Venres. 26.04.2024
El tiempo

Santi Soneira volve subir ao podio no Campionato Galego de Tiro con Arco

Santi Soneira volve subir ao podio no Campionato Galego de Tiro con Arco
Santi Soneira no Campionato Galego ao aire libre de tiro con arco Santi Soneira no Campionato Galego ao aire libre de tiro con arco

Cada vez que sae competir, volve con medalla. A piques estivo de meterse na final, pero 1 milímetro o separou do ouro. Non fallou no 3º e 4º posto, volvendo a subir ao podio do Campeonato Galego Tradicional e Espido de Aire Libre 2017. Un campionato que pon fin a esta longa tempada. Unha gran tempada esta a 16/17 para o baiés, pois quedou campión galego de sala, participou no campionato de España, quedou 2º no Trofeo Federación de Aire Libre e agora 3º Campionato Galego ao aire libre.

Santi comezaba as rondas clasificatorias xa marcando o 3º posto. En Cuartos eliminaba con relativa facilidade (6-2) a Genaro Otero.

En semis chegou un choque moi apretado ante Elías Méndez. Tras 5 roldas estaban empatados, polo que se decidiría todo na frecha de desempate. Os dous fixeron un 4, co que houbo que esperar a decisión do xuíz para decidir cal estaba máis preto e polo tanto pasaba a final. Trala medición, o xuíz decretou que por 1 milimetro estaba máis preto a frecha de Elias Méndez, co que Santi tiraría finalmente polo 3º e 4º posto contra Sergio Alonso Peitieiros.

De noite e con pouca luz Santi endousoun un set completo (6-0) a Alonso, novo nestas finais pero cun gran futuro (é cadete).

Novas relacionadas

Máis novas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios