Martes. 08.10.2024
El tiempo

Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores

Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores

Santa Comba colle o relevo de Dumbría e albergará un novo curso de Monitores de fútbol que organiza a Escola Galega de Adestradores en colaboración co Concello xalleiro. Tralos 30 novos diplomados no curso dumbriés, outro grupo de adestradores costeiros poderán sacar o título que será obrigatorio para o vindeiro curso para adestrar en todas as categorías.

A presentación deste curso, que se desarrollará nas Instalacións Municipais, terá lugar no Museo Terra do Xallas -Casa do Pozo o vindeiro mércores 8 de Xaneiro, ás 12:00h, e nela participarán Manuel Mosquera, Director da Escola Galega e dous dos docentes do Curso, Miguel Filgueira e Manuel González Corredoira, que estarán acompañados do Alcalde de Santa Comba Antonio Landeira e o Concelleiro de Deportes José Pose Pazos.

Despois da presentación, os responsables do curso manterán unha reunión de traballo para planificar horarios das clases que se celebrarán do Edificio Multiusos no caso teórico e no Complexo deportivo de Fontenla nos casos prácticos.

Novas relacionadas

Comentarios