San Mamede, doble finalista da Copa FS de Carnota
07:46 28/07/16
Despois de que arrincara en maio a I Copa de Fútbol Sala de Carnota cunha alta participación, este venres chega ó seu fin. A final xogarase no Pavillón de Carnota, será un enfrontamento entre dous equipos do lugar de San Mamede. O derbi AB!C contra Relámpago disputarase ás 21:00 horas. O premio consistirá en cadanseu trofeo para campión e subcampión, así como unha cea para o primeiro clasificado.
AB!C fui o gañador da primeira fase que se xogou polo sistema de liga de ida e volta. Por outro lado, Relámpago, acadou o un merecedísimo segundo posto. Foi Casa da Cregha – O Pirata que acadou o terceiro posto, seguido de Pinturas de Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])