Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Sen danos colaterais

3ª Autonómica: Sen danos colaterais
Os líderes da competición, Corcubión e Laxe, igualaron sen que o Monte Louro conseguira aproveitalo; paroulle os pes un bravo Muxía O Camelle goleou ao colista en media hora - Foto: Camelle O Camelle goleou ao colista en media hora - Foto: Camelle Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB   Corcubión 1-1 Laxe
  • Campo: Cubaleiro
  • UD Corcubión: Abe, Adri, Pablo Castro (Beto m.80), Xabi, Valucho, Alán (Mario m.61), Lema, Gorka, Goche, Roca (Tito m.50) e Roi
  • Laxe: Noe, Naya, Borja, Steven (Brais m.70), Aarón (Djamel m.46), Gora (Jacinto m.61), Santi, Rafa (Pichel m.33), Felipe, Miguel Varela e Omar (Zúrich m.46)
  • Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Amonestou a Pablo e Xabi do Corcubión; Naya do Laxe
  • Goles: 0-1 m.44 Pablo Castro, en propia meta; 1-1 m.52 Gorka
A mesma igualdade que na táboa Comprobaron a Unión Deportiva Corcubión e o Laxe que as distancias curtas que hai na clasificación entre os dous primeiros na táboa é directamente proporcional á que hai no terreo de xogo. A pesares do difícil das condicións meteorolóxicas-ambientais o espectáculo foi de notable. Atrevido e querendo amosar a súa valía para ser campión, o Laxe parapetouse na fiabilidade defensiva e a rapidez de opcións na saída. Ese plan acabaría por converter ao meta local Abe nun coloso paralotodo, agás a última acción do primeiro acto. Un balón longo sorprendeu á zaga corcubionesa e ao propio arqueiro, e finalmente Pablo acabaría por meter o balón na súa propia portería tras tentar despexar. Tito botou o equipo ao lombo, e nada máis reanudarse o choque executou unha gran xogada por banda e cedeu para que Gorka, no seu primeiro encontro do curso, puxera o empate definitivo. Sporting Seaia 1-0 Castrelo
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Sporting Seaia: Nacho, Jorge Parga, Vistas, Carabel, Víctor, Parga. Eiroa (Michi m.78), Sergio (Josiño m.89), Ramón (Vílariño m.70), Pablo e Dani Seaia
  • Castrelo: David Caamaño, Curra, Marcos, Chuchi, Raúl (Gustavo m.78), Luis (Martín m.61), Carlos (Dany m.58), Suso, Félix, Esteban e Roi
  • Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Pablo (m.60).
  • Gol: 1-0 m.51 Dani Seaia
Un golazo e pouco máis Non era o día para desfrutar no campo da Pedra Queimada, na súa peor versión. Seaia e Castrelo propuxeron cousiñas, pero a máis importante foi a que decidiu: un golazo de Dani Seaia ao que nin a expulsión de Pablo, por protestar, lle quito a validez de tres puntos. Os vimianceses apretaron e dispuxeron de opcións, pero novamente evidenciaron falta de gol.   Camelle 5-0 Lira camelle2
  • Campo: O Rodeiro
  • Camelle: Carlos, Rubén, Cristian, Valiña, Sergio, Jose, David (Varu m.58), Tedín, Jose do Jaty (Toja m.78), Álvaro (Carlos de Teresa m.74) e Adrián
  • Lira: Jose, Cubelo, Santi, Eloy, Cheikh, Álex, Yago (Juan m.59), Silva, Rubén, Manuel e Salva
  • Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Expulsou a Cheikh (m.67) a Zeus, no banquillo (m.68) e a Adrián (m.85).
  • Goles: 1-0 m.54 Valiña; 2-0 m.67 Varu; 3-0 m.71 Jose do Jaty; 4-0 m.75 Tedín de penalti; 5-0 m.84 Carlos de Teresa
Media hora cruel co colista O estaba a ser un choque relativamente igualado entre Camelle e Lira acabou en goleada a favor dos locais, que tiveron que agardar case unha hora para abrir a lata do colista. Con só dous cambios e Zeus expulsado no banco, o cadro de Portocubelo baixou estrepitosamente unha dez en desvantaxe. Ademáis, a arbitraxe foi protestada pola expedición liracha. Os visitantes consideran que o segundo e o terceiro gol foron en fóra de xogo (as protestas de Cheikh tralo segundo supuxeron ademais a súa expulsión), e que o cuarto foi de penalti inexistente. Iso si, a familia liracha pide desculpas pola "lamentable" actitude do xogador Zeus, expulsado dende o banco.   Muxía 3-3 Monte Louro Muxia-Montelouro Imaxe do Muxia-Montelouro en Arliña
  • Campo: Arliña
  • Muxía: Santi Papi, Tarrela, Sergio, Martín, Samuel (Javier m.32) (Álex m.75), Pana, Touriñán, Conguito, Adrián, Julián e Romaní
  • Monte Louro: Iago, Abel (Pedro m.55), Bolo, Pablo, David, Gelo, Adrián (Edu m.60), Juan de Selia, Sexo, Riki (Pesi m.65) e Geiko
  • Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Amonestou a Pana do Muxía; Riki, Iago e Adrián do Monte Louro
  • Goles: 0-1 m.15 Geiko; 0-2 m.20 Sexo; 1-2 m.35 Pana; 2-2 m.42 Javier; 2-3 m.66 Juan de Selia; 3-3 m.72 Adrián, de penalti
Raza do Muxía Un inicio marabilloso do Louro pareceu darlle máis de media victoria, cun Sexo excepcional. Sen embargo, un Muxía que parece medrar contra os grandes, e que aliarse coas condicións meteorolóxicas para enfatizar o concepto de épica, logrou equilibrar antes do intermedio. O vento resultou determinante no guión dun choque que se decidiu desde o punto de penalti, nunha acción moi protestada por parte loureán. Sexo, cun tiro ao poste, pudo ter gañado o encontro nos minutos finais.  

Máis información

Fonte

Comentarios