Sermos repasa os 50 anos do Fútbol da Costa co libro de Chema Rei e Lema Suárez
O xornal semanal en papel Sermos Galiza reservou para o seu nº 150 (18-06-2015) unha ampla reportaxe de dúas páxinas ó completo (da autoría de X. Lorenzo) para o libro 50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014), da autoría de Xosé Mª Rei Lema e miña propia.
Ao contrario de certos intelectuais que minusvaloran a investigación histórica sobre o deporte, en particular do fútbol, este xormal interesouse por esta publicación de 608 páxinas que abarca, non só os 50 anos "oficiais" (federados) desta liga de modestos senón a Prehistoria (anos 20 e 30) e a Historia Antigua (anos 40 e 50). Sobre fútbol escribiu Alberti e sobre todo o finado E. Galeano, pero tamén na Liga a Costa interviron Manuel Rivas, Xelucho Abella, Alexandre Nerium ou o actor Miguel de Lira; ata temos un adestrador-poeta, Manuel Oliveira 'Manolín', de profesión mergullador.
Novas relacionadas
- “Entre todos creamos do Fútbol da Costa unha lenda. Que morran de envexa”.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa
- Héctor Pose: Un árbitro á sombra dun rododendro.
- Lema Suárez: A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Chema Rei: Aqueles anos no Balsiño.
- Xosé María Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
Fonte
- Reportaxe publicado no Sermos Galiza.