O Outes vai para Rookie do ano despois de vencer en Sigüeiro
Agora que España celebra sobre parqués e non sobre pastos, que a celebración patria vai nas mans e non nas pernas, cómpre tomar un termo de
basket para definir
a sensación que empeza a deixar o Outes de Manu de Roque: rookie do ano. A vitoria en Sigüeiro (3-4) deixa na zona nobre un conxunto de fútbol alegre e táctica intelixente, que só deixou de puntuar nun desafortunado debut en Rianxo. Foi unha das moitas novas positivas que deixou a Primeira Autonómica. A Armada costeira, nunha múltiple batalla a dúas frontes (Pontevedra e Santiago), só naufragou coas naves baiesas e cormeláns. Ambos quedan pechando a táboa cun punto pero, sobre todo no caso dos da comarca de Bergantiños, coa sensación de ter unha fuga atrás. No outro pico da táboa está un Soneira que non apaga a máquina de amasar e que nesta ocasión serviulle para pasar por enriba do Bertamiráns B.
E como na vida extradeportiva, as Preferentes, ou os Preferentes, impiden falar da xornada en clave de perfección. O malo é que cada vez hai maior crueldade nas formas. O Xallas, dominador absoluto do encontro, encaixou no 89 un duro golpe do Lemos, mentres que o Dumbría apenas dispuxo de opcións contra o Bertamiráns.
A palabra para definir o sucedido na Liga da Costa é estraño: o Baíñas cedeu na casa cun Cerqueda moi serio (e
solidario), o Porteño e o Cee protagonizaron unha tarde de goles polémica e alternativa que finalizou coa primeira victoria unionista. Pero a nova de San Paio de Refoxos é máis ben a fichaxe confirmada de Ángel Luís para a portería e a lesión de Llanero. Ademais, a Esteirana apenas puxo oposición ante un Zas tremendamente superior e o Fisterra quedou sen puntería en Buño.
O comezo da Terceira Autonómica completou o calendario total do fútbol Sénior e semella que o Corcubión quere ir pola vía rápida ao seu sitio natural: a Liga da Costa. Marcaron seis tantos contra un Muxía con problemas atrás. Laxe e Nantón tamén firmaron entre os dous media ducia de tantos, no duelo do Norte.
De base
Con respecto ao fútbol formativo, polo Conco pasaron dúas das mellores canteiras de Galicia: o Montañeros en Xuvenís, que non puido cos costeiros, e o Deportivo da Coruña en Cadetes, que se impuxo con certa solvencia por 1-4. Nas Ligas da Costa, Xallas e Coristanco dominan en Xuvenís aínda que no Norte xa non hai equipos con pleno de vitorias.
Rodou tamén o balón dos Veteranos
Tamén os maiores da Costa botaron a rodar o esférico nunha primeira xornada que deixou un par de partidos aprazados e que deixa a 4 equipos, dos que teñen nome, con 4 puntos.
Dumbría |
0-2 |
Bertamiráns |
Xallas |
0-2 |
Lemos |
Cordeiro |
1-2 |
Sofán |
Val do Ulla |
2-1 |
Corme |
Sigüeiro |
3-4 |
Outes |
Malpica |
2-1 |
Piloño |
Bertamiráns |
0-3 |
Soneira |
Agolada |
2-1 |
Baio |
Porteño |
3-4 |
Cee |
Esteirana |
0-5 |
Zas |
Ameixenda |
2-3 |
Camariñas |
San Lorenzo |
5-0 |
Cabana |
Baíñas |
0-1 |
Cerqueda |
Buño |
0-0 |
Fisterra |
Ponteceso |
2-1 |
Mazaricos |
Castriz |
6-0 |
Volantes |
Coristanco |
5-1 |
Carnota |
Laxe |
3-3 |
Nantón |
Corcubión |
6-2 |
Muxía |
Castrelo |
1-2 |
Montelouro |
Seaia |
0-1 |
Camelle |
Fisterra |
0-1 |
Outes |
Montelouro |
2-6 |
Xallas |
Os Miudos |
3-2 |
Esteirana |
Castriz |
2-2 |
Cee |
Camariñas |
4-2 |
Zas |
Baio |
2-2 |
Cabana |
Coristanco |
3-2 |
Muxía |
Corme |
4-1 |
Porteño |
Xallas |
2-1 |
Muxía |
Outes |
2-1 |
Baio |
Cee |
3-2 |
Cabana |
Coristanco |
4-5 |
Sofán |
Corme |
6-1 |
Fisterra |
Esteirana |
1-2 |
Zas |
Os Miudos |
3-1 |
Ponteceso |
Esteirana |
0-7 |
Os Miudos |
Dumbría |
5-1 |
Fisterra |
Corme |
14-1 |
Lira |
Sofán |
7-1 |
Ponteceso |
Vimianzo |
3-1 |
Cabana |
Sporting Zas |
0-9 |
Outes |
Coristanco |
2-1 |
Cee |
Castriz |
1-2 |
San Román |
Bértoa |
5-1 |
Cabana |
Erbecedo |
Apraz. |
Hosgran |
Coristanco |
1-1 |
Dumbría |
Ponteceso |
1-2 |
Agualada |
Laxe |
0-1 |
Atlético Milagrosa |
Zas |
1-2 |
-Soneira |
Dep. Carballo |
Apraz. |
Corcoesto |
Club do Mar |
3-0* |
Camariñas |
Buño |
0-2 |
Cerqueda |
Malpica |
2-2 |
Poniente |
Porteño |
5-3 |
Leiloio |
San Isidro |
3-1 |
Nantón |
Vimianzo |
4-1 |
Seaia |
- Descansa Sofán.
- *O Camariñas retirouse. Todos os seus resultados quedan 3-0.
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte