegou intensa. O Porteño segue firme na cabeza tras vencer con solvencia o derbi co Xaviña, e aproveita ademais o empate entre os seus perseguidores. No partidazo da xornada, Camelle e Independiente empataron e quedan a 5 e 4 puntos, mantendo a 3ª e 2ª praza, respectivamente. 4º queda o Ameixenda que segue sorprendendo e deu un repaso na primeira metade ao Corcoesto. Por detrás segue Soneira B, que deu a de cal ante un Alcaián en caída; e o Cerqueda, que sumaba 3 puntos no último suspiro no Roxo ante un Nantón que segue ca sorte de costas. O Baíñas asoma a cabeza tras vencer nun choque de tolos ao Muxía.
As que están que ferven son as Ligas Xuvenís. 4 equipos polo Sur e 5 polo Norte están nun pano. Polo Sur, o Dumbría vencía no partido da semana ao que chegada lider, o Fisterra, arrebatando así a primeira praza. No medio queda o XSC tras endosar unha goleada de escándalo ao Muros. Comleta o cadro de arriba o Cee, que vencía á Esteirana nunha xornada para esquecer, pois o partido tivo que pararse por unha grave lesión de xeonllo do ceense José Ramón, ao que lle desexamos unha pronta recuperación.Ademais, o Soneira sorprendeu a un Mazaricos que están nun bache e sumou os seus primeiros puntos.
Polo Norte o Malpica petou enriba da mesa tras vencer por 4-1 a todo un Baio, que queda algo descolgado. O Ponteceso e o Cabana manteñen o forte ritmo tras superar con contundencia a Muxía e Corme, mentres que o Coristanco segue empeñado en discutir a hexemonía dos de arriba e se mantén a só 4 puntos do líder.
Nas Ligas Galegas, doble vitoria do Bergantiños pero a fin de semana non foi boa para os dumbrieses, que caeron en cadetes, e con contundencia, e empataron a 0 ante o Santiago.
E ollo coa xornada nos Veteranos. O Cabana amosou que non vai de coña e superou a todo un Ponteceso no Pinguel, polo que amplía a súa renda cos perseguidores. Xa son 5 puntos co Castriz, que non fallou e xa se coloca 2º, e co Xuv- Bergantiños que non pasaba do empate ante o Baio. O Soneira segue aí, co Corcubión de Veteranos, mentres que o San Román non acaba de meterse arriba e non pasaba do empate ante o Zas.
Preferente, xornada 9
Dumbría | 2-0 | Sada |
Bertamiráns | 1-1 | Xallas StComba |
1ª Autonómica, xornada 8
Fisterra | 3-3 | Camariñas |
Piloño | 1-4 | Ponteceso |
Malpica | 5-0 | Laro |
2ª Autonómica, xornada 8
Corcubión | 4-1 | Muros |
Cabana | 2-3 | Zas |
Dumbría B | 1-2 | Montelouro |
San Lorenzo | 2-2 | Esteirana |
Cee | 3-0 | Baio |
Volantes | 2-1 | Corme |
Buño | 1-1 | Mazaricos |
Castriz | 4-3 | Sofán |
Outes | 1-2 | Carnota |
3ª Autonómica, xornada 8
Soneira B | 4-2 | Alcaián |
Camelle | 1-1 | Indep. Carballo |
Castrelo | 0-4 | Fisterra B |
Baíñas | 4-3 | Muxía |
Nantón | 0-1 | Cerqueda |
Porteño | 6-2 | Xaviña |
Coristanco | 2-2 | Laxe |
Ameixenda | 4-3 | Corcoesto |
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 8
Dumbría | 3-2 | Fisterra |
Soneira | 1-0 | Mazaricos |
Esteirana | 2-3 | Cee |
Corcubión | 1-2 | Outes |
Xallas StComba | 9-0 | Muros |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 8
Cabana | 6-1 | Corme |
Muxía | 2-4 | Ponteceso |
Camariñas | 1-2 | Laxe |
Malpica | 4-1 | Baio |
Coristanco | 2-0 | Zas |
Liga Galega Cadete, xornada 6
S.de Compostela | 5-1 | Dumbría |
Bergantiños | 3-2 | S.D. Compostela |
Liga Galega Infantil, xornada 6
Bergantiños | 4-1 | Montañeros B |
S.de Compostela | 0-0 | Dumbría |
1ª Infantil, xornada 5
Xallas StComba | 3-0 | Outes |
Os Miudos | 0-2 | Fisterra |
Cee | 3-2 | Esteirana |
Baio | 3-4 | Cabana |
Corme | 4-1 | Ponteceso |
Muxía | 1-6 | Coristanco |
Sofán | 2-6 | E.M.F. Vimianzo |
Ligas de Veteranos, xornada 6
1ª División
Soneira | 4-0 | Camariñas |
Bergantiños | 2-6 | Corcubión Vet. |
Ponteceso | 0-1 | Cabana |
Nantón | 1-4 | Bértoa |
Coristanco | 3-2 | San Lorenzo |
Castriz | 8-1 | Vimianzo |
Xuv. Bergantiños | 1-1 | Baio |
San Román | 1-1 | Zas |
1ª División
Sofán | 3-1 | Dep. Carballo |
Poniente | 3-2 | Corme |
Corcoesto | 0-0 | Leiloio |
Cerqueda | 3-3 | Porteño |
Agualada | 0-0 | Camelle |
Malpica | 2-0 | Buño |
Laxe | 1-3 | Muros |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).